Tres detidos cando roubaban gasóleo de camións aparcados nun parque empresarial de Lugo
Tres detidos cando roubaban gasóleo de camións aparcados nun parque empresarial de Lugo
Os transportistas din que os roubos medran pola suba do prezo do gasóleo
As perdas nestes roubos poden chegar aos 2.000 euros en combustible e 1.000 máis polos danos
Tentaban roubarlles o gasóleo a tres camións aparcados de madrugada no parque empresarial das Gándaras, en Lugo, pero a chegada da Policía Nacional frustrou o roubo, e tres persoas acabaron detidas. Foron descubertos en flagrante con gomas e garrafas para levar o combustible, o que lles evitou graves perdas aos transportistas.
Para evitar este tipo de roubos, algúns camioneiros extreman as precaucións. Outros, pola contra, cren que non serve de moito tomar medidas, porque acaban rompendo o depósito.
Os transportistas din que os roubos medraron nos últimos meses e reclaman medidas. Ás perdas polo combustible e polos danos no depósito hai que sumarlles os cartos que deixan de ingresar mentres teñen parado o camión para reparalo.