Novas
Contido con Temática .
Política
Rusia anuncia manobras navais con armamento hipersónico preto das costas de Siria
03/12/2024 16:26
A Armada rusa incrementou a súa presenza no Mediterráneo Oriental, onde participan nos exercizos uns mil soldados e unha decena de buques de guerra equipados con mísiles Tsirkón, que teñen 1.000 quilómetros de alcance
A Asemblea Nacional surcoreana vota revogar a lei marcial decretada polo presidente
03/12/2024 16:05
Milleiros de persoas protestan en Corea do Sur pola declaración da lei marcial e a toma da Asemblea Nacional
O presidente Yoon Suk-yeol declarou a lei marcial ante actividades "pronorcoreanas" da oposición, á que acusa de "planear a rebelión" e que conta con maioría na Asemblea
O comando militar prohibe toda actividade política, ademais da convocatoria de protestas e manifestacións
O "teatro" dos gardas civís no despacho de Aldama en Madrid
03/12/2024 14:28
Un axente confirma que o comandante investigado, Rubén Villalba, lle pedía teléfonos de forma constante
Feijóo di que Sánchez mentiu máis ca Aldama
García-Page, único candidato para continuar á fronte da Secretaría Xeral de Castela-A Mancha
03/12/2024 13:02
Ocupa o cargo dende febreiro de 2012
É o líder socialista máis votado en toda España e goberna con maioría absoluta na comunidade autónoma
O Constitucional admite o primeiro recurso dunha autonomía contra a lei de amnistía
03/12/2024 12:47
O tribunal de garantías admitiu o recurso presentado polas Cortes de Aragón
O TC deberá resolver agora as impugnacións presentadas polos parlamentos de Murcia e Cantabria e por trece autonomías: doce gobernadas polo PP e unha polo PSOE
As mocións de censura contra Barnier, este mércores ás 16:00 horas
03/12/2024 12:37
Barnier conta co apoio duns 211 deputados -os macronistas, centristas e conservadores- fronte aos 193 da alianza de esquerdas e os 140 da extrema dereita. Unha cámara de 577 escanos
A caída do Executivo é case segura menos de tres meses despois do seu nomeamento como primeiro ministro
María José Gómez: "O 2024 foi o ano co menor número de incendios da década"
03/12/2024 12:27
Segundo explicou a titular de Medio Rural nunha comparecencia a petición propia, estes son “uns números históricos que aspiramos a seguir mellorando” porque “os resultados só serán bos cando o número de incendios sexa cero”
O Consello de Europa rebaixa o nivel de protección do lobo a petición da UE
03/12/2024 12:27
O lobo pasa de ser unha especie "estritamente protexida", cuxa caza estaba practicamente prohibida, ao estatuto de simple especie protexida, o que autoriza a captura de forma limitada
Von der Leyen ve un enfoque equilibrado para a vida rural rebaixar a protección do lobo
A Xunta cifra en máis de 3.300 animais mortos en Galicia este ano por ataques do lobo
O Supremo cita a declarar a Miguel Ángel Rodríguez na causa contra o fiscal xeral
03/12/2024 11:32
"Responderei coa miña verdade", di o xefe de Gabinete da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso
Na mesma dilixencia cítanse oito xornalistas de distintos medios de comunicación para que declaren en relación á filtración da investigación sobre a evasión fiscal da parella da presidenta da Comunidade de Madrid
A empresa de solo Sepes transformarase na nova empresa estatal de vivenda
03/12/2024 10:43
A ministra de Vivenda avanza que o novo instrumento incorporará tamén a Sareb e entregará as primeiras vivendas no prazo dun ano
03/12/2024 10:34
Substitúe no cargo a Francesc Vallès
Ascenden a 258 os detidos en Xeorxia polas protestas en contra do Goberno prorruso
03/12/2024 10:33
Déronse 34 detencións máis durante a quinta xornada de protesta
Os manifestantes protestan contra a decisión do Goberno xeorxiano de conxelar ata 2028 a adhesión á Unión Europea
Sen dispositivos antes dos 6 anos e sen móbil ata os 16 para protexer a infancia
03/12/2024 10:16
O Consello de Ministros aproba o informe dos expertos para unha contorna dixital segura
Hamas e Fatah pactan crear un comité independente que xestionará Gaza
03/12/2024 10:01
As dúas formacións palestinas chegaron a un acordo no Cairo para asumir a administración da faixa palestina cando finalice a guerra
A Xunta aprobará unha lei de meteoroloxía propia se o Goberno non traspasa estas competencias
03/12/2024 08:04
A conselleira de medio ambiente asegura: "Se empezan a dar voltas e a dicir que é inconstitucional, o que faremos é lexislar"
Ángeles Vázquez anuncia que a Xunta enviará ao Parlamento a lei do clima no terceiro trimestre de 2025 e aprobará a creación dun mercado voluntario de créditos de carbono antes da primavera
A Fiscalía pide que o Supremo investigue o eurodeputado Alvise por financiamento ilegal
02/12/2024 19:40
A Fiscalía Anticorrupción dá este paso en relación á suposta obtención de 100.000 euros dun empresario para a súa campaña electoral
A Audiencia Nacional investiga a Alvise por un posible financiamento ilegal de partidos
02/12/2024 19:35
A conselleira de Política Social dixo que traballan para que estea listo en 2025
Óscar López presentará a súa candidatura para liderar o PSOE de Madrid
02/12/2024 19:03
O ministro xa soara como adversario de Juan Lobato cando, antes de dimitir, se postulaba para revalidar o cargo do que dimitiu hai uns días
Israel bombardea localidades no sur do Líbano tras o lanzamento de dous proxectís de Hezbollah
02/12/2024 17:38
Avións de combate israelís efectuaron este luns "unha serie de ataques" contra as localidades libanesas de Yaroun, Maron al Ras e Hanin
Os proxectís do grupo xiíta impactaron en zonas despoboadas próximas á fronteira e non causaron vítimas, no que defenderon como unha "resposta defensiva de advertencia"
Le Pen apoiará a moción de censura da esquerda para tombar o Goberno de Barnier
02/12/2024 16:05
"Non podemos aceptar estes orzamentos profundamente inxustos porque fan pagar aos franceses a incompetencia de Macron", dixo a líder ultradereitista
O exnegociador da UE pode converterse no primeiro ministro máis breve de Francia tras a II Guerra Mundial
A empresa pública de vivenda anunciada por Sánchez non convence nin a socios nin a oposición
02/12/2024 14:53
Este luns reuniuse en Ferraz a nova executiva do PSOE saída do Congreso de Sevilla
Luz verde da Xunta ao plan director do naval e ás leis de IA e de medios
02/12/2024 14:50
"É un sector fundamental na nosa eonomía", salienta Alfonso Rueda sobre o naval, ao que se prevén investir 60 millóns de euros
Galicia, primeira comunidade en regular a Intelixencia Artificial para potenciala e facela "ética e segura"
A lei de medios públicos establece un prazo máximo de tres meses para iniciar no Parlamento o proceso de renovación dos órganos de dirección da CRTVG
O Supremo cita a declarar a Ábalos de forma voluntaria o 12 de decembro polo caso Koldo
02/12/2024 13:02
O Alto Tribunal cita como investigados a Koldo García e Víctor de Aldama os días 16 e 17 deste mes
02/12/2024 12:55
Así o confirman fontes xurídicas presentes na declaración do coronel, que engaden que tamén apuntou que cando condecorou en 2022 a De Aldama foi a proposta do comandante Rubén Villalba -investigado na causa-, e que el estivo de acordo
O Supremo avala que se colgue a bandeira LGTBI en edificios públicos no Orgullo
02/12/2024 12:43
O TS indica en dúas sentenzas que a bandeira "nin se colocou para substituír ou subordinar a ela as bandeiras e insignias oficiais nin é un signo ou símbolo de significación partidista e tampouco propugna ningún tipo de enfrontamento"
Rubén Cela deixa a dirección do BNG despois de 24 anos
02/12/2024 12:08
O que foi director de campaña do Bloque nas últimas eleccións autonómicas despídese dos seus compañeiros desexando "moitísima sorte e acerto á nova dirección"
Cela asegura que seguirá na formación frontista "como militante de base"
A nova Executiva do PSOE arranca con "ilusión" e "forza" para as eleccións de 2027
02/12/2024 12:03
A nova Executiva do PSOE foi aprobada este domingo polo 90 por cento dos votos do congreso federal
Apóstase pola continuidade con Montero e Cerdán á fronte do PSOE
Sánchez reivindica o seu "paso á fronte" e un Goberno limpo malia os ataques
Transportes di que o AVE Vigo-O Porto estará en 2030 se o Goberno portugués "acompaña"
02/12/2024 10:52
O Goberno mantén o seu "compromiso" con este proxecto pero insiste en que é preciso "coordinar as actuacións" co executivo luso para que a liña sexa unha realidade en 2030
Calvo advirte de que o AVE con Portugal podería atrasarse ata 2034
A ofensiva insurxente en Siria, un "impulso" para desafiar a Al-Assad e cambiar a guerra
02/12/2024 10:47
O avance liderado pola Organización para a Liberación do Levante (Tahrir al-Sham) logrou alcanzar a cidade de Alepo, a segunda do país, e controlar practicamente a totalidade da provincia de Idlib
Xuntanza semanal do Consello da Xunta de Galicia
02/12/2024 10:12
Podes seguir a conferencia de prensa posterior á reunión en G24.gal a partir das 12:30 horas
Calvo advirte de que o AVE con Portugal podería atrasarse ata 2034
02/12/2024 09:50
O conselleiro da Presidencia advirte no Bos días que se están atrasando os prazos para conectar Galicia e Portugal por alta velocidade
O mércores a Xunta reunirá en Vigo representantes "da sociedade civil" para demandar ao Goberno central que "tome en serio" a conexión co país veciño
Transportes di que o AVE Vigo-Porto estará en 2030 se o Goberno portugués "acompaña"
Cuarta noite de enfrontamentos violentos nas protestas proeuropeas en Tiflis, Xeorxia
02/12/2024 09:39
Os manifestantes protestan contra a decisión do Goberno xeorxiano de conxelar ata 2028 o inicio das negociacións de adhesión coa Unión Europea
O reconto confirma a vitoria das forzas europeístas nas lexislativas de Romanía
02/12/2024 08:29
O gobernante Partido Social Demócrata gañou este domingo as eleccións parlamentarias co 23,8 % dos votos
O presidente Biden indulta o seu fillo Hunter por consideralo vítima de ataques políticos
02/12/2024 08:14
O presidente Biden reiterara en varias ocasións que non utilizaría a prerrogativa do perdón presidencial para resolver os problemas legais do seu único fillo vivo, que tamén se declarou culpable de evasión fiscal nun tribunal federal de California
"Ese perdón outorgado por Joe a Hunter inclúe os reféns do 6X (6 de xaneiro), que estiveron en prisión durante anos? Que abuso e fracaso da Xustiza!", exclamou Trump, que prometeu perdoar os que asaltaron o Capitolio en defensa dunha vitoria electoral que non obtivo
Ana Pontón revalida liderado do BNG: "Toca traballar para gobernarmos nós a nosa terra"
01/12/2024 19:31
A voceira nacional recibiu o apoio do 84 % da militancia, fronte ao 12,35 % de Noa Presas e o 3, 51 % de Gustavo Barcia
O PPdeG sostén que sae "máis reforzado" da Intermunicipal do partido
01/12/2024 17:18
Feijóo anima a Sánchez a aguantar porque serán os españois os que o boten democraticamente
01/12/2024 14:13
O líder do PP clausura a Intermunicipal celebrada esta fin de semana en Valladolid
Asegura que el non é Pedro Sánchez e que nunca se comportará coma el
Sánchez reivindica o seu "paso á fronte" e un Goberno limpo malia os ataques
01/12/2024 14:05
No discurso de clausura do 41 Congreso Federal, chamou o PSOE a gañar de novo as eleccións no 2027
Sánchez anuncia a creación dunha empresa pública para construír vivenda
Aposta pola continuidade con Montero e Cerdán á fronte da nova executiva aprobada co 90 % dos apoios
Sánchez anuncia a creación dunha empresa pública para construír vivenda
01/12/2024 13:59
Pedro Sánchez fixo este anuncio na clausura do 41 Congreso Federal do PSOE, en Sevilla
O presidente do Goberno tamén dixo que impulsarán a redución de xornada nesta lexislatura