Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatada unha muller nun monte de Malpica tras horas desaparecida

Rescatada unha muller nun monte de Malpica tras horas desaparecida

Aínda que estaba consciente, atopábase desorientada e precisaba asistencia sanitaria

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 23/03/2024 10:40 Última actualización 23/03/2024 15:34

Unha muller de avanzada idade foi rescatada na noite deste venres polos servizos de emerxencia, nunha zona de monte do municipio coruñés de Malpica de Bergantiños. A desaparición da muller fora denunciada o venres pola tarde polos seus familiares, ao non saber nada dela dende as 16:00 horas.

O 112 Galicia tivo constacia da aparición da señora arredor das 22:15 horas. Aínda que estaba consciente, atopábase desorientada e precisaba asistencia sanitaria.

Para poder chegar a ela, os efectivos desprazados fixeron unha cadea humana co fin de trasladala ata a ambulancia para a posterior evacuación ao centro hospitalario de referencia.

O 112 Galicia tivo coñecemento da desaparición algo antes das 21:30 horas do venres por aviso da Garda Civil, que solicitou medios para a procura da muller. Para estas tarefas de busca deuse aviso aos membros do GES de Ponteceso, Protección Civil de Malpica, Ponteceso, Laxe, Carballo, Coristanco e Laracha, e ao Concello de Malpica. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade