Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescate complicado dun pescador que esvarou nos cantís de Oia

Rescate complicado dun pescador que esvarou nos cantís de Oia

O ferido pediulle auxilio a outro pescador afeccionado que alertou o 112

Non podía andar e estaba a máis de 400 metros dunha zona accesible para a ambulancia

G24.gal 27/03/2023 14:46

Os cantís de Oia son un lugar tan fermoso coma perigoso. Os servizos de emerxencia tiveron que intervir para rescatar un pescador afeccionado que sufriu unha caída nas rochas de punta Orelluda, unha zona especialmente atractiva para os pescadores afeccionados do litoral sur de Pontevedra. 

Sobre as nove da mañá, o pescador accidentado esvarou e o dano que sufriu na perna esqueda impedialle andar. Auxiliouno outro pescador que lle axudou a arrimarse a unha zona segura e alertou aos servizos de emerxencia porque nesas condicións non serían capaces de saír das rochas por si mesmos. 

De feito, ata o propios efectivos de emerxencias tiveron que afrontar un rescate complicado, polo peso do ferido e pola gran distancia ata a zona de acceso para a evacuación en ambulancia. Coa axuda dos Bombeiros do Porriño, Garda Civil e 061 finalmente completouse a evacuación e o home, un veciño de Gondomar de 60 anos, foi trasladado ao hospital para valorar as feridas sufridas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade