Liberan unha parella atrapada co seu coche nun camiño rural en Ourense por culpa do GPS
Liberan unha parella atrapada co seu coche nun camiño rural en Ourense por culpa do GPS
O matrimonio asturiano dirixíase a un restaurante, e seguindo as instrucións do navegador, quedaron atrapados co turismo entre dous muros
Un axente entrou por una ventá, logrou avanzar 20 metros e, tras retirar varias pedras con axuda duns veciños, logrouse retirar o vehículo
Axentes da Garda Civil de Ourense colaboraron no rescate dunha parella de Asturias que quedou atrapada entre dous muros dun camiño rural por seguir o GPS.
Contras as 16:00 horas do sábado recibiron unha chamada dunha persoa que dicía estar atrapada no seu vehículo. Trasladouse unha patrulla de tráfico e observaron, nun camiño fronte a unha nave de Leroy Merlin, que un coche estaba encaixado entre dous muros, sen posibilidade de avance ou retroceso.
Un axente entrou por unha das ventás e conseguiu avanzar 20 metros. Despois, os axentes, axudados por tres veciños da zona, retiraron pedras e ás 16:45 horas conseguiron liberar o vehículo.
O matrimonio dirixíase a un restaurante e, seguindo as instrucións do navegador, atopáronse nesa situación. A Garda Civil acompañounos ata o hotel onde se hospedaban e este domingo regresaban a Asturias.
Un dos ocupantes tiña unha minusvalía física.