Publicador de contidos

Contido coa etiqueta catalán .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta catalán .

Catalán

A Xustiza suspende o decreto que sitúa o catalán como lingua vehicular nas escolas

05/07/2024 13:52

O xuíz observa "visos de lesión nos dereitos fundamentais" a recibir ensino en lingua castelá

Reprocha que a normativa examinada, no seu desenvolvemento, non confire carácter de lingua vehicular no ensino ao castelán.

Contra el presentara recurso a Asamblea por Una Escuela Bilingüe, que loita por aumentar a presenza da lingua castelá no ámbito educativo


A comisión de Peticións da Eurocámara pide igualdade para castelán e catalán na escola

19/03/2024 10:07

"Os centros educativos de Cataluña deben ofrecer aos alumnos oportunidades adecuadas para que adquiran un bo dominio tanto do catalán como do castelán", di o informe


O ministro de Exteriores, José Manuel Albares, á dereita da imaxe no acto conmemorativo do Día Europeo das Vítimas de Terrorismo

O ministro de Exteriores di que os argumentos para facer oficial o galego en Europa son "sólidos e lexítimos"

18/03/2024 17:03

 José Manuel Albares pediulle ao Partido Popular que apoie a reivindicación do Goberno para o uso do galego, catalán e éuscaro na UE


Albares: "A reforma lingüística circunscríbese ao caso de España"

24/10/2023 10:52

España defende que a incoporación do catalán, vasco e o galego á UE non se poderá trasladar ás posibles reivindicacións que poidan facer outras minorías nacionais

"Non creo que neste momento este sexa o tema número un que debamos discutir", advertiu Letonia

JxCat esixe unha "data de aprobación definitiva" do catalán na UE



Retiran os auriculares que os deputados de Vox deixaron no escano de Sánchez ao abandonaren o pleno ( EFE/ Juan Carlos Hidalgo)

O Congreso avala por maioría absoluta o uso do galego, o catalán e o éuscaro

19/09/2023 14:56

A reforma do Regulamento do Congreso ábrese á presentación de emendas, que o xoves serán votadas, e de non saíren adiante será xa definitiva a incorporación das linguas oficiais á actividade parlamentaria

Xosé Ramón Gómez Besteiro foi o primeiro en empregar o galego no hemiciclo; nese momento, os deputados de Vox abandonaron a cámara


O ministro de Exteriores en funcións, José Manuel Albares, este martes en Bruxelas

Os 27 adían a decisión sobre o galego, catalán e éuscaro para avaliar os custos

19/09/2023 10:58

España propuxo empezar polo catalán para despois incluír as outras dúas linguas

A Generalitat di que o Goberno non cumpriu: "Foi á UE tarde e mal"


Europa debate este martes sobre o uso das linguas cooficiais

18/09/2023 18:32

A proposta ten que ser aprobada por unanimidade dos 27

Suecia, Finlandia e Eslovaquia xa amosaron reticencias ao uso das linguas cooficiais


Operarios instalando o sistema de tradución simultánea no Congreso

As linguas cooficiais estréanse este martes no Congreso

18/09/2023 16:27

Poderanse escoitar con tradución simultánea as intervencións que fagan os deputados en galego, catalán e éuscaro

Os gastos do uso das linguas cooficais nos plenos que se celebren de aquí a finais de ano serán de case 280.000 euros

Haberá seis tradutores e distribuiranse auriculares aos 350 deputados

Europa debate este martes sobre o uso das linguas cooficiais


Arquivan a causa a Casado polas súas afirmacións sobre o castelán na escola catalá

04/07/2023 11:28

O xuíz entende que aínda que sexan "desacertados e rexeitables" os comentarios, están amparados pola liberdade de expresión

O exlíder do PP asegurara, entre outras cousas, que "hai profesores con instrucións de non deixar ir ao lavabo a nenos porque falan castelán", afirmacións que máis tarde recoñeceu que non contrastara

Categorías:  España   Política

Casado admite que non contrastou a información sobre os alumnos castigados por falar castelán

20/03/2023 14:18

Casado está investigado a raíz dunha querela por inxurias, calumnias e delito de odio que presentou contra el a Generalitat


A Generalitat anuncia que ningún centro aplicará o 25 % do ensino en castelán

01/09/2022 19:32

O conseller de Educación foi quen afirmou que non van cumprir a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña


Goberno e Generalitat pactan desxudicializar a política e impulsar o catalán

27/07/2022 14:17

"Renúnciase a accións que deixen a política fóra do xogo democrático", dixo Bolaños


O uso das linguas cooficiais no Congreso terá que esperar

21/06/2022 19:00

PSOE, PP, Vox e Ciudadanos rexeitaron reformar o regulamento da Cámara


O Parlamento catalán aproba a lei que evita fixar un 25 % de castelán no ensino

08/06/2022 12:27

A norma recoñece o "uso curricular e educativo" do castelán e reafirma o catalán como lingua vehicular, sen establecer porcentaxes lingüísticas

Vox, Cs e PP anunciaron que levarán ao Tribunal Constitucional a lei

Etiquetas:  CATALÁN

O Govern envía un cuestionario ás escolas sobre o novo decreto do catalán

31/05/2022 13:31

Entre as preguntas está se se evita o uso da porcentaxe no ensino e uso das linguas

O documento asegura que "o departamento de Educación asume a responsabilidade sobre a legalidade dos proxectos lingüísticos que valida"


O Govern asume ante a xustiza a responsabilidade legal dos proxectos lingüísticos

30/05/2022 14:06

A Generalitat, a través dun decreto lei, protexe os directores dos colexios ante a sentenza do 25 % de castelán

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  CATALUÑA   CATALÁN

O PP critica o apoio dos socialistas á nova lei do catalán nas escolas

25/05/2022 14:57

Os populares cren que se trata dunha "fraude de lei" para esquivar a sentenza do Superior de Cataluña que obriga a impartir o 25 % das clases en castelán

O líder do PSC asegura que a nova lei permitirá "cumprir mellor" coa sentenza do TSXC


A esquerda catalá pacta unha lei que evita as porcentaxes de linguas en educación

24/05/2022 21:00

O pacto realizouse entre o PSC, ERC, JxCat e os comúns

A finalidade é protexer o catalán como lingua vehicular


A xustiza dá dez días ao Govern para implantar o 25 % de castelán nas aulas

21/01/2022 12:29

 O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña declara firme a sentenza que obriga a dispensar o 25 % da horas de clase en castelán nas escolas da comunidade autónoma


Os independentistas mobilízanse contra a orde do 25 % de castelán nas escolas catalás

18/12/2021 22:47

Na marcha participaron membros do Govern e do Parlament


A Generalitat incrementará as inspeccións para controlar as horas lectivas en catalán

16/12/2021 22:06

O presidente da Generalitat de Cataluña anunciou que incrementarán as inspeccións nas escolas
Publicidade
Publicidade