Tres veciños de Carral detidos acusados de seis roubos
Tres veciños de Carral detidos acusados de seis roubos
Un é o presunto autor material dos asaltos e os outros dous os encargados de recoller e vender o roubado
Resolveron seis delitos de roubo con forza nas localidades de Carral, Abegondo e Cambre
A Garda Civil da Coruña detivo tres veciños de Carral, o primeiro como presunto autor de seis delitos de roubo con forza e os outros dous como presuntos autores dun delito de receptación, na operación "Petramor".
Iniciouse por mor dos delitos de roubo en vivendas habitadas ocorridos na provincia, principalmente en poboacións pequenas, o cal xerou unha grande alarma social.
Identificaron o presunto autor dos ilícitos e os presuntos colaboradores para a receptación e venda dos efectos subtraídos.
Os efectivos, cunha orde do Xulgado de Instrución n.º 6 da Coruña, efectuaron o rexistro da vivenda e atoparon no seu interior unha gran cantidade de xoias, reloxos e outros efectos de valor provenientes dos roubos.
Ademais dos obxectos achados no domicilio, a Garda Civil logrou localizar e recuperar numerosas xoias que xa foran vendidas e restituíunas aos seus lexítimos propietarios.
Os detidos foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución n.º 6 da Coruña, e a Autoridade Xudicial decreetou o ingreso en Centro Penal do presunto autor dos roubos con forza.