Cargando resultados...
Unha usuaria do Servizo de Axuda no Fogar ataca unha coidadora en Dodro
Unha usuaria do Servizo de Axuda no Fogar ataca unha coidadora en Dodro
A atacante está a tratamento psiquiátrico e sospéitase que puido sufrir unha crise
G24.gal
13/02/2023 15:05
Última actualización 13/02/2023 15:16
Unha coidadora do Servizo de Axuda ao Fogar foi atacada esta mañá cunha arma branca por unha usuaria no concello de Dodro. O suceso aconteceu sobre as 9 no lugar de Tallós, na parroquia de Laíño.
A agresora foi detida pola Garda Civil no lugar de Reboiras, preto da vivenda onde sucederon os feitos este luns, e trasladada a un centro hospitalario. Está a tratamento psiquiátrico, polo que se sospeita que puido sufrir unha crise.
A traballadora foi trasladada a un centro hospitalario, e aínda que nun primeiro momento algúns cortes na zona da cabeza semellaban moito máis graves, finalmente as feridas son leves.