Publicador de contidos
Publicador de contidos

Resolto despois de catro anos o crime do lago de Sanabria

Resolto despois de catro anos o crime do lago de Sanabria

Un home de 70 anos, residente en Verín, aparecera morto no río Tera en decembro de 2019

A policía portuguesa detivo esta semana tres persoas implicadas no asasinato

G24.gal 23/12/2023 21:06 Última actualización 23/12/2023 21:30

Catro anos despois do crime de Sanabria, as investigacións da Garda Civil e da Policía portuguesa permitiron deter tres persoas, dous homes e unha muller, imputados no asasinato dun home de 70 anos que aparecera no río Tera, en Zamora.

Os rexistros practicáronse nas localidades portuguesas de Chaves e Vidago, de onde eran os detidos. A vítima, tamén de nacionalidade portuguesa, residía en Verín cando desapareceu.

As investigacións centráronse desde entón no círculo de convivencia do falecido, que contaba con antecedentes por delitos violentos e contra a saúde pública.  Os tres imputados foron extraditados e trasladados á prisión da Lama, en Pontevedra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade