Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un mozo coruñés de 22 anos polo acoitelamento mortal dun mozo na Noiteboa

Detido un mozo coruñés de 22 anos polo acoitelamento mortal dun mozo na Noiteboa

O detido é un mozo de 22 anos residente na Coruña e con antecedentes policiais

A Unidade de Delincuencia Organizada e Violenta leva as investigacións do caso

A operación continúa aberta e pode haber novos arrestos

G24.gal 28/12/2023 10:53

A Policía Nacional detivo nas últimas horas un home pola súa suposta implicación no acoitelamento mortal dun mozo na Coruña a pasada Noiteboa.

A investigación arrincou tras unha liorta na madrugada do pasado 24 de decembro, cando un mozo de 22 anos faleceu por unha ferida de arma branca no tórax no cruzamento entre as rúas Juan Flórez e Sinfónica de Galicia, na Coruña. 

Tras as primeiras pescudas, a Policía Nacional practicou esta noite pasada a primeira detención mentres a operación continúa aberta. O arrestado é un varón de 22 anos residente na cidade herculina, con antecedentes policiais.

As investigacións son secretas e delas ocúpase a Unidade de Delincuencia Organizada e Violenta (UDEV) da Policía Nacional, que se encargou de investigar o crime de Samuel Luiz, que recibiu unha malleira mortal na Coruña o 3 de xullo de 2021. 

A noticia prodúcese despois da difusión dun vídeo dos instantes previos ao acoitelamento mortal da Coruña. O documento gráfico amosa un grupo duns dez mozos enfrontándose con outro, que supostamente sería o falecido, Yoel Quispe.

A CRTVG puido confirmar que o vídeo é unha das probas coas que traballa a Policía Nacional para intentar identificar os agresores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade