Publicador de contidos

Contido coa etiqueta carles puigdemont .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta carles puigdemont .

Carles Puigdemont

Carles Puigdemont, en Barcelona antes de fuxir de novo (EFE)

Turull, sobre a fuxida de Puigdemont: "Estivo en Barcelona ata as oito da tarde"

02/09/2024 11:23

O secretario xeral de JxCat explicou que estivo en dous pisos da cidade ata que desistiu da súa intención de asistir á sesión de investidura do Parlament

 

O BOE publica a xubilación forzosa do xuíz Manuel García-Castellón


Os Mossos suspenden dous dos tres axentes detidos por axudar a fuxir a Puigdemont

26/08/2024 11:33

Os dous mossos foron suspendidos de forma cautelar mentres prosegue a investigación xudicial aberta tras o seu arresto

O maior Josep Lluís Trapero será o director xeral dos Mossos d'Esquadra


Operación gaiola dos Mossos d'Esquadra para atopar o expresidente Carles Puigdemont

Os Mossos confundiron o coche en que fuxiu Puigdemont

22/08/2024 10:41

No informe enviado ao Supremo recoñecen "erros no dispositivo" para deter a Puigdemont e confirman a axuda de Turull na fuga e as trabas do Parlament aos Mossos

A Policía Autonómica catalá admite que non contemplaran como "unha posibilidade" que o expresidente fuxise e que houbo un "engano orquestrado" por parte de Puigdemont e da súa contorna


Puigdemont denuncia a Llarena polo "atraso inxustificado" para resolver o recurso sobre a amnistía

19/08/2024 12:06

O avogado Gonzalo Boye reprocha ao xuíz a súa "pasividade intencional" e considera que "incorreu nunha infracción disciplinaria" por excederse "amplamente" e "incumprindo reiteradamente" o prazo legal previsto na lei


Puigdemont: "Non me fixo falla agocharme nun maleteiro"

16/08/2024 14:15

O expresidente explica nun artigo en Político que saíu de España sentado na parte de atrás dun coche particular


Óscar Puente enmarca as súas críticas ao Supremo dentro da liberdade de expresión

Puente insiste nas críticas ao Supremo por non aplicar a amnistía: "Non podemos quedar calados"

14/08/2024 14:15

O PP sostén que Pedro Sánchez permitiu a fuga de Puigdemont

Salvador Illa pide deixar os Mossos fóra da confrontación política 


Carles Puigdemont, o xoves pasado á súa chegada a Barcelona (EFE)

Interior responde a Llarena: os Mossos non requiriron apoio para deter a Puigdemont

13/08/2024 12:08

O departamento que dirixe Fernando Grande-Marlaska alude á "competencia e capacidades operativas" dos Mossos para non despregar "operativos paralelos"

Interior asegura que o arresto do expresidente catalán "foi, é e será, ata o seu cumprimento, un obxectivo operativo para todas as unidades e servizos policiais do Ministerio"


Puigdemont no seu despacho en Waterloo durante a entrevista con TV3

Puigdemont desde Waterloo: "Temos capacidade para entrar e para saír, para desafiar un Estado represor"

11/08/2024 10:04

O expresidente catalán afirma que coa súa fuxida evitou unha detención segura: "Nunca quixen entregarme"

"Eu quero facer política en condicións de normalidade", di Puigdemont desde o seu exilio, e reclama que se aplique a lei de amnistía


Captura do vídeo da conta de X de Carles Puigdemont

Puigdemont xustifica nun vídeo a súa volta a Waterloo e avisa: "O 'procés' non rematou"

10/08/2024 15:57

Asegura que o seu obxectivo era acceder ao Parlamento o xoves para votar na investidura

Advirte que "o procés só rematará coa independencia" nunha gravación en que di estar en Waterloo

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  CARLES PUIGDEMONT

Carles Puigdemont, este xoves á súa chegada a Barcelona (EFE/ Quique Garcia)

Feijóo esixe "o cesamento fulminante" de Grande-Marlaska e Robles

09/08/2024 11:01

O líder do PP pide a comparecencia de Sánchez "pola neglixencia do operativo policial e do CNI" no operativo para deter a Puigdemont


Imma Viudes: "A imaxe dos Mossos d'Esquadra queda moi debilitada"

09/08/2024 09:29

O sindicato SAP-FEPOL considera que se improvisou no dispostivo situado arredor da Generalitat


Os Mossos seguen buscando a Puigdemont malia que a súa contorna o sitúa en Waterloo

09/08/2024 08:59

O Mossos defeden que estaba todo listo para realizar a súa detención e o conselleiro de Interior critica a actitude de Puigdemont polo seu "comportamento impropio"

O xuíz do Supremo Pablo LLarena pide explicacións aos Mossos e a Interior sobre a fuxida do expresidente catalán

O ministro de Xustiza, Félix Bolaños, sinala que toda a responsabilidade do operativo policial era dos Mossos d'Esquadra

Feijóo esixe "o cesamento fulminante" de Grande-Marlaska e Robles


Puigdemont protagoniza unha nova fuxida sete anos despois

08/08/2024 14:26

Carles Puigdemont fuxía por primeira vez de España en outubro de 2017. Sete anos despois, tras un

(EFE/Alberto Estévez)

Puigdemont regresa a Cataluña, dá un mitin en Barcelona, e volve fuxir sen que o deteñan

08/08/2024 08:07

expresident participou en Barcelona nun acto de benvida sen ser detido, e aínda que anunciara a súa intención de asistir ao pleno de investidura de Salvador Illa, finalmente non acudiu

A policía autonómica, que nega ter un acordo con Puigdemont, detivo un axente dos propios Mossos acusado de axudar a fuxir o expredidente da Generalitat

Os Mossos reactivan os controis para atopar a Puigdemont e negan calquera acordo para non detelo


O expresidente da Generalitat de Cataluña, Carles Puigdemont (Glòria Sánchez-Europa Press)

Puigdemont anuncia o seu regreso a España

07/08/2024 10:47

JxCat xa convocou un acto de recibimento en Barcelona para este xoves ás nove da mañá, unha hora antes do inicio do pleno de investidura de Salvador Illa

Os Mossos blindarán o Parlament, nun dispositivo semellante a outras investiduras, pero están obrigados a detelo


Josep Rull e Salvador Illa durante a rolda de consultas deste martes (EFE/Quique García)

Illa, proposto candidato á presidencia de Cataluña; o debate de investidura será este xoves

06/08/2024 13:51

O presidente del Parlament, Josep Rull, convoca para mañá a Deputación Permanente, que debe confirmar a data do pleno

JxCat pedirá a suspensión do pleno de investidura se Puigdemont é detido


JxCat pedirá a suspensión do pleno de investidura se Puigdemont é detido

06/08/2024 10:33

Deu a entender que Puigdemont volverá a Cataluña nos próximos días de incógnito, sen especificar "hora e lugar"

Se ademais hai unha detención de Puigdemont e "o PSOE mira cara a outro lado", advertiu Turull, o acordo que asinou Junts cos socialistas "deberá reformularse"

As xuventudes de Esquerra avalan investir a Illa e asegúranlle a maioría para ser president


Marta Rovira, durante unha conferencia de prensa de ERC (Kike Rincón-Europa Press)

ERC ve unha "ofensa" que Puigdemont os culpe da súa posible detención

05/08/2024 12:45

Reclaman respecto pola súa militancia e insta o expresidente da Generalitat a pedir desculpas


O presidente do Parlament pospón a rolda de consultas para a investidura de Illa

04/08/2024 19:19

Faise a pedimento de Esquerra para que as xuventudes dos republicanos decidan o voto dunha deputada da rama xuvenil

A chegada de Puigdemunt a Cataluña segue rodeada de incertezas debido ao cambio na axenda da investidura

Os CDR e a ANC desconvocan as mobilizacións previstas para este luns


Salvador Illa pretende acelerar a investidura, que podería demorarse se deteñen a Puigdemont

04/08/2024 14:26

O líder do PSC quere que o debate e a propia investidura como presidente da Generalitat se materialicen a semana vindeira

Esquerra e os comúns estarían dispostos a adiar eses prazos se Puigdemont perde a liberdade

 


O expresident Carles Puigdemont nun acto o 27 de xullo

Puigdemont anuncia un inminente regreso a España e dá por feito que vai ser detido: "Sei o que debo facer"

03/08/2024 13:26

O expresident catalán mantén que, sete anos despois de marchar de España para evitar ser xulgado, vai regresar a Barcelona para o debate de investidura de Illa

Acusa a Esquerra de facer posible a súa detención "en poucos días" por pactar co PSC

 


Puigdemont amósase disposto a regresar a Cataluña para o pleno de investidura

27/07/2024 20:40

O líder de Junts di que volverá "pase o que pase" e asegura que se o deteñen, sería "un golpe de Estado"


O Supremo arquiva a investigación contra Puigdemont por terrorismo

09/07/2024 13:41

A maxistrada Susana Polo cre que a Audiencia Nacional "non levou a efecto ningunha investigación da causa determinante da participación dos investigados nos feitos que se lle imputan"

O Goberno cre que a lei de Amnistía enceta camiño e Marta Rovira prevé regresar a Cataluña este sábado

O xuíz que investiga a inxerencia rusa rexeita amnistiar a Puigdemont e manda o caso ao Supremo

A Audiencia Nacional estuda preguntarlle a xustiza europea pola amnistía dos CDR polas dúbidas sobre a lei



Puigdemont querélase contra o xuíz Aguirre por presunta prevaricación e malversación

02/07/2024 11:58

O expresident da Generalitat considera "arbitraria, estrafalaria e inxusta" a apertura dunha peza separada sobre a suposta trama rusa do procés


Puigdemont nunha conferencia de prensa que deu en Argelès-sur-Mer (Europa Press/Glòria Sánchez)

O Supremo non aplica a amnistía a Puigdemont: mantén a malversación e a orde de arresto

01/07/2024 12:54

A Sala do Penal tampouco aplica a amnistía aos líderes independentistas condenados a penas de inhabilitación polo procés, entre eles, o exvicepresidente Oriol Junqueras

Pugdemont cualifica o Supremo como "A Toga Nostra"nunha alusión velada á mafia siciliana

A Xunta pide un ditame ao Consello Consultivo previo ao recurso contra a lei de amnistía



Puigdemont nunha conferencia de prensa que deu en Argelès-sur-Mer (Europa Press/Glòria Sánchez)

A Avogacía do Estado pide o "inmediato alzamento" da orde de detención a Puigdemont

21/06/2024 10:20

Os servizos xurídicos públicos piden que o Tribunal Supremo aplique a lei de amnistía á malversación e a desobediencia que se lles atribúe aos líderes do procés


O regreso de Puigdemont a España está condicionado pola decisión do Tribunal Supremo

Llarena estuda se lle levanta a Puigdemont a orde de detención pola lei de amnistía

20/06/2024 14:05

A Fiscalía di que cabe aplicar a amnistía tanto na causa do procés coma no caso Tsunami Democràtic 


A Fiscalía pide ao Supremo amnistiar o 'procés' e retirar a orde de arresto a Puigdemont

19/06/2024 13:50

O ministerio público solicita que declare amnistiados todos os delitos que se lle atribúen aos líderes independentistas implicados no procés

A Fiscalía solicita a amnistía para 50 policías investigados pola súa actuación o 1-O


Vista xeral do pleno de constitución da XV lexislatura do 'Parlament' de Cataluña, o 10 de xuño de 2024, en Barcelona (Kike Rincón / Europa Press).

O Constitucional revisará o acordo do 'Parlament' que admitiu o voto delegado de Puigdemont e Puig

18/06/2024 12:06

O recurso, presentado polo grupo do PP no Parlament, diríxese contra o acordo polo que foron elixidos os membros da Mesa e se declarou constituída a cámara catalá



Imaxe de arquivo de Carles Puigdemont

A Audiencia de Barcelona frea a investigación sobre a conexión de Rusia e o 'procés'

04/06/2024 18:24

O maxistrado non poderá seguir investigando a suposta busca de apoios en Moscova que apuntaba a Puigdemont por un delito de alta traizón

O tribunal considera que Aguirre tivo tempo suficiente para o estudo da causa

Descártase apartar do caso Volhov o xuíz Joaquín Aguirre, como pedira o avogado do expresidente catalán



Nuñez Feijóo, en Cieza, Murcia

Feijóo pide o voto masivo porque España non pode ser refén de Sánchez e Puigdemont

18/05/2024 14:18

O líder do PP participa nun acto de precampaña en Cieza, Murcia

Advirte de que España, e o sector primario, teñen moito en xogo nas eleccións europeas



Salvador Illa envioulle unha carta á militancia na que avoga por abrir unha nova etapa en Cataluña

Illa defende unha Cataluña sen "bloques nin bandos" e priorizará un goberno en solitario

15/05/2024 13:59

O PSC quere a presidencia do Parlament, pero admite que nas negociacións "hai que ceder"

O exdeputado de ERC, Joan Tardá, pídelle á dirección dos republicanos que permita a investidura de Salvador Illa

Os socialistas xa comezaron a rolda de contactos e plántanse con Puigdemont: "Non imos facilitar a súa investidura nin moito menos"


Puigdemont compárase con Sánchez e defende a lexitimidade de presentarse á investidura

14/05/2024 18:15

O PSOE nega o apoio a un goberno independentista 

Núñez Feijóo aposta a que Sánchez permitirá que Puigdemont goberne Cataluña despois das eleccións europeas


Os socialistas cataláns xa constituiron a comisión que se encargará de negociar o futuro goberno

Puigdemont compárase con Pedro Sánchez e reivindica a súa lexitimidade para ser 'president'

14/05/2024 14:14

O PSC insiste en que lle corresponde gobernar e asegura que a decisión se tomará en Cataluña

Feijóo vaticina que Sánchez permitirá a investidura de Puigdemont por qué "necesita o procés para seguir na Moncloa"


Puigdemont este luns durante a conferencia de prensa que deu en Argelès-sur-Mer (Europa Press/Glòria Sánchez)

Puigdemont anuncia que se presentará á investidura para liderar un Govern nacionalista

13/05/2024 11:24

O candidato de Junts asegura que se ve con opcións de lograr os apoios suficientes nunha segunda volta

Alejandro Fernández aclara que o PPC non apoiará a investidura de Illa

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 134 resultados.