A mellor hamburguesa de Galicia ten un segredo moi ourensán
A mellor hamburguesa de Galicia ten un segredo moi ourensán
A Estación de Loman representou a nosa comunidade no segundo concurso de hamburguesas de España
O pan artesán está feito con pataca e auga termal para unha hamburguesa que logrou quedar no top ten nacional
Non hai hamburguesa exquisita sen carne de calidade, e tampouco sen un bo pan. Este está elaborado cada día polos propios chefs da estación de Loman con puré de pataca e auga termal. Outro ingrediente que lle dá un sabor único é un touciño entrefebrado con curado de chuletón.
A maiores leva un queixo madurado irlandés e un puré de pataca con empanado. A salsa é maionesa encurtida de cogombro con pementón de Herbón. Unha receita que converte a Burca Loman na mellor hamburguesa feita no país.
Foron ao campionato estatal, que se celebrou na Coruña, representando a nosa comunidade e conseguiron quedar entre as dez mellores hamburguesas de España. Os cociñeiros da Estación de Loman din estar moi orgullosos do éxito e de defender a Ourense e Galicia neste concurso nacional.
Cunha hamburguesa con polbo á feira xa levaran na anterior edición deste concurso estatal no 2019 un terceiro premio. Uns cociñeiros que non deixan de recibir recoñecementos e que seguen creando para ampliar a súa carta de hamburguesas gourmet.