Unha queixería de Vilalba obtén a medalla de ouro na World Cheese Awards
Unha queixería de Vilalba obtén a medalla de ouro na World Cheese Awards
O xurado premiou este queixo cónico, afumado con bidueiro e dun quilo de peso
No evento participaron 4.000 queixos de 40 países
O traballo manual é clave na elaboración deste queixo dun quilo de peso que vén de obter a medalla de ouro na World Cheese Awards, a competición de referencia a nivel mundial e na que participan 4.000 queixos diferentes procedentes de 40 países. Sen dúbida todo un orgullo para esta empresa estritamente familiar que mantén a tradición queixeira chairega.
As vacas que pacen diariamente no prado son a parte inicial e unha das máis importantes de todo o proceso que remata coa elaboración do queixo. Os pastos e forraxes da Terra Chá confiren a especial composición e sabor destes queixos, que se completa con horas de afumado con fume de bidueiro. Un xeito de dar valor engadido o leite desta comarca.
O único negativo é que este premio chega nun momento en que a queixería non pode aumentar a súa oferta pola baixada xeral na produción de leite.