Novas

O PERTE para industrializar vivendas contará con 1.300 millóns de investimento público
24/04/2025 12:34
O obxectivo pasa por lograr 15.000 unidades ao ano e alcanzar as 20.000 dentro de 10
"Hai que construír máis, mellor e máis rápido", insistiu Sánchez, que avanzou que Valencia será a principal protagonista, onde se vai centrar a cidade da industrialización en solo público de Sepes para fomentar este desenvolvemento nunha das zonas máis afectadas pola pasada dina

A fragata Méndez Núñez, rumbo ao Índico para sumarse a un operativo internacional
24/04/2025 12:29
A embarcación partiu este xoves desde o Arsenal Militar de Ferrol, onde ten a base
A Méndez Núñez estará operando na zona ata o mes de agosto

O Goberno rescinde de xeito unilateral o contrato para comprar munición a Israel
24/04/2025 12:04
O Executivo, que afronta posibles reaccións legais e reclamacións por parte da empresa israelí adxudicataria do contrato, denegará o permiso de importación a España do armamento adquirido

Os edís do PSOE de Santiago non asisten ao pleno alegando vulneración de dereitos
24/04/2025 11:55
Gumersindo Guinarte e Marta Abal ausentáronse ante a decisión da alcaldesa de non abordar na sesión o paso dos concelleiros díscolos ao grupo dos non adscritos
Besteiro avala que o PSOE de Santiago acuda á xustiza ao non incluír o pleno a saída do grupo dos expulsados

Os solicitantes do sistema de dependencia esperan 338 días de media para ter resposta
24/04/2025 11:47
266.000 persoas están pendentes de recibir resposta aos seus expedientes
En Galicia espérase de media 393 días
En 2030 serán 400.000 as persoas que pidan entrar no sistema debido ao envellecemento do poboación

24/04/2025 11:44
O ministro rexeita realizar unha nova auditoría porque "bastante" teñen no seu departamento, di, con proporcionar toda a información que lles reclaman nas investigacións xudicial e parlamentaria
En Ineco, afirmou, "causou perplexidade" que Rodríguez declarase que non ía traballar, pois consta "a xustificación regular do traballo" da exparella de Ábalos
Pediu aos populares que se consideran as auditorías "tan boas", realicen unha para analizar a xestión de Mazón durante a DINA

O Leyma apura as súas opcións de permanencia sen Heurtel e Thompkins
24/04/2025 11:40
Epifanio: “Tenerife é o equipo que mellor xoga da liga”

24/04/2025 11:01
"No momento axudoume para clarificarme certas cousas, mecanismos, certos medos que me viñan", confesou o pontífice

Detidos en Santiago e Vigo membros dunha rede criminal de difusión de imaxes íntimas de mulleres
24/04/2025 10:54
As investigacións concluíron que o líder da trama obtiña material privado das vítimas mediante o acceso aos seus perfís aloxados nunha coñecida plataforma de contido pornográfico
.png)
O Supremo establece que Facenda poderá revisar exercicios fiscais prescritos
24/04/2025 10:54
O que aclarou o Supremo é se, tras a modificación introducida na Lei Xeral Tributaria en 2015, un "negocio xurídico" que tivo lugar en 1999 -prescrito segundo a LXT de 1963- que ten efecto en exercicios posteriores pode ser inspeccionado pola Axencia Tributaria

Buscan con drons en Fisterra o veciño de Frades desaparecido
24/04/2025 10:11
Os investigadores cren que o home colleu un taxi en dirección ao faro fisterrán
No operativo de busca participan catro patrullas da Garda Civil, efectivos da Policía Local e Protección Civil e drons da Axencia Galega de Emerxencias

Os partidos que integran Sumar reúnense para tratar a crise polo contrato con Israel
24/04/2025 10:08
Malia que o BOE publica este xoves a formalización do contrato para mercar balas a unha empresa israelí, desde Izquierda Unida confían en que o Goberno rectifique

A morte dunha muller en Cartaya está sendo investigada como posible caso de violencia machista
24/04/2025 09:57
Os primeiros datos indican que a muller de 55 anos foi golpeada na cabeza cun obxecto contundente
O corpo sen vida da muller foi atopado por un albanel, exparella da muller con antedecentes de violencia contra ela, que de momento está a ser tratado como testemuña
As forzas de seguridade están buscando a actual parella da muller

Séguense poñendo pendentes aos bebés?
24/04/2025 09:33
Cada vez son máis os pais que prefiren agardar para que sexan os fillos os que tomen a decisión
Perforar as orellas non ten risco para a saúde do bebé se se cumpren coas medidas hixiénicas
A decisión debe ser consensuada entre os pais, senón será un xuíz quen decida

Rusia lanza 70 mísiles e 145 drons nun novo ataque masivo sobre Ucraína
24/04/2025 08:49
Os bombardeos deixaron polo menos nove mortos, 70 feridos e dous desaparecidos na capital
O ataque golpeou Kíiv e outras cinco rexións do país

Profand supera os mil millóns de euros de facturación e consolida o seu liderado
24/04/2025 08:37
A súa facturación ascendeu a 1.009 millóns de euros, o cal supón un incremento do 8 % respecto ao exercicio anterior

Preto de 50.000 fieis despedíronse xa do papa Francisco na Basílica de San Pedro
24/04/2025 08:09
A Basílica de San Pedro permaneceu aberta ata as cinco e media da noite e pechou só para permitir a reorganización e as tarefas de limpeza para volver abrir ás sete

Trump baixa os aranceis (pero non a garda), por María Bastida
24/04/2025 08:02

Posibilidade de brétemas na costa a primeiras e últimas horas
24/04/2025 08:00

24/04/2025 07:07
O Real Madrid mantense na pelexa pola Liga grazas un gol de Arda Guler


O Ourense mantén a ilusión de xogar o play off polo ascenso
23/04/2025 22:47
Conseguiu gañarlle a Palencia por 94-84 e queda a un só triunfo do noveno posto

Este xoves será o día máis cálido da semana
23/04/2025 22:00

Claudio non agocha a ilusión do celtismo: "Imos loitar por Europa"
23/04/2025 21:35
Borja Iglesias gabou o seu adestrador dicindo que Giráldez era o mellor técnico da súa carreira

Sumar nega que o Goberno de coalición perigue aínda que IU expoña saír
23/04/2025 21:26
Sumar insta a Marlaska e Robles a que dean un paso á beira se non son capaces de anular o contrato armamentao con empresas israelís
Fontes oficiais da coalición na contorna de Yolanda Díaz aseguran que é cousa de IU a responsabilidade de escalar o conflito con Sánchez

23/04/2025 21:22
O Celta pásalle por riba ao Vilarreal cos goles de Fer López, Borja Iglesias e Aspas e colócase no sétimo posto

23/04/2025 21:20

23/04/2025 20:34
As listas de espera diminúen un 0,35 % en 2024 en toda España, con 846.583 pacientes sen operar a final de ano
Cirurxía torácica repite como a especialidade na que hai menos persoas esperando, e a cirurxía plástica segue sendo a especialidade con maior tempo de espera

O café máis antigo de Barreiros, o Moderno, vai camiño do século de historia
23/04/2025 20:23
Tres xeracións de hostaleiros estiveron xa á fronte do local, no centro de San Cosme, e podería haber unha cuarta e mesmo unha quinta

Pendentes da entrada das brétemas na costa
23/04/2025 20:00

Lectura continuada do 'Quixote' para conmemorar o Día do Libro
23/04/2025 19:43
Unha trintena de persoas participaron na lectura organizada pola fundación Cum Laude de Ourense na cafetería Ceres

Só un de cada catro afectados pola EPOC está diagnosticado
23/04/2025 19:40
Estímase que unha de cada dez persoas no mundo ten EPOC: enfermidade pulmonar obstrutiva crónica
Para mellorar a súa vida, estase a facer un cribado preventivo en distintas cidades de España, tamén en Galicia

Trump acusa a Zelenski de dificultar o acordo ao negarse a recoñecer Crimea como rusa
23/04/2025 19:24
O presidente de Estados Unidos critica o ucraíno por negarse a recoñecer a soberanía rusa sobre Crimea e acúsao de "dificultar a resolución desta guerra" coa súa postura "incendiaria"

O PP acusa a oposición de obstaculizar a industrialización de Galicia
23/04/2025 19:11
"Estamos orgullosísimos da nosa sanidade", dixo o voceiro popular no Parlamento
.png)
Espectacular maqueta da cidade de Tui
23/04/2025 18:52
José Martínez Clotet leva 40 anos recreando en miniatura as 75 construcións máis representativas de Tui

Pontón acusa a Rueda de "traizoar" os galegos e de "vender" Galicia
23/04/2025 18:51
Acusou o presidente de pasar "a motoserra" na sanidade
Criticou a política "monolingüista" e o "centralismo"
Alfonso Rueda tirou de datos para responder as críticas da política sanitaria e afeoulles que "tendan a man" para un pacto polo galego se é, dixo, "como eles queren"

Detido un home cunha machada por matar e desmembrar a súa nai en Málaga
23/04/2025 18:33
A Policía Local arrestou o sospeitoso no barrio dos Prados tras recibir un aviso de que un home portaba unha machada pola vía pública

O Celta apúntase á Europa League (3-0)
23/04/2025 17:46
O equipo de Giráldez superou con claridade ao Vilarreal cos goles de Fer López, Borja Iglesias e Aspas
Os visitantes xogaron con dez desde o minuto 37 por expulsión de Bailly

O irmán de Koldo García négase a declarar na comisión de investigación do Senado
23/04/2025 17:44
Joseba García, investigado tamén na trama con Jesicca Rodríguez, exparella de José Luis Ábalos, afirmou que "ata que non se resolva" o proceso xudicial non vai facer "ningún tipo de declaración"

Tarde con menos nubes e ascenso térmico
23/04/2025 17:20