Enerxía e Consumo

Aumenta a demanda das pitahayas, mangos e plátanos machos nas froiterías

29/03/2025 14:18

A poboación migrante demanda produtos habituais nos seus países para as súas receitas tradicionais

A influencia das redes sociais leva os consumidores a pedir froitas exóticas para probar


O abaratamento da gasolina, un dos factores clave na baixada do IPC

O IPC baixa sete décimas en marzo, ata o 2,3 %, polo abaratamento de electricidade e gasolinas

28/03/2025 09:02

A inflación subxacente baixa dúas décimas, ata o 2 %

A abundante chuvia deste mes de marzo é un dos factores que contribuíu ao descenso dos prezos da enerxía


A iniciativa promovida por Lugo Monumental é unha forma de apostar polo pequeno comercio

Comerciantes locais xúntanse en Lugo para ofrecer descontos por cambio de temporada

27/03/2025 20:16

Quince establecementos participan nun mercado organizado pola Asociación Lugo Monumental que estará durante dous días nas Galerías Villamor para dar saída aos artigos de outono

Etiquetas:  COMERCIO   LUGO   LOCAL

A eólica mariña pídelle ao Goberno axilidade nos trámites para botar a andar os parques

27/03/2025 14:47

A Eurorexión Galicia-Norte de Portugal consolídanse como un dos polos máis potentes do mundo que aspira a crear máis de 10.000 empregos no sector


Arquivo/Europa Press

Consumo abre expediente sancionador a unha grande inmobiliaria por prácticas abusivas

27/03/2025 09:17

Facua denuncia que a axencia obriga os inquilinos a aboarlles o equivalente a un mes de renda máis o 21 % de IVE en concepto de "servizo de atención ao arrendatario"

Alquiler Seguro di que "cumpre coa norma ao pé de letra" desde hai 17 anos e apunta a un problema de interpretación


Os impulsores da mina de Doade agardan contar cunha declaración de impacto ambiental positiva a final de ano

27/03/2025 11:15

José Luis Corbacho, director de proxecto da Mina de Doade, di que a intención da empresa é "crear unha mesa de diálogo para resolver todas as dúbidas dos veciños, as comunidades de montes ou os concellos", xa que este momento, asegura, é o de "tomar decisións" 


O presidente estadounidense Donald Trump / Andrew Leyden / Europa Press

Trump anuncia aranceis do 25 % para os automóbiles fabricados fóra dos EUA

26/03/2025 22:32

Prevé que a medida aporte ás arcas estadounidenses unha cantidade entre os 600.000 millóns e o billón de dólares nos próximos dous anos

Lembrou que o 2 de abril está prevista unha batería de aranceis recíprocos destinada a países que teñan activados impostos aduaneiros sobre bens e servizos estadounidenses

Von der Leyen lamenta a medida e asegura que o bloque comunitario avaliará a resposta, e o primeiro ministro canadense critica o "ataque directo" aos traballadores do país
 


Stellantis estuda construir unha placa fotovoltaica na súa terminal de Bouzas, en Vigo

26/03/2025 16:07

Este proxecto sumaríase ás placas que xa ten na cuberta, coas que produce o 15 % da enerxía que precisa


Comprobar o tamaño da equipaxe de man é unha rutina en todos os aeroportos

A Fiscalía súmase á causa contra as aeroliñas por cobrar a maleta de man

26/03/2025 14:19

En novembro 5 aeroliñas de baixo custo foron multadas con 179 millóns de euros por cobrar a maleta de man

Etiquetas:  VIAXES   AEROLIÑA

Traballadores do proxecto de mina de Doade, en Beariz (Mina Doade vía EFE)

Galicia podería ser clave na independencia industrial da UE grazas aos seus recursos minerais

26/03/2025 12:01

O catedrático de Física de Partículas da USC e presidente do Foro Fieito, Luis Miguel Varela Cabo, asegura que "non é posible a transición enerxética sen materias primas críticas e non é posible a defensa. Entón temos que ver onde están e ver como explotalas"

"Esta explotación debe facerse en condicións medioambientalmente sostibles, en equilibrio coa poboación e doutros sectores estratéxicos do resto da economía, o cal é perfectamente posible", sostén Varela Cabo


Mina de Doade, no municipio ourensán de Beariz (EFE Mina de Doade)

A mina de litio de Doade, entre as elexidas por Bruxelas para impulsar materias primas na UE

25/03/2025 12:09

Cun investimento de 120 millóns de euros, xeraría 320 postos de traballo e procesaría 500.000 toneladas ao ano durante 42 anos, obtendo 93.000 toneladas de concentrado de litio

A UE fixa unha listaxe de 47 proxectos en todo o continente, 7 en España, cos que quere reducir a dependencia doutros países e reforzar a cadea de valor das materias primas europeas 

Unha explotación na mesma localización, no concello de Beariz, foi denegada en 2020, pero a empresa promotora, que solicitou en xaneiro o permiso para a súa explotación, sostén que é un proxecto "distinto"


O ministro de Economía Carlos Cuerpo, durante unha sesión de control ao Goberno no Senado (Alejandro Martínez Vélez / Europa Press)

O PIB creceu un 3,2 % en 2024, cinco décimas máis que en 2023, impulsado polo consumo e o investimento

26/03/2025 09:36

A economía española creceu un 3,4 % interanual no cuarto trimestre e un 0,8 % entre outubro e decembro de 2024

España mantén un crecemento equilibrado, sostible e robusto, capaz de seguir xerando emprego de calidade e mellorando o poder adquisitivo das familias, o cal é especialmente relevante no contexto de incerteza internacional, segundo o ministro de Economía


A lei obrigará a que os novos dispositivos dixitais leven pin parental por defecto

25/03/2025 13:43

O Código Penal castigará o uso da IA para crear imaxes sexuais ou vexatorias

Este control parental que virá de fábrica será gratuíto e fácil de manexar e incluirá unha etiquetaxe que explique os perigos e riscos potenciais dun uso inadecuado destes produtos e os seus efectos para o desenvolvemento físico, mental e moral dos menores


Os contadores de auga con máis de 12 anos deberán cambiarse antes de outubro

24/03/2025 20:52

Enténdese que a partir de esa antigüidade o funcionamento das pezas pode dar problemas, por iso hai que cambialos por outros modelos que permitan unha xestión máis eficiente 


O presidente Donald Trump/Andrew Leyden/Europa Press

Trump impón aranceis do 25 % aos países que compren petróleo e gas de Venezuela

24/03/2025 23:05

O presidente estadounidense anuncia aranceis do 25 % en resposta ao envío intencionado e fraudulento de decenas de miles de criminais de alto nivel e outros delincuentes a Estados Unidos

Venezuela afirma que esta medida viola flagrantemente as normas do comercio internacional e é arbitraria, ilegal e desesperada


Pontevedra, a aposta por unha cidade que busca o turismo cultural e deportivo

22/03/2025 22:11

Desde o Concello priorizan a desestacionalización do turismo con eventos programados ao longo do ano

As actividades deportivas e culturais atraen o turismo familiar e de xente nova 


Nesta enquisa participaron 2.700 persoas de tres países

Máis da metade dos pais e nais en España considera que os seus fillos xestionan mal os seus cartos

13/03/2025 20:08

Nove de cada dez proxenitores consideran que eles mesmos son un bo modelo financeiro para os seus fillos


Preparan nun restaurante un envase para levar o sobrante dun menú

Empresas produtoras, distribuidoras e hostalería, obrigadas a cumprir a lei contra os desperdicios alimentarios

23/03/2025 19:49

Bares e restaurantes deben ofrecer aos clientes a posibilidade de levar o que non consuman nos locais

España produce 1.300 millóns de toneladas anuais de refugallos orgánicos, o 40 por cento provén dos fogares


Cando volves ao interior de Pontevedra?

23/03/2025 14:55

A campaña de turismo da Deputación de Pontevedra foi premiada no Festival de Cine de Turismo do Xapón

Busca desestacionalizar o turismo no interior da provincia

 


Aviso de límites no pagamento con tarxeta nun comercio de Vigo

Parte do pequeno comercio impón límites ao cobro con tarxeta polas altas comisións

22/03/2025 20:41

En moitos casos só se permite o pago electrónico a partir dos cinco euros e noutros xa só se acepta o efectivo

Publicidade
Publicidade