Novas
Contido con Temática .
Empresa E Laboral
Unha empresa galega instalará o primeiro parque flotante de enerxía mareomotriz do mundo
14/01/2025 14:52
Renovables Magallanes gañou unha poxa enerxética no Reino Unido e instalará a súa tecnoloxía nas costas de Gales e de Escocia
Traballo convoca os axentes sociais para negociar a suba do SMI ata os 1.184 euros
14/01/2025 12:20
A oferta, que conta co aval do comité de expertos que asesora o Goberno, será presentada este mércores aos axentes sociais
Con este incremento, que tería efectos retroactivo desde o 1 de xaneiro, o salario mínimo subiría un 4,4 % respecto a 2024
O PP apoiará a última reforma das pensións a pesar de "non estar de acordo en como se fixo"
14/01/2025 11:09
A reforma mellora incentivos para demorar a idade de xubilación, facelos compatibles coa xubilación activa e recoñecemento de coeficientes redutores da idade de xubilación en actividades con elevados índices de penosidade, toxicidade, perigo ou insalubridade
Remata sen acordo a reunión entre Díaz e Cuerpo sobre a redución da xornada laboral
13/01/2025 21:29
Os dous ministerios trasladaron que a reunión deste luns foi "construtiva e cordial" e emprazáronse a seguir negociando sobre a tramitación
A CEOE replica a Díaz: faría falta unha xornada de 41,2 horas para alcanzar a produtividade da UE
12/01/2025 11:33
Unha redución imposta xerará desaxustes organizativos e un maior incremento dos custos laborais, resultando nunha diminución da produtividade, avisa a patronal
O persoal de Alcoa retoma as mobilizacións cunha concentración en Xove
11/01/2025 20:57
Reclaman unha maior implicación do Goberno central e da Xunta
O comité de empresa lamenta o atraso na convocatoria da mesa de seguimento
A Xunta convocará este mes axudas a empresas por máis de 170 millóns de euros
10/01/2025 15:38
Lorenzana destacou a posta en marcha, por primeira vez, dunha área específica de innovación empresarial no Igape
Os ministros de Sumar esixen a aprobación urxente da redución da xornada laboral
10/01/2025 15:05
Esta reivindicación chega tras días de desencontros entre Díaz e o ministro de Economía, Carlos Cuerpo
A redución da xornada laboral a 37,5 horas semanais foi acordada polo Goberno e os sindicatos o pasado 20 de decembro tras meses de negociacións
Declaran nulo un despedimento por WhatsApp dun traballador de baixa cando se atopaba en urxencias
10/01/2025 10:15
A sentenza obriga a empresa con sede en Santiago a readmitir o traballador e a aboar unha indemnización duns 7.500 euros por vulneración de dereitos fundamentais
DKV non se presenta ao concurso de Muface e Asisa queda como única posible candidata
09/01/2025 11:08
A aseguradora súmase a Adeslas, que xa rexeitara a segunda oferta do Goberno, alegando que o anterior concurso produciu perdas na aseguradora
Os expertos aconsellan unha suba do SMI para este ano de ata 50 euros
09/01/2025 09:04
De aplicarse a primeira opción, unha subida do 3,4 %, o SMI situaríase en 1.172,5 euros mensuais por catorce pagas, mentres que se se decide que o incremento sexa do 4,4 %, esta renda mínima roldaría os 1.184 euros
Rueda pídelle ao Goberno que "flexibilice" os fondos para os cursos de formación
08/01/2025 14:56
A Xunta destinará 7,5 millóns a mellorar a cualificación de 17.000 persoas
Díaz acusa a Economía de vetar o debate de redución da xornada no Consello de Ministros
08/01/2025 10:01
A responsable de Traballo confía, con todo, en que sairá adiante porque "é a medida máis importante do país" e di que tratará o tema co presidente do Goberno
O ministro de Economía, Carlos Cuerpo, di que "non é un asunto de trámite" e que hai que debatelo para que sexa aprobado "con todas as garantías"
25.000 cartas e 1.300 paquetes sen entregar pola folga nunha oficina coruñesa de Correos
03/01/2025 14:57
Os traballadores da rúa Entrecruces levan unha semana de folga para pedir máis personal
Os barrios afectados polos atrasos son O Ventorrillo, os Rosais, Labañou e Agra do Orzán
Díaz acusa a Cuerpo de "mala persoa" por poñerse "ao lado da patronal" na xornada laboral
03/01/2025 10:33
A vicepresidenta e ministra de Traballo insta o titular de Economía a respectar o acordo cos sindicatos e que sexa o comité de expertos o que fixe a suba do SMI
2024 pecha con 2,56 millóns de parados, a menor cifra en 17 anos
03/01/2025 08:41
O desemprego reduciuse en 146.738 persoas e o mercado laboral gañou 501.952 afiliados o ano pasado
O número de ocupados supera os 21,3 millóns de persoas
Galicia gañou 17.290 traballadores en 2024 e o paro baixou en máis de 10.600 persoas
Novidades das cotas de autónomos para 2025
02/01/2025 14:22
Os que ganen máis de 1.700 euros terán que pagar máis
Baixan só para os que ingresan menos de 900 euros
Carlos Cuerpo afirma que o SMI debe subir "na liña na que o está a facer o resto da economía"
02/01/2025 11:45
O ministro de Economía, Comercio e Empresa tamén declarou que a rebaixa da xornada laboral ata as 37,5 horas semanais é un compromiso "conxunto" e que buscan chegar "canto antes" a un acordo cos grupos parlamentarios
Luz verde á fábrica de chips fotónicos en Vigo
30/12/2024 16:32
Ocupará unha nave de 4.000 metros no Parque Tecnolóxico e suporá un investimento de 3,6 millóns de euros
A idade legal de xubilación sobe aos 66 anos e 8 meses en 2025
28/12/2024 12:30
Para xubilarse aos 65 anos haberá que ter cotizados 38 anos e tres meses ou máis
As mulleres xubiláronse de media aos 65,6 anos e os homes, aos 64,8 anos
Na xubilación anticipada, a idade media sobe a 64 anos se é voluntaria e baixa a 62,8 anos para a non voluntaria
Adeslas deixa Muface malia a suba do 33,5 % das primas anunciada polo Goberno
27/12/2024 14:38
Seguir na mutualidade suporíalle unhas perdas de 250 millóns de euros á empresa
As outras dúas aseguradoras, Asisa e DKV, aínda non comunicaron se acudirán ou non ao segundo concurso
Díaz critica a Garamendi por ver "ditatorial" a redución da xornada laboral
23/12/2024 16:10
Na súa opinión, "o que non se pode facer" desde o Ministerio de Traballo é vir "con modelos ditatoriais, populistas, a xogar partidos que pouco teñen que ver coa corresponsabilidade que se supón que deberían ter"
Conceden a incapacidade permanente total a unha traballadora diagnosticada con covid persistente
23/12/2024 11:40
O Xulgado do Social de Madrid recoñece que as patoloxías supoñen que deba estar asistida por outras persoas, o que a leva a non poder realizar o seu traballo habitual
O programa Merlo apoiou en 2024 cen proxectos empresariais liderados por retornados
20/12/2024 14:30
O programa asesóraos na creación dos seus proxectos de emprendemento e que, de paso, quere servir para asentar poboación en Galicia
20/12/2024 13:26
A actual establécese en 33 días por ano traballado
A decisión responde a unha crítica do Comité Europeo de Dereitos Sociais sobre o sistema actual de compensacións en España
Os convenios colectivos terán ata o 31 de decembro de 2025 para adaptarse ás 37,5 horas
20/12/2024 13:12
Os incumprimentos do tempo de traballo sancionaranse con ata 10.000 euros e o rexistro horario actual manterase durante 6 meses
Cabify amplía o seu servizo en Santiago, con preocupación no sector do taxi
20/12/2024 11:32
Reforza tamén o número de coches conectados á súa aplicación na Coruña, onde xa opera dende o 2018
Traballo asina cos sindicatos o acordo para reducir a xornada laboral a 37,5 horas
20/12/2024 09:16
"Escribimos unha nova páxina no libro das grandes conquistas laborais do noso país", di a ministra de Traballo e vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz
O secretario xeral de CCOO, Unai Sordo, di que o acordo senta as bases para o modelo de traballo do século XXI, no que o paradigma non debe ser "pagar pouco e traballar moito"
Pepe Álvarez, secretario xeral da UXT, di que as 37,5 horas son unha "parada" para chegar ás 32 horas semanais, a xornada semanal de 4 días
A reforma do tempo de traballo contemplará ademais o dereito á desconexión dixital dos traballadores e a mellora do rexistro horario
Os convenios colectivos terán ata o 31 de decembro de 2025 para adaptarse ás 37,5 horas
Goberno e sindicatos comezan a negociar en xaneiro a suba salarial para os empregados públicos
19/12/2024 19:04
Traballadores e Executivo falaron tamén do acordo para devolver aos empregados públicos a posibilidade de beneficiarse da xubilación parcial
Navantia acorda a compra do estaleiro británico Harland & Wolff, o construtor do Titanic
19/12/2024 10:51
A operación valorada en 85 millóns de euros permitirá o mantemento duns mil empregos e está vinculada a un contrato para a construción de tres buques para a Mariña Real británica
CCOO suspende a folga indefinida no transporte por autobús fixada para o 23 de decembro
19/12/2024 09:48
Este sindicato era o único que seguía adiante coa folga dos condutores de autobuses urbanos, interurbanos e do transporte discrecional, que xa fora convocada para os días 5 e 9 de decembro
O Goberno xa estabilizou máis de 320.000 interinos para cumprir co prometido a Bruxelas
18/12/2024 18:39
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea sentenciou que España tiña que converter en fixos interinos que encadeaban varios contratos temporais
O ministro Óscar López indicou que os sectores en que se estabilizou máis persoal foron o docente e o sanitario
O Goberno acorda con CCOO e UXT recuperar o dereito á xubilación parcial dos funcionarios
18/12/2024 13:59
O dereito fora eliminado en 2012 como parte do paquete de medidas de austeridade
O Supremo rexeita que os empregados estean obrigados a facilitar correos persoais
18/12/2024 10:03
A Audiencia Nacional deu a razón aos sindicatos e declarou contraria ao dereito a práctica patronal de requirir a poñer á disposición o correo electrónico persoal
17/12/2024 21:47
O informe anual revela que na actualidade hai 880 artigos e servizos que usan a marca Galicia Calidade, o cal supón seis veces máis que no 2010
Traballadores de Navantia rexeitan o preacordo de convenio ao que chegaran dirección e sindicatos
17/12/2024 17:34
O 56% dos case 4.000 traballadores que votaron en toda España rexeitou este preacordo
No caso dos estaleiros da ría de Ferrol, o si foi a opción máis votada en ambos, con 721 en Ferrol e 69 en Fene, mentres que o non logrou ata 628 papeletas no caso da antiga Bazán e 39 na antiga Astano
A empresa lamenta o rexeitamento e o comité de Ferrol avisa de "incerteza"
Ánxeles Vázquez, sobre Altri: "Aqueles que instan á manifestación deben deixar de manipular"
16/12/2024 09:45
A conselleira de Medio Ambiente asegura que a instalación da celulosa en Palas só se autorizará se cumpre con todas as garantías, e ata o de agora os informes están sendo favorables
Pontón advirte a Rueda que o PP “pagará moi cara” a defensa de Altri desde a Xunta
Besteiro reitera a súa "convicción" de que o proxecto non contará con axuda estatal
14/12/2024 14:36
Nos talleres dos concesionarios o maior problema e o que máis atrasa os tempos para as reparacións é a falta de man de obra cualificada.
Nos concesionarios teñen marcado no calendario este 2025 como o ano do cambio para comezar a renovación dun parque móbil con coches de ata vinte anos de antigüidade
Uns 13.000 galegos enfróntanse a oposicións para prazas públicas esta fin de semana
13/12/2024 11:37
Realizaranse no Recinto da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, en Silleda, e na Facultade de Dereito da USC
Galicia é a segunda industria de pedra natural de Europa e a sexta a nivel mundial
12/12/2024 14:38
Galicia é a segunda industria de pedra natural de Europa e a sexta a nivel mundial. Factura 900 millóns de euros e dá emprego a 10.000 profesionais
O granito e a lousa visten moitos edificios e rúas de todo o mundo