Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres detidos por roubar 4.000 litros gasóleo en Frades e pillados na allada

Tres detidos por roubar 4.000 litros gasóleo en Frades e pillados na allada

Son traballadores da explotación gandeira onde foron gravados por cámaras de seguridade

 As sospeitas dun dos propietarios desde había meses eran fundadas

G24.gal 09/06/2023 16:33 Última actualización 09/06/2023 18:55

Nas imaxes vese como dous dos detidos subtraen o combustible da explotación gandeira de Frades, como sospeitaba un dos propietarios desde había meses. Grazas a estas gravacións no depósito que fornece os vehículos agrícolas puideron collelos na allada.

Aproveitaban a ausencia do resto de traballadores a altas horas da madrugada e levaban cada xornada unha cantidade de gasóleo, o que fixo desconfiar a un dos responsables, que decidiu poñer unha denuncia.

Aí arrancou a investigación policial, que rematou cando dous traballadores se viron sorprendidos en flagrante a noite do 30 de maio nas instalacións da cooperativa enchendo 60 litros de gasóleo a un vehículo particular e tamén nunha garrafa. 

A Garda Civil detivo tres traballadores como presuntos autores dun delito de roubo con forza continuado duns 4.000 litros de gasóleo xunto a diferentes ferramentas, e tamén investiga o fillo dun dos detidos.

Na inspección dos vehículos, os axentes acharon multitude de ferramentas que foron intervidas e posteriormente entregadas ao seu lexítimo propietario. As dilixencias quedan agora en mans do Xulgado de Instrución de garda de Ordes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade