Publicador de contidos
Publicador de contidos

Disparos ao aire tras un intento de motín nun buque da Garda Civil con 168 migrantes a bordo en Mauritania

Disparos ao aire tras un intento de motín nun buque da Garda Civil con 168 migrantes a bordo en Mauritania

A patrulleira Río Tajo rescatounos dunha lancha fronte ás costas de Mauritania

O país africano négase a que desembarquen en Nuadibú, e a Garda Civil puxo rumbo ás Canarias

Imaxes da patrulleira Río Tajo da Garda Civil Imaxes da patrulleira Río Tajo da Garda Civil
G24.gal 26/08/2023 19:21

Situación complexa para a Garda Civil, na súa patrulleira Río Tajo cando participaba nos traballos de rescate de migrantes no norte de África.

Os axentes a bordo tiveron que realizar disparos ao aire para frear os 168 homes recollidos por eles en augas de Mauritania hai tres días.

A patrulleira de salvamento española, conforme informa a Garda Civil, está desde hai dous días, desde o 24 de agosto, con estes migrantes a bordo, á espera de autorización para o desembarque en Mauritania ou para proceder ao traslado ata as illas Canarias.

Estas fontes engaden que a situación de tensión foi en aumento co paso das horas, motivo polo que se decidiu reforzar a vintena de axentes a bordo do buque da Garda Civil, mobilizando a efectivos destinados no destacamento de Nouadhibou.

Nas últimas horas, ademais, os axentes que custodian os 168 migrantes dispararon ao aire en dúas ocasións para tratar de sufocar os posibles conatos de motín.

AUGC, Asociación Profesional da Garda Civil, tamén solicitou información sobre a situación para denunciar as "condicións penosas" que padecen axentes e migrantes, o que achacan á falta de cooperación de Mauritania, segundo precisaron fontes desta organización.

Na súa conta na rede social X, AUGC engadiu este sábado pola tarde que hai negociacións polo momento infrutuosas entre a axencia europea Frontex e as autoridades de Mauritania.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade