Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños e empresas de Lugo atribúenlles aos niños das cegoñas os cortes de luz

Veciños e empresas de Lugo atribúenlles aos niños das cegoñas os cortes de luz

Os afectados reclaman con urxencia unha solución que respecte a fauna silvestre

Félix Aragunde 09/04/2024 19:22 Última actualización 09/04/2024 19:39

Nas últimas semanas sucedéronse diversos cortes de luz ás aforas de Lugo, concretamente na saída cara a Santiago e nas parroquias da contorna.

Dende a compañía eléctrica que presta o servizo sinalan os niños de cegoña como causantes destes apagamentos, que se adoitan resolver en cuestión de minutos.

Como é sabido, estas aves resultan beneficiosas para o campo, pero o seu lado escuro é o dos continuos cortes da luz que lles achacan. Ao aniñaren sobre os postes, o peso destas estruturas e o rozamento cos cables fan que veciños e empresas queden sen servizo a cada pouco.

Emilio Trinidad, director financeiro dunha das empresas afectadas: "A semana pasada houbo varios cortes, de entre media hora e unha hora. Cadráronnos co peche de facturación e cun montón de xestión que se tivo que interromper".

Sandra Candia, gandeira: "En pleno labor, marchou a luz e apagouse todo, co leite estragado. É perda para todo e pódese queimar o tanque ou o motor".

Ante as molestias e as perdas económicas que lles supoñen os cortes da luz, os afectados reclaman con urxencia unha solución que respecte a fauna silvestre.

Emilio Trinidad, director financeiro dunha das empresas afectadas: "Hai que buscar unha solución, evidentemente sen que afecte as aves. Sen ser experto, supoño que unha das medidas que habería que tomar sería tratar de soterrrar a liña".

Un caso semellante ao de Lugo vénse dando tamén no concello veciño do Corgo, onde os cortes atribuídos aos niños das cegoñas deixan sen luz vivendas e negocios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos