Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un mozo de 14 anos, ferido ao caerlle enriba un banco de pedra no Milladoiro

Un mozo de 14 anos, ferido ao caerlle enriba un banco de pedra no Milladoiro

O rapaz e un irmán estaban sentados no respaldo do banco

Foron necesarias 5 persoas para levantar o banco

O ferido foi trasladado a un centro hospitalario con traumatismos nunha perna

G24.gal 27/04/2023 13:48

Un precinto da Policía Local de Ames impide sentar no banco de pedra da rúa Viorneira, que o martes, contra as dez e media da noite, caeu enriba dun mozo de 14 anos. 

Alertados polos berros, varios veciños e clientes dun bar próximo achegáronse para tentar liberalo. Unha tarefa que precisou da forza de 5 persoas, polo peso do banco.

Segundo a información recollida pola Garda Civil, a caída do escano produciuse cando dous mozos, irmáns de 14 e 15 anos de idade, se encontraban sentados no respaldo do banco abaneando nel. Ao tentar evitar que caera, o menor deles quedou atrapado. Ata o lugar desprazáronse tamén unha dotación da Policía Local e unha  ambulancia do 061, que trasladou o menor ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, con traumatismos na perna dereita. Os veciños aseguran que se puido evitar se o banco estivese ancorado ao chan.

Pendentes de facer unha inspección ocular por parte dos técnicos, desde o Concello din que o propio peso dos bancos aseguran a súa ancoraxe e apuntan a un uso indebido como causa do suceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade