Publicador de contidos

Contido coa etiqueta obituarios .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta obituarios .

Obituarios

Quincy Jones posa con Michael Jackson e os 8 premios Grammy conseguidos polo álbum 'Thriller' en 1984 (Academy of Achievement).

Morre aos 91 anos Quincy Jones, estrela da música e produtor de Michael Jackson, Frank Sinatra e Ray Charles

04/11/2024 10:01

Jones tamén impulsou a canción We are the World, en 1985, e foi un destacado músico de jazz

Categorías:  Mundo   Cultura   Música
Etiquetas:  OBITUARIOS

Benigno Moure en 2017, no acto de celebración do 25 aniversario da Fundación San Rosendo (Arquivo TVG).

Morre Benigno Moure, fundador e impulsor da Fundación San Rosendo, aos 92 anos

21/10/2024 10:34

O modelo de residencias San Rosendo, que fundou, contribuíu á transición desde o concepto de xeriátrico tradicional a residencias multiasistenciais

En 2011, Moure entrou en prisión logo de ser condenado por apropiación indebida do patrimonio dunha residente

Etiquetas:  OBITUARIOS

A presentadora nunha gala no ano 2014

Falece, aos 76 anos, a actriz e presentadora Mayra Gómez Kemp

13/10/2024 13:27

Hai uns días sufrira un accidente doméstico na casa polo que tivo que ser ingresada

Afastárase dos medios tras detectarlle no ano 2009 un cancro de lingua


Alejandro González Cruz, Alexandro, nacera en Ourense en 1945

Morre en Muxía o pintor ourensán Alexandro

08/10/2024 21:26

O pintor deixou Ourense hai máis dunha década e residía en Muxía, un lugar que influíu nos últimos anos da súa obra, con máis presenza de cores azuis e motivos mariñeiros


Arquivo Europa Press

O músico e actor Kris Kristofferson morre aos 88 anos

30/09/2024 08:59

O artista texano marcou un fito na música country e gañou un Globo de Ouro como mellor actor 


Imaxe de arquivo

Morre aos 89 anos a afamada actriz británica Maggie Smith

27/09/2024 16:33

Coñecida polos seus papeis nas películas de Harry Potter e a serie Downton Abbey, gañou dous Óscars durante a súa carreira

Categorías:  Mundo   Sociedade   Vida
Etiquetas:  OBITUARIOS

Arquivo / Álex Zea / Europa Press

Falece o exalcalde de Marbella, Julián Muñoz

24/09/2024 09:20

Exparella de Isabel Pantoja, o exrexedor foi condenado por corrupción no marco da operación Malaya

Muñoz padecía cancro e levaba varios días hospitalizado  


Falece Jimmy Giménez-Arnau aos 81 anos de idade

17/09/2024 18:40

O xornalista e escritor converteuse nun personaxe habitual da prensa do corazón

Categorías:  España   Sociedade
Etiquetas:  OBITUARIOS

Falece o expresidente peruano Alberto Fujimori aos 86 anos

12/09/2024 03:37

O Goberno peruano decreta tres días de dó nacional

A súa controvertida figura divide a sociedade peruana, xa que uns consideran que salvou o país do terrorismo e o colapso económico e outros subliñan que foi un autócrata que cometeu graves violacións dos derechos humanos


Falece o xornalista Xavier Navaza aos 76 anos

09/09/2024 11:37

Foi fundador de Teima, columnista de El Correo Gallego e puxo en marcha, con Luís Mariño, o programa cultural Etcétera na TVG

Categorías:  Galicia   Sociedade   Vida
Etiquetas:  OBITUARIOS

Morre aos 78 anos Javier Sánchez de Dios, analista político en Faro de Vigo

03/09/2024 20:05

O comentarista escribiu columnas nas páxinas dese diario durante máis de medio século. Pasou tamén pola CRTVG e foi director de Comunicación na Xunta

Categorías:  Galicia   Sociedade
Etiquetas:  OBITUARIOS

Falece Santiago Rey Fernández-Latorre, editor e presidente de La Voz de Galicia

28/08/2024 09:38

Durante máis de 60 anos traballara no grupo editorial, que dirixía desde 1988

A sociedade galega uniuse para darlle unha despedida no museo que leva o seu nome

Etiquetas:  OBITUARIOS

Falece aos 117 anos María Branyas, a persoa máis anciá do mundo

20/08/2024 12:38

A muller, que vivía desde hai dúas décadas nunha residencia en Olot (Xirona), nacera nos Estados Unidos en 1907


Jaime Botín falece en Santander aos 88 anos de idade

15/08/2024 15:55

Foi presidente do Bankinter ata 2002 e seguía sendo o máximo accionista da entidade

Etiquetas:  OBITUARIOS

O fotógrafo Magar, nunha entrevista en Televisión de Galicia en 2004.

Falece Magar, fotógrafo que deixa un dos maiores fondos de imaxes de Vigo

02/08/2024 10:59

Manuel García Castro, 'Magar', estivo ligado ao xornal Faro de Vigo desde os anos 60 ata a súa xubilación, no ano 2000


Morre o catedrático da USC Francisco Puy, membro da Comisión dos 16 do Estatuto

31/07/2024 19:11

Era pai de sete fillos, entre eles o deputado popular no Congreso Pedro Puy Fraga

Categorías:  Galicia   Sociedade   Vida
Etiquetas:  OBITUARIOS

Falece Sito Sedes, excantante de Los Satélites, aos 78 anos de idade

24/07/2024 17:40

Sedes foi tamén produtor na Televisión de Galicia

Categorías:  Galicia   Cultura   Música
Etiquetas:  OBITUARIOS

Retrato de Julia Uceda. FOTO: Concello de Sevilla

A escritora Julia Uceda, Premio Nacional de Poesía, falece en Ferrol aos 98 anos

21/07/2024 17:40

A poeta sevillana residía na parroquia de Serantes dende hai medio século


O actor galego Xabier Deive morre aos 54 anos de idade

18/07/2024 17:44

Para Televisión de Galicia traballou en numerosas series como 'O Faro. O reencontro', 'A lei de Santos', 'Néboa', 'Serra Moura', 'Matalobos' ou 'Mareas Vivas'

Etiquetas:  OBITUARIOS

Morre a escritora Rosa Regàs aos 90 anos

17/07/2024 21:49

Este 2024 publicou o seu último libro 'Un legado'

Categorías:  España   Cultura   Letras
Etiquetas:  OBITUARIOS

Fotografía de arquivo do 23 de febreiro de 2015 de Marta Ferrusola durante a Comisión de Investigación no Parlamento de Cataluña sobre a orixe da fortuna millonaria da familia Pujol-Ferrusola (EFE / Andreu Dalmau)

Falece aos 89 anos Marta Ferrusola, esposa do expresidente catalán Jordi Pujol

09/07/2024 08:41

En 2021, o xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz arquivou o denominado caso Pujol para Marta Ferrusola por mor do seu deteriorado estado de saúde

Categorías:  España   Política

Imaxe de arquivo

Morre Marta Ferrusola, a muller do expresidente da Generalitat Jordi Pujol

08/07/2024 22:40

Tiña 89 anos e a súa saúde deteriorárase moito nos últimos anos

Categorías:  España   Sociedade   Vida
Etiquetas:  OBITUARIOS

O Museo do Pobo acolle a capela ardente de Justo Beramendi

04/07/2024 14:29

O historiador morreu en Santiago aos 82 anos

Obtivo o Premio Nacional de Ensaio por De provincia a nación: Historia do galeguismo político


TVG2 emite este xoves, 4 de xullo, ás 23:10 unha edición do programa 'Galegos' dedicado a Justo Beramendi

Falece en Santiago o historiador Justo Beramendi aos 82 anos

03/07/2024 08:51

Era catedrático de Historia Contemporánea da USC e fundador e expresidente do Museo do Pobo Galego (2011-2022)


France-Presse

Morre aos 88 anos o escritor albanés Ismaíl Kadaré

01/07/2024 12:31

A súa obra, con máis de 40 títulos, está centrada na historia recente do seu país

Foi candidato ao Nobel e en 2009 obtivo o Premio Príncipe de Asturias das Letras

Categorías:  Mundo   Cultura   Letras

Falece a exministra socialista Cristina Alberdi

27/06/2024 19:08

Dirixiu a carteira de Asuntos Sociais co Goberno de Felipe González e foi vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  OBITUARIOS

Morre a actriz francesa Anouk Aimé, coñecida por 'La Dolce vita'

18/06/2024 12:17

A súa filla Manuela Papatakis anunciou na súa conta de Instagram que estaba xunto a ela "cando faleceu esta mañá, na súa casa en París"

A súa consagración chegou con Un homme et une femme, que lle valeu un Golden Globe e un nomeamento aos Óscar


Foto de arquivo de Alice Munro (George Waldman / Zuma Press vía Europa Press).

A escritora canadense Alice Munro, Nobel de Literatura en 2013, falece aos 92 anos

15/05/2024 10:01

A autora estaba considerada unha mestra do relato curto

O cineasta Pedro Almodóvar baseose no seu libro Runaway para o guión do filme Julieta


Falece Ignacio Bayón, exministro de Industria con Suárez e Calvo-Sotelo

04/05/2024 16:37

No 2015 o Padroado da Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD) nomeouno presidente da institución

Foi presidente de Citroën Hispania e no 1997 recolleu a Medalla de Ouro de Galicia concedida á empresa

Categorías:  España   Sociedade   Vida
Etiquetas:  OBITUARIOS   MADRID

(Europa Press)

Falece Victoria Prego, a xornalista de ascendencia galega que retratou a Transición

01/05/2024 11:08

Nacida en Madrid hai 75 anos, iniciara a súa carreira xornalística en RTVE en 1973

Ao longo de case 50 anos de profesión entrevistou importantes personaxes da vida política, económica, social e cultural de España e destacou como cronista do tránsito entre a ditadura e a democracia

Categorías:  España   Política

Paul Auster en Oviedo (Reuters/Eloy Alonso)

Morre aos 77 anos o escritor estadounidense Paul Auster

01/05/2024 08:04

"Pasei a vida establecendo conversación con xente que nunca vin, con persoas que xamais coñecerei, e así espero seguir ata o día en que exhale o meu último alento", afirmou ao recoller en 2006 o Premio Príncipe de Asturias

Categorías:  Mundo   Cultura   Letras

Imaxe de arquivo

Falece un soldado español en Polonia nun exercicio con fogo real

22/04/2024 18:58

O cabo, de 43 anos, pai de dúas fillas e natural de Ecuador, fora condecorado en dúas ocasións


Falece Manuel Gallego, alcalde do concello ourensán de Taboadela durante case 50 anos

19/04/2024 18:11

O Concello decretou dous días de loito oficial

Etiquetas:  OBITUARIOS

Morre aos 76 anos O. J. Simpson, o exxogador de fútbol americano

11/04/2024 18:36

Foi protagonista dun dos xuízos máis mediáticos nos Estados Unidos, cando foi acusado dos asasinatos da súa exmuller e de Ronald Goldman.

Categorías:  Mundo   Deportes
Etiquetas:  OBITUARIOS

O exlendakari José Antonio Ardanza durante unha entrevista en Radio Euskadi

Falece o exlehendakari José Antonio Ardanza

08/04/2024 16:10

O político do PNV presidiu o Goberno vasco entre 1985 e 1999

Categorías:  España   Política

O corpo do capitán da Peregrina queda no mar do Caribe

31/03/2024 09:06

Foi botado ao mar, a unhas 260 millas ao leste da illa francesa de Guadalupe

Faleceu dun infarto só tres xornadas antes de completar o Reto Astrolabio

Categorías:  Galicia   Sucesos
Etiquetas:  OBITUARIOS   VELA

Falece Javier Babé, o capitán do barco que participaba no 'Reto Astrolabio'

30/03/2024 09:39

A tres xornadas de chegar ao destino, sufriu unha insuficiencia cardíaca conxestiva

Dirixiu a primeira expedición á Antártida no 1982 e fixera máis de 40 travesías oceánicas

Categorías:  Galicia   Sucesos
Etiquetas:  OBITUARIOS

'A materia do tempo' (1994-2005), peza de Richard Serra, no Museo Guggenheim de Bilbao (Europa Press / Sergi Reboredo)

Morre aos 85 anos Richard Serra, o mestre das monumentais esculturas de aceiro

27/03/2024 10:14

De pai mallorquino e nai ucraína, Serra é considerado un dos escultores máis importantes da vangarda do século XX

As súas obras están presentes nos principais museos do mundo, como o Guggenheim de Bilbao e o Reina Sofía de Madrid


Silvia Tortosa chegando ao tanatorio La Paz para despedir a María Teresa Campos (José Ruiz / Europa Press)

Falece a actriz Silvia Tortosa aos 77 anos de idade

23/03/2024 13:00

Dende a Unión de Actores e Actrices destacan a súa longa traxectoria profesional

Etiquetas:  OBITUARIOS

Falece aos 68 anos a actriz galega Rosalía Dans

18/03/2024 21:17

Apartada da interpretación desde comezos dos anos noventa, dedicouse á pintura

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 194 resultados.