Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un palangreiro escora no porto de Vigo e necesita ser remolcado para recuperar a estabilidade

Un palangreiro escora no porto de Vigo e necesita ser remolcado para recuperar a estabilidade

Haberá que investigar as causas, pero todo apunta a que a repartición da carga de combustible desequilibrou a embarcación

G24.gal 17/09/2024 14:07

Un palangreiro de Burela, o Siempre Perla,  quedaba escorado a primeira hora da mañá no peirao do Berbés. Unha situación complicada que activou un importante dispositivo de emerxencia no porto de Vigo para evitar que afundira. Haberá que investigar as causas pero todo apunta a que a repartición da carga de combustible desequilibrou a embarcación. Tamén puideron influír as mareas vivas favorecendo que a quilla tocara fondo.

 Na zona instaláronse barreiras anticontaminantes para evitar verteduras e os mergulladores comprobaron o estado do casco do barco dende o o inicio da operación. O principal obxectivo foi estabilizalo para evitar que afundira. Para conseguilo instalouse unha defensa entre o palangreiro e o peirao para empurralo cos remolcadores e conseguir nivelalo.

A operación prolongouse por espazo de cinco horas. Sobre as doce do mediodía a embarcación de 28 metros de eslora quedou estabilizada. Haberá agora que avaliar os danos e concluír cales foron as causas.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade