Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan se as verteduras solidificadas que apareceron en praias de Arousa son residuos industriais

Investigan se as verteduras solidificadas que apareceron en praias de Arousa son residuos industriais

Numerosos fragmentos sólidos de cor branca e mal cheiro apareceron diseminados en areais da Illa, Vilanova e Vilagarcía

A Confraría e o Concello limparán mañá as verteduras, que se desfán con facilidade

G24.gal 12/04/2022 14:26

Apenas uns pasos polo areal da Canteira son suficientes para atopar, ao longo da liña do mallante, esta especie de bloques solidificados, graxos e con aspecto poroso que, ao achegarse, desprenden un cheiro noxento.

A voz de alarma deuna un paseante, segundo explica o patrón maior da Illa, Juan José Rial Millán. "É unha especie de xabrón, con iodo ou cloro ou algo para a desinfección, porque ule moi forte e moi mal", detalla.

A confraría deu parte ao Seprona, que se fixo cargo da investigación e levou mostras desta substancia para analizar a súa composición. Parte destes residuos foron levados tamén ás insta  lacións do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño para que determinen o seu contido. Polo de agora descoñécese a súa orixe, pero a Garda Civil descarta, inicialmente, que sexan residuos das sentinas dalgún barco.

"Pode ser dalgunha empresa que limpou os seus depósitos e soltounos ao mar deliberadamente", apunta Rial, que engade que "nós podemos retirar esta vertedura pero non sabemos onde depositala, ten que ser o Concello quen o faga".

Precisamente, pasado o mediodía, confraría e Concello, segundo confirmou o alcalde, Carlos Iglesias, acordaron proceder este mércores pola mañá á limpeza tanto da Canteira como da praia dos Tarais, onde tamén apareceron estes residuos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade