Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Mazaricos .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Mazaricos .

Mazaricos

Os lobos atacan un grupo de ponis no concello de Mazaricos

05/08/2024 14:36

Dos cinco animais que sufriron o ataque, un morreu e tres quedaron feridos

Etiquetas:  LOBO

Imaxe deste mércores de dous dos silos de Xunqueira, en Mazaricos, esgazados na noite do domingo

Esgazan as coberturas dos silos de alimento do gando de dúas gandeiras de Mazaricos

17/07/2024 14:00

Os silos quedaron destapados á mantenta para que a chuvia estragase a forraxe almacenada


Sospeitan que Pandolo puido despezar as vítimas na súa casa

09/04/2024 14:24

A Garda Civil rexistrou este luns a casa familiar do delincuente na procura de novas probas

José Manuel Martínez Quintáns, alcumado Pandolo, matou presuntamente a Antonio Tuñas e Javier Iglesias


Un lume devora o almacén de pensos da cooperativa agraria Clun en Mazaricos

19/03/2024 08:14

 A rápida intervención dos bombeiros, aseguran, foi crucial


O lobo mata cinco ovellas moi preto das casas de Cives, en Mazaricos

01/02/2024 13:23

Os animais pastaban nunha parcela próxima ás vivendas e que conta cun peche perimetral de dous metros de altura



O ADN confirma que os restos óseos atopados en Mazaricos son de dous desaparecidos

11/01/2024 10:28

A investigación da Garda Civil confirma que unha das dúas mortes se pode atribuír a un coñecido delincuente chamado José Manuel Martínez, máis coñecido como Pandolo, e avanza nas pescudas para poder acusalo do outro asasinato


A Garda Civil localiza novos restos humanos en Mazaricos

13/12/2023 10:19

Axentes da Benemérita atopáronos mesma zona en que hai poucas semanas se atopara o cranio de Antonio Tuñas

Este mércores á mañá recuperaron unha mandíbula, un fémur e unha prótese


Atopan en Mazaricos bolsas con restos humanos que pertencerían a outro desaparecido

30/11/2023 11:35

Á falta de confirmación coas probas de ADN, os restos localizados na zona non se corresponderían a Antonio Tuñas, o veciño cuxo cranio foi atopado hai unha semana


A familia de Antonio Tuñas confirma que o cranio tiña unha ferida dun obxecto punzante

29/11/2023 14:19

A Garda Civil ten un operativo de busca en Mazaricos, onde apareceu o cranio, para tentar localizar o resto do corpo


Atopan un cranio que corresponde a Antonio Tuñas, o veciño de Mazaricos que desaparecera hai case un ano

24/11/2023 09:25

Desde o primeiro momento descartouse que fora unha desaparición voluntaria

A investigación intenta vincular agora esta morte co perigoso delincuente Pandolo, veciño seu que estaba de permiso o día da desaparición


Inúndase un albergue en Mazaricos polo rebordamento do Xallas

14/11/2023 15:09

A uns sesenta centímetros chegou a auga ao albergue Ponte Olveira, situado á beira do Xallas


O Xallas ameaza granxas e asolaga un albergue ao desbordarse en Mazaricos

13/11/2023 20:59

A chuvia deixa 120 l/m² en Lousame e 110 en Santa Comba

Os refachos de vento chegan aos 114 km/h en Viveiro e máis de 90 en Cuntis e Vimianzo


Dispositivo de busca de Antonio Tuñas

Un perigoso delincuente podería estar detrás da desaparición dun veciño de Mazaricos

26/09/2023 12:41

A José Manuel Martínez Quintáns, alcumado Pandolo, tamén o vinculan con outra desaparición en Culleredo

Antonio Tuñas desapeceu en decembro e agora buscan algunha pista nas Paxareiras, en Carnota


Lugar por onde entraron os lobos ao interior da Gandería Barqueiro no lugar de Cives, na parroquia mazaricá de Colúns

Os lobos entran nunha explotación de Mazaricos e deixan cinco animais mortos

19/07/2023 14:02

O resto da cabana segue estresada e sen producir leite catro días despois do ataque


Doce concellos pendentes da súa constitución contan xa con novas corporacións

07/07/2023 12:35

Noia, Muros, Ribeira, Porto do Son, Outes, Mazaricos, Corcubión, Lousame, Boiro e Celanova celebraron plenos de investidura


A comarca do Xallas aposta pola enerxía fotovoltaica en varias explotacións gandeiras e fábricas

06/07/2023 22:03

Un exemplo do proceso de descarbonización que ao tempo gaña en independencia enerxética e en sustentabilidade da súa contorna

O aforro na factura enerxética é considerable, segundo explican os que xa contan con este tipo de instalacións


A praga do verme gris ameaza o millo

01/06/2023 14:01

Só en Mazaricos houbo que resementar cen hectáreas, pero pode estar en toda Galicia

A seca favoreceu a proliferación do verme, que mata a planta en cuestión de días

 

 


O Bloque Nacionalista Galego presenta as candidaturas da comarca Muros-Noia

29/01/2023 17:08

Segundo Ana Pontón, tentarán confirmar o que para a voceira nacional é un cambio de ciclo político


Continúa a busca do septuaxenario desaparecido en Mazaricos

22/12/2022 20:39

O seu coche foi localizado o sábado estacionado nunha rúa de Carballo


Buscan un veciño de Mazaricos de 72 anos desaparecido desde o xoves

18/12/2022 20:51

A Antonio Tuñas vírono saír co coche da súa casa. O sábado o vehículo apareceu abandonado no centro de Carballo.

Dúas testemuñas aseguran que o viron desorientado o mesmo día da súa desaparición nunha aldea de Zas e nunha cafetería de Carballo


Imaxe de Antonio Tuñas Vieites

Segue a busca do veciño de Mazaricos de 72 anos desaparecido hai tres días

18/12/2022 09:52

Localizaron o seu coche nas proximidades do tanatorio de Carballo


Ismael Ramos: "Síntome moi orgulloso da literatura da que formo parte"

08/10/2022 08:30

O gañador do Premio Nacional de Poesía Joven 2022 considera que o galardón axuda a visibilizar o galego

O xurado define a súa obra Lixeiro como un canto xeracional desde o desencanto reconciliado


Imaxe de arquivo do levantamento do cadáver do menor afogado no encoro da Fervenza

A familia do neno que faleceu no encoro de Mazaricos ve unha cadea de neglixencias

19/09/2022 13:32

A familia asegura que o neno non sabía nadar, non levaba chaleco salvavidas e que a actividade non estaba programada nin autorizada


O lume comezou nun alboio contruido de madeira e cheo de leña

O lume arrasa unha casa de Mazaricos e obriga a evacuar o veciño lindeiro

22/07/2022 09:50

O incendio comezou nun alpendre con leña no lugar de Eirón, parroquia de San Fins


Tres detidos polo homicidio imprudente dun home con discapacidade en Mazaricos

19/06/2022 11:57

Están acusados dun delito de homicidio imprudente e outro de omisión do deber de socorro

Estiveron bebendo canda a vítima e trasladárono xa moribundo a unha pista de terra, onde o atopou xa morto unha veciña


Tres membros dunha familia de Mazaricos, intoxicados por monóxido de carbono

05/04/2022 15:47

Os bombeiros achácano á mala combustión da cociña ou da estufa 

Viñeron pasar as vacacións desde Suíza 


A Garda Civil investiga a morte dun veciño e Mazaricos que apareceu nunha gabia

18/11/2021 14:45

Non se descarta que finase por causas naturais

Etiquetas:  GARDA CIVIL
Publicidade
Publicidade