Publicador de contidos
Publicador de contidos

Segunda fase da operación saída: 1,4 millóns de desprazamentos en Galicia e cornixa cantábrica

Segunda fase da operación saída: 1,4 millóns de desprazamentos en Galicia e cornixa cantábrica

Preto de dez millóns de desprazamentos para estes festivos, un 2,5 % máis ca o ano pasado

G24.gal 05/04/2023 11:23

Ás tres da tarde deste mércores comeza a segunda fase da Operación Especial de Tráfico de Semana Santa, o núcleo duro en canto ao volume de desprazamentos, debido a que se esperan 9,4 millóns de viaxes por estrada, case un 2,5 % máis ca o pasado ano.

Destes desprazamentos calcúlase que un 15 % ,1,4 millóns, produciranse en Galicia e cornixa cantábrica.

Nesta segunda fase do dispositivo de tráfico, que concluirá a medianoite do próximo luns 10 de abril, ao ser ese día festivo en seis comunidades autónomas, prevese que cada día desprácense por estrada 1,5 millóns de vehículos.

Desde a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) pídese prudencia, sobre todo, despois dunha primeira fase na que se contabilizaron 14 falecidos entre o pasado venres e este luns, máis da metade dos que morreron en 2022 durante toda a Semana Santa, que foron 27.

A tarde do mércores e a mañá do xoves, a maior intensidade

As horas punta de saída rexistraranse a tarde do mércores, entre as tres da tarde as once da noite, e o xoves pola mañá, especialmente desde as oito da mañá  ás dúas da tarde, e os principais problemas localizaranse nas saídas de Madrid pola A-3, a A-4 e a A-5, así como nas estradas de acceso á costa en Cataluña e a Comunidade Valenciana.

O Venres Santo continuarán pola mañá os desprazamentos de saída das grandes cidades, mentres que o sábado será o día máis tranquilo.

O domingo comezará o primeiro retorno na maior parte das comunidades e o luns 10 producirase a volta nas rexións nas que este día é festivo, Cataluña, Comunidade Valenciana, Baleares, Navarra, País Vasco e A Rioxa.

Trens e aeroportos tamén a tope

Entre este mércores e o xoves, uns 2.200 trens estarán circulando polas vías de alta velocidade, media e longa distancia das tres empresas ferroviarias que operan en España. 

Mentres a rede de aeroportos de Aena prevé operar un total de 33.191 voos, entre este mércores e o luns 10 de abril, superando as cifras de 2022 e rozando os números prepandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade