Publicador de contidos

Contido coa etiqueta furacán .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta furacán .

Furacán

Reuters

Máis de 3.000 vivendas danadas en Cuba tras o paso do furacán Rafael

08/11/2024 15:27

As provincias máis afectada son Artemisa e Mayabeque, no oeste da illa

Categorías:  Mundo   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  FURACÁN

O furacán Rafael provoca enormes danos e un novo apagón total na illa de Cuba

07/11/2024 08:12

O Instituto Meteorolóxico (INSMET) de Cuba mediu ventos de ata 185 quilómetros por hora e rexistrou intensas choivas de ata 200 milímetros

O primeiro ministro Manuel Marrero explicou ademais que o apagamento total que provocou no país este ciclón está aínda por avaliar


Reuters

Seis mortos pola tormenta tropical Óscar ao seu paso polo oriente de Cuba

22/10/2024 08:04

Os evacuados cóntanse por miles e están por avaliar os cuantiosos danos en infraestruturas públicas, vivendas e a agricultura, especialmente o café


Europapress/ Amy Beth Bennett

O presidente Biden asegura que o furacán Milton causou 50.000 millóns en danos

11/10/2024 21:25

Dezaseis persoas faleceron debido ao furacán e máis de dous millóns seguen sen electricidade

Categorías:  Mundo   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  OS EUA   FURACÁN

O furacán Milton deixa xa polo menos 16 mortos, tres millóns de usuarios sen luz e danos millonarios

10/10/2024 19:23

Seis dos falecementos debéronse a tornados ocorridos antes da súa chegada

Un millón de desprazados e tres millóns de fogares sen electricidade

O gobernador de Florida admite que non se deu o peor escenario

Categorías:  Mundo   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  OS EUA   FURACÁN

AFP

Dous mortos e máis de dous millóns de usuarios sen electricidade en Florida ao paso de Milton

10/10/2024 07:57

Unha das cidades máis golpeadas é San Petersburgo, no condado de Pinellas, onde a forza do vento esnaquizou parte do teito do estadio Tropicana Field

Categorías:  Mundo   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  OS EUA   FURACÁN

Milton toca terra en Florida como furacán de categoría 3

10/10/2024 03:48

Entrou pola costa oeste, preto da cidade de Sarasota, con vento máximo sostido de 205 km/h e baixou a categoría 2

Hai máis de dous millóns de clientes sen luz

Xa antes se rexistraran ata unha vintena de tornados e as autoridades informan de "múltiples mortos" causados por un deles

Categorías:  Sucesos

O furacán Milton obriga a evacuar 5,5 millóns de persoas en Florida

09/10/2024 14:26

É o furacán máis potente do último século

Toda Florida está en estado de emerxencia mentres o furacán sobe a categoría 5

O furacán tocará terra esta noite e agárdase vento de máis de 270 quilómetros por hora e que o nivel do mar suba entre tres e catro metros

Categorías:  Mundo   Sucesos

Furacán Milton (REUTERS / NASA)

Biden avisa de que Milton podería ser o peor furacán en golpear Florida en 100 anos

08/10/2024 18:11

O presidente dos Estados Unidos instou a poboación a evacuar canto antes

Espérase que o seu centro toque terra na noite do mércores


Corenta e catro persoas morreron no estado de Carolina do Norte, un dos máis afectados polo paso de Helene (Reuters)

O furacán Helene deixa máis de cen mortos nos EUA, a maioría en Carolina do Norte

30/09/2024 08:29

Preto de 600 persoas permanecen desaparecidas e un milleiro están aloxadas en refuxios

En México, son xa 22 os falecidos polo paso de John
 

Categorías:  Mundo   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  OS EUA   FURACÁN

O furacán Helene deixa máis de 40 mortos no sueste dos Estados Unidos

28/09/2024 19:46

Tocou terra na Florida o venres con ventos de máis de 200 quilómetros por hora e unha mareira cualificada como catastrófica


O furacán Helene causa estragos e deixa xa 26 vítimas mortais nos EUA

27/09/2024 08:53

Máis de catro millóns de persoas quedaron sen luz

En México, o ciclón John causa dez falecidos


Danos causados polo tifón na cidade de Miyazaki (Kyodo/Reuters)

O poderoso tifón Shanshan deixa polo menos 4 mortos e numerosos danos no Xapón

30/08/2024 08:35

As autoridades recomendaron a evacuación duns tres millóns de persoas a causa deste ciclón tropical, que está deixando estragos no suroeste do país e causando grandes alteracións no transporte


Ernesto pasou por Porto Rico como tormenta tropical (Reuters-Ricardo Arduengo)

O furacán Ernesto, de categoría 1, fortalécese rumbo ás Bermudas

15/08/2024 09:06

Ernesto podería converterse nun furacán de categoría maior este venres xusto antes da súa chegada ás Bermudas

Etiquetas:  FURACÁN

Vista aérea de zonas asolagadas en Florida (Reuters/Ricardo Arduengo)

Debby deixa nos EUA catro mortos, apagamentos, atraso de voos e ata cocaína aboiando

06/08/2024 08:29

É o segundo furacán da tempada no Atlántico que toca terra nos Estados Unidos


A tormenta tropical Beryl deixa catro mortos e case tres millóns de persoas sen luz en Texas

09/07/2024 13:36

Tras devastar o Caribe, Beryl chegou a Texas convertido en tormenta tropical

Categorías:  Mundo   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  OS EUA   FURACÁN

Árbore caída sobre un coche en Ganado, Texas (REUTERS/Daniel Becerril)

Beryl deixa dous mortos, un apagamento masivo e centos de voos cancelados nos EUA

08/07/2024 20:14

Ambas as dúas mortes aconteceron por mor de árbores que caeron sobre vivendas

Proseguirá o seu percorrido cara ao nordeste, pasando por Mississippi e Ohio, e unha das maiores preocupacións é a marusía provocada polo furacán


O furacán deixou sen luz 400.000 xamaicanos

Beryl ameaza a península do Iucatán tras causar nove mortos no Caribe

04/07/2024 14:44

O estado mexicano de Quintana Roo blíndase ante a inminente chegada do furacán

Beryl avanzará cara ao oeste do golfo de México xa como tormenta tropical

Etiquetas:  FURACÁN

Unha rúa tras o paso do furacán Beryl en Bridgetown, Barbados (REUTERS / Nigel R Browne).

Sete mortos no paso do furacán Beryl polo Caribe

02/07/2024 20:14

O balance provisional é de tres falecidos en Granada e Venezuela, onde tamén hai catro desaparecidos, un morto en San Vicente e outro nas Granadinas

A vicepresidenta venezolana e dous ministros resultaron feridos pola caída dunha árbore

Avanza cara ao oeste e pon en alerta ás Illas Caimán, Xamaica, República Dominicana e Haití


Sobe a 43 a cifra de falecidos polo impacto do furacán Otis en Acapulco

29/10/2023 20:26

Das 43 persoas, 33 son homes e dez mulleres, e traballan "na localización de máis persoas"

Toda Acapulco quedou sen electricidade ao derrubar o furacán 10.000 postes


México eleva a 39 o número de mortos polo impacto do furacán Otis en Acapulco

28/10/2023 21:00

Ao tocar terra intensificouse para converterse nun dos ciclóns máis potentes na historia do Pacífico


Danos do furacán Otis na cidade de Acapulco (FrancePress)

27 mortos e 4 desaparecidos en Acapulco polo furacán Otis

26/10/2023 16:35

Otis pasou de ser unha tormenta tropical a un furacán de categoría 5 en menos de 24 horas

As autoridades municipais, federais e estatais pidenlle á poboación que extremen as precaucións

Publicidade
Publicidade