Publicador de contidos

Contido coa etiqueta explosión paramos .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta explosión paramos .

Explosión Paramos

O dono da pirotecnia que explotou en Tui en maio de 2018, no xuízo celebrado este xoves en Pontevedra (EFE / Salvador Sas).

O acusado pola explosión de Paramos pide perdón e acepta catro anos de prisión

25/09/2024 18:38

O propietario da pirotecnia pediu perdón ás vítimas 

O procesado tamén recibiu unha orde de afastamento da zona cero durante seis anos e quedou inhabilitado da actividade pirotécnica durante 18 anos


O acusado pola explosión da pirotecnia ilegal de Tui acepta catro anos de cárcere

15/04/2024 20:35

Queda por despexar, na vía civil, quen se fará cargo de sufragar os danos 

O investigado será inhabilitado para calquera oficio relacionado cunha actividade pirotécnica durante 18 anos

Conta tamén cunha orde de afastamento da zona cero durante seis anos


Morre unha muller nunha explosión nun edificio en Valladolid

02/08/2023 08:03

Ademais quedaron feridas doce persoas, dúas delas, un pai e un fillo, de carácter grave

O estoupido puido sentirse en distintos puntos de Valladolid

Despois da explosión, declarouse un incendio e as chamas chegaron "ata arriba de todo do edificio"



A explosión derruíu o lugar de Paramos

Cinco anos despois da explosión, os veciños de Paramos agardan xustiza

22/05/2023 21:42

Con motivo do quinto aniversario da traxedia, farase unha pequena homenaxe en memoria dos falecidos e damnificados coa que se pretende "pechar" este dramático episodio


A pirotecnia agochaba o dobre de explosivos dos pensados

A Fiscalía pide 14 anos de prisión para o dono da pirotécnica de Paramos

01/09/2022 16:21

O Xulgado de Instrución número 1 de Tui dita a apertura do xuízo oral pola explosión da pirotecnia ilegal

O suceso ocorreu no ano 2018, en que faleceran dúas persoas e houbo 37 feridos


Os veciños homenaxean as vítimas da explosión da pirotecnia de Paramos

23/05/2022 21:20

Hai catro anos a explosión causou a morte a dúas persoas e destruíu 30 casas

Agárdase que pronto se poida abrir xuízo oral contra o único acusado, o dono da pirotecnia.


A reconstrución de Paramos aínda non está completa catro anos despois da explosión

23/05/2022 10:37

A Asociación de Afectados organiza un acto de homenaxe aos dous falecidos, no cuarto aniversario da traxedia de Tui

Os veciños cren que a catástrofe serviu para incrementar os controis sobre o almacenamento ilegal de explosivos


Un veciño afectado pola explosión de Paramos recibe unha doazón para reconstruír a súa vivenda

23/11/2021 13:49

Problemas para poder acreditar que era o seu propietario impedíronlle cobrar unha parte das axudas

Publicidade
Publicidade