Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Santiago .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Santiago .

Santiago

A veciñanza ten que recorrer á auga embotellada para o consumo humano

Tres días xa sen poder consumir a auga da traída municipal en Outes

17/10/2024 21:27

A prohibición afecta 4.000 veciñas e veciños

A auga das traídas particulares si que se pode consumir


As fendas obrigan a pechar temporalmente a biblioteca da Facultade de Historia de Santiago

17/10/2024 14:44

O teito da sala de lectura podería colapsar polo traslado dos libros de piso superior

O decano pide unha reforma integral do edificio: "Por dentro está podre"


O ano pasado diagnosticáronse en España 35.000 casos de cancro de mama

17/10/2024 12:30

O de mama é o tumor máis frecuente nas mulleres en todo o mundo, pero a supervivencia é alta, supera o 80 por cento

 


Aos 100.000 habitantes censados en Santiago, durante o curso súmanse 21.000 estudantes universitarios

Por que os universitarios elixen Santiago?

17/10/2024 11:22

Por motivos académicos, pero tamén por outras razóns que argumentan os alumnos: é cómoda, ten unha ampla oferta cultural e de lecer e moito ambiente universitario

O alugueiro de vivendas a estudantes é un nicho de mercado importante para o negocio inmobiliario


O alcalde de Noia perde a cuestión de confianza e ábrese o prazo para unha posible moción de censura

15/10/2024 18:47

O alcalde di que "non dan os números" para unha moción de censura

Categorías:  Galicia   Noia   Política

Lois Ladra, novo director do Museo do Pobo Galego

Lois Ladra: "O Museo do Pobo ten que escoitar o que demanda o país"

15/10/2024 18:41

O antropólogo e arqueólogo coruñés estréase como director do Museo do Pobo Galego

Ladra reclama máis recursos humanos e económicos para seguir adaptando o Museo ao século XXI

A entidade, impulsada pola sociedade civil, fará 50 anos en 2027


O Concello de Outes prohibe o consumo de auga potable tras varios casos de gastroenterite

15/10/2024 13:13

A limitación afecta a poboación conectada á traída municipal, unhas 4.000 persoas


Noia pechou con satisfacción a primeira poxa desta agardada campaña de marisqueo

14/10/2024 21:31

Apañaron sobre todo berberecho de terceira e cuarta categoría, que chegou a uns prezos de sete e cinco euros o quilo

O berberecho de primeira, moi escaso, superou os 30 euros o quilo

Categorías:  Galicia   Noia   Economía   Mar
Etiquetas:  MARISQUEO

Comeza a atender pacientes en Lalín o segundo Centro Integral de Saúde que se abre en Galicia

14/10/2024 14:33

Ten unha planta completa dedicada a atención por especialistas hospitalarios que se desprazan desde Santiago dous días á semana

Etiquetas:  SANIDADE

Un dron sobrevoa sen permiso a Catedral de Santiago

14/10/2024 14:16

O persoal de seguridade avisou a Policía Nacional, pero non deron localizado o operador

A normativa esixe notificar o uso de drons en espazos urbanos, cunha marxe de cinco días


Noia 0-0 Boiro

13/10/2024 19:22

Gran ambiente no derbi de Barraña, no que Álex Rey fallou un penalti para o equipo do Boiro


Un camiño dos valores como modelo para menores vulnerables

13/10/2024 15:08

Uns 250 participantes chegaron a Santiago para cumprir a súa particular ruta de coñecemento

Vicente del Bosque e Irene Villa apadriñaron a andaina


Un usuario de Domus Vi interactua con DiGi

GiDi, un novo robot con selo galego para o seguimento de doentes no domicilio

13/10/2024 14:33

Este asistente virtual, que conversa en varios idiomas, é capaz de interactuar coas persoas usuarias utilizando só a voz

A empresa Balidea, con sede en Compostela, lidera o proxecto, no que colaborou a Universidade de Vigo


Malas perspectivas no inicio da campaña de marisqueo na ría de Noia

13/10/2024 13:48

Antes do último temporal, a maior parte do marisco non daba a medida comercial

O patrón maior pide un protocolo para que a presa do Tambre non desaugue coa marea baixa


A autopsia da muller atopada morta no seu piso en Santiago apunta a un accidente

12/10/2024 18:55

Foi localizada por un familiar no seu piso das Cancelas despois de non ter noticias dela durante horas


Valentín García: "A chegada de migrantes modificou a última enquisa sobre o galego"

12/10/2024 16:28

Segundo o secretario xeral de Política Lingüística, en cinco anos chegaron a Galicia 115.000 persoas que só usan o castelán

Asegura que o reto é converter o galego nunha lingua máis atractiva para a poboación que vén de fóra e para a mocidade urbana


A Policía investiga as causas da morte dunha muller no seu piso en Santiago

12/10/2024 00:05

Segundo fontes da TVG, a causa do falecemento foi unha lesión provocada por arma branca no peito


Alertan dun intento de estafa dun suposto comercial que vende cremas a domicilio

11/10/2024 14:12

Detectáronse casos en Oleiros e en Lalín, pero nin rastro dos estafadores, polo menos un home e unha muller

Fanse pasar por comerciais dun coñecido hipermercado e, unha vez dentro da casa, mostran unha actitude violenta


Alfonso Rueda, durante a inauguración do novo centro

Rueda pon o novo centro integral de saúde de Lalín como exemplo "dunha sanidade máis próxima"

10/10/2024 20:59

A Xunta de Galicia investiu nel máis de 13 millóns e medio de euros

Vai evitar desprazamentos a máis de 35.000 veciños da comarca do Deza 


Cartel do concurso 'Síntete radiólogo por un día'

O CHUS convoca o concurso de debuxo infantil "Síntete radiólogo por un día"

10/10/2024 15:57

O obxectivo é achegar a radioloxía aos nenos de entre 7 e 11 anos


Resaca do Kirk en Santiago, con graves perdas nas árbores da Alameda

10/10/2024 14:14

O temporal provocou máis dun cento de incidencias ca capital galega, as máis importantes no pulmón central da cidade

O vento levou a cuberta do conservatorio, que nas próximas horas prevé recuperar a actividade



Estado en que quedou o pavillón polideportivo do Instituto de Porto do Son.

A borrasca Kirk provoca o colapso das paredes do pavillón polideportivo do instituto de Porto do Son

09/10/2024 13:46

Suspendidas as clases no colexio de Outes pola enchente do río Tins, que asolagou a planta baixa

A chuvia provoca un corremento de terra no corredor Brión-Noia


O presidente da Xunta, este mércores no Parlamento (EFE)

Rueda anuncia "axudas directas" nos orzamentos do próximo ano para que os mozos poidan emanciparse

09/10/2024 08:33

Rueda avanzou esta medida durante a sesión de control no pleno do Parlamento, na que engadiu que das vivendas que constrúa a Xunta en 2025, reservaranse para os mozos o 40 % das destinadas ao alugueiro e o 25 % no caso das que se poñan á venda

Rueda insta a Pontón a "poñerse brava" sobre a AP-9 tras recriminarlle ela ser "manso"


Falece un home de 50 anos nun accidente de tráfico en Ribeira

08/10/2024 19:18

Un home de 50 anos faleceu nun accidente de tráfico no Concello de Ribeira. Outras dúas

O TSXG confirma a condena ao acusado de matar un home no exterior dunha discoteca de Santiago

08/10/2024 14:03

O alto tribunal galego mantivo a condena de 13 anos de cárcere para o autor material do homicidio, mentres que para seu irmán, que agarrou e golpeou a vítima, a pena é de cinco anos de prisión


Imaxe do campo do Coto, en Vedra, onde descoñecidos ocasionaron estragos a noite do sábado pasado

Un acto vandálico estraga as instalacións deportivas vedresas do Coto

08/10/2024 14:03

Papeleiras, un extintor e cristais apareceron tirados polo campo, onde tamén estragaron unha portería

Os asaltantes inundaron os vestiarios, onde deixaron as billas abertas toda a noite


Os mellores callos do mundo sérvense no restaurante Simpar, na rúa do Vilar

Os mellores callos do mundo elabóranse nun restaurante de Santiago

08/10/2024 14:01

A receita elaborada polo cociñeiro Axel Smyth gaña o Campionato Mundial de Callos celebrado en San Sebastián 

Os callos do Simpar levan 10 tipos de carne e casquería e elabóranse durante 3 días


Malestar de distribuidores e hostaleiros polo recorte de horarios de repartición na zona vella de Santiago

07/10/2024 14:58

Denuncian que o novo horario, que limita o repartimento ás dez da mañá, é incompatible co dos restaurantes

A ordenanza municipal aprobouse por unanimidade no pleno, pero o Concello abre a porta a facer axustes


A chuvia complica e atrasa a campaña de ensilado de millo

07/10/2024 14:19

O 60 % do cultivo está aínda sen recoller nas principais comarcas gandeiras

Cómpre que veñan varios días secos para que a maquinaria poida entrar nas leiras


A Xunta investirá 56 millóns para situar o CESGA no "liderado da computación"

07/10/2024 13:58

Un novo edificio no polígono da Sionlla, en Santiago, acollerá as novas instalacións do Centro de Supercomputación de Galicia


Cabeza da manifestación pola rúa da Senra. EFE/Xoán Rey

Multitudinaria manifestación solidaria con Palestina polas rúas de Santiago

06/10/2024 13:59

Piden o recoñecemento do Estado palestino e un maior esforzo á UE para impulsar unha desescalada da ocupación e da violencia

A voceira nacional do BNG participou na marcha e reclamoulle á comunidade internacional "accións máis contundentes"


Un cento de presos de toda España rematan a súa peregrinación a Santiago

05/10/2024 13:58

Percorreron distintas rutas xacobeas na compaña de funcionarios e voluntariado

Este sábado asistiron á misa do peregrino na Catedral e a un xantar de celebración


Un pirateo ao concello de Ordes altera o Facebook municipal con vídeos de humor

04/10/2024 14:17

O Concello alertou os usuarios e xa puxo en funcionamento unha nova páxina: '@concellodeordesoficial'

O ataque non lle afectou á rede informática do concello, que segue funcionando con normalidade

 

Etiquetas:  PIRATERÍA

Alberto Gracia e Laura Moreno Bueno, dous dos cineastas que participan en Curtocircuíto

O festival Curtocircuíto segue explorando novas linguaxes audiovisuais na súa 21ª edición 

03/10/2024 19:05

O cineasta ferrolán Alberto Gracia é o protagonista da sección 'Terra'

A creadora madrileña Laura Moreno Bueno compite coa súa peza 'Ulía'


O Centro Dramático Galego reestrea 'Terceiro acto'

03/10/2024 14:03

As representacións retómanse 3 anos despois de que en 2021 tiveran que ser canceladas en plena pandemia


Chago realizaba este xoves no seu taller no Polígono do Tambre, en Santiago, a modelaxe dunha peza de forxa

Distinguen o ferreiro artesán Chago co premio Arquitectura para un Mundo Mellor

03/10/2024 13:59

Santiago Martínez Otero recibe este sábado o galardón co que o Colexio de Arquitectos de Galicia recoñece os seus valores persoais, de conciencia social e de cooperación na práctica do seu oficio


Morre Josefa de Bastavales, pandeireteira e referente do folclore galego

02/10/2024 18:44

Actuou con músicos como Manu Chao, Fuxan os Ventos, Cristina Pato, Susana Seivane e o grupo de música folk The Chieftains


Un barco vara en Esteiro ao enredarse a hélice nun cabo

02/10/2024 15:06

A embarcación estaba a case media milla da praia de Medrón

Etiquetas:  PESCA

A unidade de drons do 112 súmase á busca do pescador desaparecido en Boiro

02/10/2024 09:39

O desaparecido é un home duns 70 anos que se dirixía ao citado areal o luns á noite e non regresou á súa casa

A climatoloxía que afecta o norte da ría de Arousa condiciona o dispositivo e impediu que  o martes pola mañá tomase voo o helicóptero de apoio

Publicidade
Publicidade