Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión permanente revisable para o asasino do neno de Lardero

Prisión permanente revisable para o asasino do neno de Lardero

O xurado popular declarou por unanimidade a Almeida culpable dos delitos de asasinato e agresión sexual ao menor con “extrema violencia”

G24.gal 18/04/2023 12:19

Francisco Javier Almeida foi condenado a prisión permanente revisable polo asasinato do neno de 9 anos,  Álex, o 28 de outubro de 2021 no municipio rioxano de Lardero; e a 15 anos de prisión polo delito de agresión sexual.

Así o anunciou este martes o Tribunal Superior de Xustiza da Rioxa nunha nota, en que detallou a sentenza, de máis de 200 páxinas, e a pena que lle impuxo o maxistrado presidente do tribunal que xulgou a Almeida o pasado mes de marzo.

O xurado popular declarou por unanimidade, o pasado 30 de marzo, a Almeida culpable dos delitos de asasinato e agresión sexual ao menor con “extrema violencia” e sen que tivese a posibilidade de defenderse. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade