Publicador de contidos

Contido coa etiqueta fiscalía .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta fiscalía .

Fiscalía

Imaxe de arquivo de Andrés Cortabitarte e Francisco José Garzón na derradeira sesión do xuízo do Alvia (EFE / Xoán Rey)

A Fiscalía apela contra a sentenza do accidente de Angrois para evitar a condena do ex-xefe de Adif

18/11/2024 13:31

As vítimas din que esta decisión provoca "dor e frustración" e acusan a Fiscalía de "defender os intereses dos poderosos"

O volume das aclaracións solicitadas e a complexidade da causa obrigou a ampliar o prazo para o recurso

A pena é pola comisión de 79 delitos de homicidio e 143 de lesións por imprudencia grave


Arquivo (Europa Press/Francisco J. Olmo)

García Ortiz pide anular o rexistro do seu despacho por "desproporcionado"

14/11/2024 10:57

Está investigado por revelación de segredos polos correos da parella de Isabel Díaz Ayuso coa Fiscalía


Imaxe de arquivo de Ángel Ron, expresidente do Banco Popular (Europa Press)

Anticorrupción pide seis anos e medio de cárcere para Ángel Ron por falsear contas do Popular

04/11/2024 17:50

Ademais de para o expresidente da entidade bancaria, tamén se solicita a mesma pena para tres dos seus colaboradores

Acúsanos por ocultar aos investidores, entre outras irregularidades contables, o déficit de provisións existente tras unha ampliación de 2.505,5 millóns de euros no capital



Francisco J. Olmo / Europa Press

García Ortiz mantense firme en non dimitir ao considerar que ten o apoio da cúpula fiscal

17/10/2024 13:07

Non houbo unha votación como tal, pero as fontes consultadas falan dunha forte división entre os que pediron a súa marcha polo ben da institución e os que ven oportuna a súa continuidade

García Ortiz: "Sabendo o que fixen, o resultado da investigación do Supremo só pode ser un"


Arquivo Europa Press

Anticorrupción pide ao xuíz que inadmita a querela do PP contra o PSOE por financiamento ilegal

17/10/2024 10:56

Os populares denuncian unha presunta entrega de 90.000 euros na sede socialista de Ferraz


O fiscal xeral do Estado Álvaro García Ortiz (TVE)

García Ortiz: "Sabendo o que fixen, o resultado da investigación do Supremo só pode ser un"

17/10/2024 08:43

Nunha entrevista en La noche en 24 horas asumiu que fixo unha nota de prensa para desmentir un bulo e afirmou que a volvería facer, "aínda que non da mesma maneira"


A Fiscalía pide que o Supremo investigue a Ábalos polo caso Koldo

16/10/2024 14:08

Cconsidera que José Luis Ábalos puido incorrer en delitos de suborno, tráfico de influencias e organización criminal no marco dunha trama de posibles irregularidades na adxudicación pública de contratos de máscaras en plena pandemia


Imaxe de arquivo do fiscal xeral García Ortiz (Europa Press/Eduardo Parra)

Dous anos de García Ortiz como fiscal xeral: de suceder a Delgado a investigado polo Supremo

16/10/2024 13:42

García Ortiz é o primeiro xefe do Ministerio Público ao que o CXPX declarou "non idóneo"


José Luís Ábalos, deputado e exministro de Transporte e Mobilidade

O xuíz do caso Koldo consulta á Fiscalía se debe chamar a declarar a Ábalos como testemuña

15/10/2024 20:25

O Congreso certifica a condición de aforado do exministro


O fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz (Europa Press).

A Fiscalía non ve delito no fiscal xeral por informar sobre a presunta fraude fiscal do noivo de Ayuso

30/09/2024 12:14

A tenente fiscal do Tribunal Supremo pide arquivar as actuacións

No seu informe indica que "a nota de prensa emitida pola Fiscalía se limitaba a desmentir os infundios publicados" por tres medios de comunicación "así como polo xefe do Gabinete da presidenta da Comunidade de Madrid", no que cualificou como "unha campaña xornalística orquestrada para poñer en dúbida a actuación da Fiscalía"


Alvise Pérez, líder de Se Acabó la Fiesta (Europa Press/Eduardo Parra)

A Fiscalía do Supremo investigará a Alvise pola súa relación cunha estafa con criptomoedas

25/09/2024 12:44

A investigación busca saber se o líder de Se Acabó la Fiesta recibiu 100.000 euros para promocionar a plataforma de investimentos Madeira Invest, e que podería supoñer un delito de financiamento ilegal

Madeira Invest está a ser investigada pola Audiencia Nacional tras a denuncia de investidores atrapados nunha suposta estafa con criptomoedas


O fiscal xeral agarda "tranquilo" pola decisión do Supremo sobre a súa posible imputación

13/09/2024 14:46

Álvaro García Ortiz acudiu este venres á toma de posesión do novo fiscal xefe da área de Ferrol 


Ábalos anunciando a súa denuncia ante a Fiscalía o 24 de xullo (Matias Chiofalo / Europa Press)

A Fiscalía denuncia a revelación de segredos sufrida por Ábalos no caso Koldo

29/08/2024 19:10

O Xulgado de Instrución número 33 de Madrid debe decidir se abre dilixencias e inicia unha investigación


O fiscal xeral de Venezuela, Tarek William Saab, dixo que vai citar o candidato opositor

O candidato opositor venezolano terá que declarar ante a Fiscalía Xeral

24/08/2024 13:37

Edmundo González Urrutia pide unha auditoría internacional dos resultados electorais


Os equipos derescate traballan en Sicilia no lugar do afundimento do Bayesian

En Italia, o fiscal di que recuperar o veleiro de luxo afundido é fundamental para a investigación

24/08/2024 13:33

Xa se recuperaron os seis cadáveres dos desaparecidos no accidente, e agora as pescudas tratan de aclarar as responsabilidades no naufraxio

Os sete falecidos do iate quedaron atrapados nos seus camarotes


A Fiscalía recorre contra a decisión de Llarena e pídelle que amnistíe a Puigdemont: "É clara a vontade do lexislador"

05/07/2024 12:01

O ministerio fiscal di que a decisión do xuíz do TS non é axustada a Dereito e alega que o expresident non se enriqueceu persoalmente nin danou os intereses financeiros da UE

Reclama que se levante a orde de detención que pesa sobre Carles Puigdemont


A Fiscalía marroquí arquiva a investigación pola morte de 23 migrantes na fronteira de Melilla

24/06/2024 11:14

O ministerio público considera que non hai "indicios de delito" ao constatar que os axentes marroquís fixeron un "uso proporcional da forza" para conter os migrantes

O venres, a Fiscalía española arquivou tamén a investigación ao non ver delito por parte dos funcionarios españois que interviñeron na fronteira de Melilla


Imaxe de arquivo de Koldo García, á saída da Audiencia Nacional (EFE/Sergio Pérez)

A Fiscalía Anticorrupción oponse a que Fiscalía Europea quede co caso Koldo

21/06/2024 14:00

O ministerio público solicita que a Audiencia Nacional eleve o caso ao Supremo nunha cuestión de competencia para saber quen segue coa causa


O PP pide a dimisión do fiscal xeral do Estado, ao que se refire como "o ministro 23 do Goberno"

18/06/2024 20:15

A vicepresidenta primeira, María Jesús Montero, acusa os populares de ultraxar as institucións do Estado

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  XUSTIZA   FISCALÍA

Os principais acusados, Imanol Arias e Ana Duato. (Europa Press)

A Audiencia Nacional xulga os actores Imanol Arias e Ana Duato por fraude á Facenda

03/06/2024 18:22

A Fiscalía Anticorrupción e a Avogacía do Estado solicitan ao redor de 30 anos para os protagonistas de Cuéntame como pasó

O xuíz Moreno xa lles impuxera máis de 2 millóns de fianza solidaria


Villarejo nunha imaxe de arquivo. EUROPA PRESS/Gustavo Valiente

Anticorrupción pide que se abra xuízo oral contra o expresidente do BBVA

01/06/2024 20:06

Tamén contra a propia entidade e once persoas por suborno e revelación de segredos na suposta contratación de empresas vinculadas a Villarejo


O fiscal xeral do Estado non ve razón para dimitir aínda que o pedira o Senado

09/05/2024 16:52

García Ortiz  cre que é un erro que se someta ao control da cámara alta un actor que non é político



A cúpula fiscal desbota investigar as filtracións do caso da parella de Ayuso

24/04/2024 18:40

Por 19 votos a favor, 12 en contra e unha abstención, a cúpula do Ministerio Fiscal considerou que non debe prosperar a citada querela


O fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz (Arquivo EFE/Fernando Villar)

García Ortiz, en contra de que compareza o fiscal anticorrupción na comisión do caso Koldo

17/04/2024 10:39

O fiscal xeral do Estado pídelle á cámara baixa que reconsidere a decisión de chamar a declarar a Alejandro Luzón porque "podería perturbar" o traballo do Ministerio Público

A comisión Koldo do Congreso estudará a petición de García Ortiz


A Fiscalía colombiana levará a xuízo a Uribe por suborno de testemuñas e fraude procesual

09/04/2024 19:54

Segundo fontes da Fiscalía, a partir das evidencias físicas e elementos probatorios chegouse á conclusión de que había motivos para acusar o expresidente de Colombia

Categorías:  Mundo   Política

Boluarte non aclara a orixe dos reloxos de luxo e a fiscalía defende a súa actuación

31/03/2024 08:15

O Ministerio Público nega que o rexistro da vivenda da presidenta fose "ilexítimo e abusivo"

A mandataria asegura ser vítima dunha campaña de "acoso sistemático" por parte da prensa


O fiscal de violencia sobre a muller fai un chamamento a denunciar as agresións

21/03/2024 11:56

Fernando Martínez cre que é a mellor arma para loitar contra as agresións, que se incrementaron o ano pasado

 


Cristina Dexeus, presidenta da Asociación de Fiscais, nunha imaxe de arquivo (EP/Gustavo Valiente)

Cristina Dexeus: "A lei de amnistía suplanta e distorsiona a separación de poderes e a independencia xudicial"

14/03/2024 10:10

A presidenta da Asociación de Fiscais cre que hai posibilidades de que Europa a rexeite e cualifica de filigrana xurídica os últimos cambios na lei
 


Isabel Díaz Ayuso, este luns na catedral da Almudena durante os actos do aniversario do 11M (EFE/Javier Lizón)

A Fiscalía denuncia a parella de Ayuso por presunta fraude fiscal de 350.951 euros

12/03/2024 10:21

A investigación deriva dunha inspección da Axencia Tributaria en que se detectaron "uns gastos ficticios" xustificados con facturas supostamente falsas

Ayuso denuncia unha campaña contra ela e sinala a Moncloa: "Agora tocaba o noivo, isto é parte do que levo sufrindo hai cinco anos"

O Goberno pídelle á presidenta madrileña "máis transparencia e menos froita"


Carlo Ancelotti durante un partido do Real Madrid (EFE)

A Fiscalía pide 4 anos e 9 meses de cárcere para Ancelotti por suposta fraude a Facenda

06/03/2024 10:24

O Ministerio Público acúsao de omitir os seus rendementos por dereitos de imaxe durante dous exercicios fiscais


A Fiscalía abre dilixencias de investigación penal a Jácome pola denuncia dos seus excompañeiros

01/03/2024 12:33

Na demanda, presentada no decembro pasado, acusan o alcalde de Ourense de malversación ao compaxinar a súa actividade profesional co salario público


Juan Carlos Cueto (de gorra), á entrada da Audiencia Nacional (EFE)

O empresario do caso Koldo di que foi unha operación con pouca marxe de beneficio

28/02/2024 11:08

A Fiscalía pídelle ao xuíz que prohiba saír de España ao empresario Juan Carlos Cueto, "a persoa que controla" a sociedade investigada

Bruxelas investiga se hai fondos europeos no caso Koldo


A fiscala de Violencia contra a Muller informa de 58 vítimas mortais en 2023

16/02/2024 15:06

Teresa Peramato advirte da repunta dos feminicidios e a súa maior incidencia porcentual nas vilas máis pequenas 


As mofas aos gardas civís poñen de manifesto a sensación de impunidade dos narcos no Campo de Xibraltar

A Fiscalía investigará as persoas que animaban os narcos en Barbate

14/02/2024 14:29

Gardas civís piden revisar ordes internas para aclarar por que se usou unha lancha de submarinismo en Barbate

As familias claman xustiza e o Goberno mantén a confianza en Grande-Marlaska

O rei rende homenaxe aos gardas civís falecidos en Barbate


Álvaro García Ortiz, fiscal xeral do Estado, no acto de apertura do ano xudicial

O PP anuncia unha querela contra o fiscal xeral por prevaricación no nomeamento de Delgado

12/02/2024 09:57

Os populares aseguran que "a Fiscalía é nestes momentos un apéndice do Goberno"


Álvaro García Ortíz, fiscal xeral do Estado (EFE/Mariscal)

Unha asociación de fiscais recorre ao TS a elección do fiscal xeral pola a súa "parcialidade"

09/02/2024 10:43

"Mostrouse descaradamente parcial polo seu apoio ao Goberno, á vez que omitiu calquera obriga debida á Institución", asegura a Asociación Profesional e Independente de Fiscais (APIF)


O extesoureiro de CDC, Daniel Osàcar, nunha imaxe de arquivo

O fiscal pide revisar as contas de investigados no 3 % por doazóns a Convergència

06/02/2024 11:18

Investígase unha presunta operativa de lavado de cartos pola que exaltos cargos do partido doaban diñeiro á formación e despois o partido devolvíallelo en efectivo

Anticorrupción cuantifica que entre 2008 e 2015 as cantidades recibidas en concepto de doazón por CDC ascenderon a 1,6 millóns de euros


O Supremo rexeita o recurso de Delgado polo seu ascenso e lamenta o seu ton "irrespectuoso"

25/01/2024 11:04

O Alto Tribunal apreciaba na súa sentenza "desviación de poder" na proposta que fixera o fiscal xeral do Estado, García Ortiz

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 100 resultados.