Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xantar promove a gastronomía das rutas xacobeas e á comida de romarías

Xantar promove a gastronomía das rutas xacobeas e á comida de romarías

Abre en Expourense a vixésimo terceira edición do Salón Internacional do Turismo Gastronómico 

Participan oito restaurantes e 165 expositores de cinco países

G24.gal 09/11/2022 14:41

Desde hoxe e ata o domingo, este recinto de Expourense acolle unha nova edición de Xantar, a decimo terceira. Os grandes protagonistas este ano son a gastronomía dos camiños de Santiago e a comida de proximidade.

A feira reúne 165 expositores de 5 países: España, Portugal, Estados Unidos, Perú e Costa Rica. Unha novidade para os que veñen de fóra de Galicia é a recreación dunha taberna que ofrece produtos típicos como a empanada, o polbo, carne ao caldeiro e café de pota.

Tamén podemos atopar 13 menús con prezos entre os 29 e os 39 euros. Todo completado
cun amplo programa de actividades, un túnel do viño, obradoiros de cociña, catas comentadas e degustacións de diferentes produtos.

"Darlles protagonismo os camiños, ao xantar nos camiños, os produtos enogastronómicos que hai por todos os camiños,  e como todos nos levan a Compostela, quedan moi poucos lugares por onde non pase algún camiño", di Rogelio Martínez, director xerente de Expourense e de Xantar

Os participantes non son só españois ou portugueses, tamén doutras partes do mundo.

"Vin aquí para aprender de novas culturas, e encántame todo o que estou vivindo neste momento aquí", comenta Tony Suárez, un restaurador de Massachusetts, EUA


Nesta edición quixeron tamén facer unha homenaxe á comida das feiras.

"Montamos unha taberna un pouco máis moderna que as de feira, pero coa comida tradicional, a nosa empanada, o noso polbo e a carne ao caldeiro, a comida típica que se come en calquera romaría", explica César Álvarez Barroso, Taberna do Carballiño

O salón remata o domingo cunha cata de queixos e un taller de cociña mariñeira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade