Rouban en Mondariz-Balneario parte da varanda modernista da fonte de Troncoso
Rouban en Mondariz-Balneario parte da varanda modernista da fonte de Troncoso
Os ladróns levaron unha das cabezas de león alado da fonte modernista do escultor Antonio Palacios
Os veciños de Mondariz-Balneairo esixen solucións para salvar o edificio
A Fonte de Troncoso, situada en Mondariz-Balneario, sufriu un novo espolio. Desta vez roubaron parte da súa varanda modernista e un dos leóns alados que a coroaban deseñados polo arquitecto Antonio Palacios.
Non é a primeira vez que a fonte sofre este tipo de atentados. Dende hai anos a súa deterioración é constante e os veciños non comprenden que non se tomen as medidas encamiñadas a protexer esta parte do seu patrimonio.
A fonte de Troncoso foi propiedade dunha empresa privada, pero en 2020 a xustiza outorgou a súa titularidade ao Concello. É ademais un edificio catalogado e os veciños esixen solucións ás administracións competentes. O Concello pechou nas últimas horas o acceso ao manacial para evitar máis danos.