Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha fuga de gas obriga a cortar unha rúa de Vilalba e a desaloxar locais comerciais

Unha fuga de gas obriga a cortar unha rúa de Vilalba e a desaloxar locais comerciais

Os veciños da zona foron confinados nas súas vivendas mentres se realizou a reparación da avaría

A subministración de gas foi cortada mentres os bombeiros empregaban auga pulverizada para disipar a nube

G24.gal 28/02/2023 16:55

Unha fuga de gas provocou este mediodía unha situación de alarma na localidade de Vilalba, dado que a rotura dunha tubaxe, por mor dunhas obras que se están levando a cabo en Rúa de Pravia, obrigaron a cortar a rúa ao tráfico e a desaloxar varios locais comerciais.

Segundo a información facilitada polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE), foron os propios operarios que están a realizar esa obra os que contactaron co 112 Galicia para informar desa fuga de gas.

Os veciños da zona foron confinados nas súas vivendas durante a intervención dos servizos de emerxencia, sen que houbese que lamentar danos persoais.

Mentres os axentes da Policía Local cortaron a rúa para garantir a seguridade da cidadanía e facilitar o traballo dos servizos de emerxencias, os Bombeiros empregaron auga pulverizada para disipar a nube de gas á espera da chegada dos técnicos, que se encargaron de interromper a subministración e procederon a reparar a avaría, que non provocou danos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade