Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha muller, axente da Garda Civil, mata as súas fillas menores e suicídase

Unha muller, axente da Garda Civil, mata as súas fillas menores e suicídase

O suceso ocorreu ás 7:19 horas deste xoves nas dependencias da Garda Civil de Quintanar del Rey, cando a muller disparou ás súas fillas cunha arma de fogo

G24.gal 15/12/2022 08:48 Última actualización 15/12/2022 15:17

Unha muller axente da Garda Civil acabou, presuntamente, coa vida das súas dúas fillas, de 9 e 11 anos, nas dependencias da Garda Civil de Quintanar del Rey (Cuenca), e despois suicidouse.

Fontes do servizo de Emerxencias 112 informaron a EFE de que o suceso ocorreu ás 7:19 horas deste xoves nas dependencias da Garda Civil de Quintanar del Rey, cando a muller disparou ás súas fillas cunha arma de fogo antes de matarse.

A muller tiña 42 anos e as menores 9 e 11 anos. Ata o lugar dos feitos desprazouse un médico de urxencia e unha ambulancia de urxencia que tan só puideron confirmar o falecemento das tres.

A Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Garda Civil investiga os feitos para esclarecer o acontecido.

O xuíz decretou o segredo de sumario. Segundo fontes da investigación, ela quería trasladarse a outra provincia coas nenas, e o pai, do que estaba separada, opoñíase.

Fontes da Garda Civil informaron que a axente estaba en activo. Estaba separada da súa parella, sen que consten antecedentes por baixa psicolóxica. Tamén sinalaron que foi un compañeiro de servizo da falecida quen, alertado porque a axente non chegaba ao posto de traballo, se desprazou á vivenda para ver que sucedía e alí a atopou falecida por disparo de arma de fogo xunto aos corpos das súas dúas fillas.

No exterior do cuartel, familiares do pai das pequena agardaban noticias. Din que onte no puideron contactar coas nenas e aseguran que ninguén imaxinaba este desenlace.

Na pequena localidade sucédense as mostras de dor e de apoio á familia das pequenas. Os veciños gardaron un minuto de silencio na praza Maior e o Concello decretou tres días de loito oficial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade