Publicador de contidos

Contido coa etiqueta cetáceos .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta cetáceos .

Cetáceos

Os animais varados nas costas galegas roldan os 700 por segundo ano consecutivo

01/02/2025 21:22

Segundo a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, mais do 30 % foron capturas accidentais

Só un de cada dez animais varados chega á costa con vida


Balea varada na praia de Pampaído (Concello de Sanxenxo)

Unha balea de 15 metros en descomposición vara nunha praia de Sanxenxo

09/10/2024 16:02

O animal puido verse na superficie do mar entre Sanxenxo e Poio este sábado


A abundancia de plancto explica a maior presenza de baleas ao final do verán

07/09/2024 14:20

A balea común, que se despraza dende grandes distancias, é a que ten máis presenza nas augas galegas

O centro de investigación mariña BDRI, con sede no Grove, detectou exemplares procedentes do Mediterráneo


As varadas de cetáceos van camiño de alcanzar unha cifra récord na costa galega

17/08/2024 14:45

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos mariños rexistrou xa 390 varadas no que vai de ano

O 60 por cento dos cétaceos que varan na costa son golfiños comúns


Baleas avistadas preto das illas Sisargas, en Malpica de Bergantiños / CEMMA

Avistan unha quincena de baleas preto das illas Sisargas e outro grupo en Ons

14/08/2024 15:46

As que pasaron polas illas de Malpica son rorcuais comúns, mentres que as que se achegaron á ría de Pontevedra son baleas alibrancas


Candorcas cazando

Un estudo para predicir a ruta das candorcas di que atacan os temóns como práctica para cazar atún

01/07/2024 15:53

Un científico do Grove analiza a temperatura da auga para saber onde haberá atún vermello, e polo tanto, candorcas

Os prognósticos estanse cumprindo polo de agora e estes cetáceos chegarán a Galicia en poucas semanas


Duplícanse as varadas de cetáceos, focas e tartarugas en Galicia

29/12/2023 13:45

A maior presenza de golfiños e as capturas accidentais, entre as causas


Navegar en augas pouco profundas, o máis eficaz para evitar as candorcas

08/07/2023 14:23

A aplicación Orcinus, promovida pola Xunta, informa dos avistamentos de cetáceos

O último incidente entre un veleiro e as candorcas foi esta semana en Sálvora


Aparece varado nunha praia de Ferrol un xibardo de 10 metros de longo

27/06/2023 13:52

A aparición dun xibardo na zona non é un feito común, por tratarse dunha especie en risco de extinción


 Unha balea no peirao da Estación Naval da Graña, en Ferrol

17/03/2023 11:44

Apareceu nas proximidades dos peiraos de embarcacións menores


Foto: CEMMA

Atopan restos de plásticos no estómago dun cetáceo achado morto na Coruña

07/03/2023 11:39

Desde principios de ano rexistráronse xa cinco exemplares varados, cando o normal é atopar un cada dous anos

O animal, de máis de seis metros e 2.000 quilos de peso, varou o pasado sábado na praia das Amorosas


A toniña desaparecerá das augas galegas en 20 anos polo impacto das actividades humanas

04/02/2023 15:30

A CEMMA pon en marcha este ano o programa Phocoenando para sensibilizar sobre a situación da toniña 

Esta subespecie está en perigo de extinción desde hai ano e medio 


Persoal do CEMMA volve ao Freixo para tratar de sacarlle o arpón a Manoliño

01/11/2022 14:15

Nas augas do peirao tratan de conducir o animal cara a unha rampla para sacalo da auga e poder proceder á intervención


Expertos en cetáceos buscan como acceder a Manoliño para sacar o arpón que ten cravado

31/10/2022 11:14

Desde a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) explican que non se pode trasladar porque é moi grande

A ferida parece superficial, pero o golfiño está intentando sacar a variña e iso pode acabar provocándolle problemas máis graves

O animal está asustado e molesto, polo que aínda que habitualmente se amosa cordial coa xente, nestes momentos foxe do contacto


O golfiño Manoliño aparece na ría de Muros e Noia cun arpón cravado

30/10/2022 21:32

 A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños lembra que está prohibido achegarse ao animal

O colectivo asegura que a vida do arroaz non corre perigo porque a ferida que ten é superficial

Este golfiño solitario apareceu na ría en 2019 e desde entón interactúa con barcos, bañistas e navalleiros


Aparece nas augas da Barbanza o golfiño Manoliño cun arpón cravado no costado

30/10/2022 15:57

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) pide que ninguén intente quitarllo, xa que danarían máis o cetáceo

Publicidade
Publicidade