Novas
Contido coa etiqueta .
Literatura
Rueda pon en valor o Hemato Festi como un xeito de honrar a cultura
09/11/2024 12:38
Rueda lembrou o espírito alegre e creativo do Hematocrítico e expresou o seu desexo de que o festival se consolide
Entregáronse en Vigo os Premios Xerais, os grandes referentes da literatura galega
26/10/2024 15:20
Marta Villar, Raquel Fernández e Abel Tomé son os galardoados desta edición
A AELG recoñece este venres a Camiño Noia e Quique Peón como mestra e mestre da memoria
16/10/2024 11:43
Recoñecen as súas achegas, ao longo das súas vidas, á nosa memoria colectiva e ao saber popular
A escritora surcoreana Han Kang, Premio Nobel de Literatura 2024
10/10/2024 13:06
É a primeira escritora dese país que logra este recoñecemento, segundo o anuncio da Academia Sueca
A súa novela A vexetariana está traducida ao galego
O ambiente da Feira do Libro da Coruña, baixo o lema 'Atopa a túa historia'
05/08/2024 21:42
Permanece nos Xardíns de Méndez Núñez entre o 1 e o 10 de agosto, con case 40 expositores e firmas e actividades
Remataron dúas semanas de literatura en común na residencia da Cidade da Cultura
13/07/2024 15:19
Dez autores e autoras participaron con obras inéditas nas que están a traballar
A Residencia Literaria Cidade da Cultura cumpriu a súa cuarta edición
A Feira do Libro de Vigo volve á alameda con 20 casetas
01/07/2024 20:57
Abre en horario de mañá e tarde ata o vindeiro domingo
Ledicia Costas, María Xosé Porteiro ou Perfecto Souto, entre outros, asinan exemplares das súas últimas obras
Takekazu Asaka, embaixador da lingua galega no Xapón, académico de honra da RAG
08/06/2024 20:11
Traduciu ao xaponés a Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas, Uxío Novoneyra e os poetas medievais
Impartiu clases de galego en varias universidades xaponesas e no Instituto Cervantes de Toquio
Premio Xerais de Novela: como se deciden os gañadores?
07/06/2024 16:29
Persoas alleas ao mundo editorial, incluso deportistas ou profesionais liberais, integran os grupos que deciden os premiados
Presentáronse 103 orixinais ás tres categorías: Narrativa, Jules Verne de literatura xuvenil e Merlín de literatura infantil
Cativos de toda Galicia únense para cantarlle á Xeración Nós
31/05/2024 21:05
350 cativos de conservatorios de toda Galicia cantaron en Ribadavia algúns dos versos máis famosos da Xeración Nós
Participaban na oitava edición do certame 'No bico, un cantar', organizado polo Consello da Cultura Galega para divulgar a nosa lingua da man da nosa música
Luísa Villalta, poesía e música para a lingua galega
18/05/2024 15:30
A homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2024 non cansou nunca de loitar pola nosa cultura
Faleceu en 2004 aos 46 anos
Entréganse en Compostela os Premios Follas Novas do Libro Galego
11/05/2024 21:17
Disputaban os galardóns desta edición case corenta obras finalistas en trece categorías
Morre aos 77 anos o escritor estadounidense Paul Auster
01/05/2024 08:04
"Pasei a vida establecendo conversación con xente que nunca vin, con persoas que xamais coñecerei, e así espero seguir ata o día en que exhale o meu último alento", afirmou ao recoller en 2006 o Premio Príncipe de Asturias
Os Premios Literarios Minerva celebran cun libro os seus 50 anos
29/04/2024 21:32
O Colexio M. Peleteiro organiza dende 1963, con algún breve período de interrupción, uns galardóns que xa recoñeceron a preto de 500 mozas e mozos
O mantedor da primeira edición foi Álvaro Cunqueiro
Recoñecemento a Otero Pedrayo no Abril Oteriano de Ourense
26/04/2024 19:31
Os actos teñen lugar no Liceo da cidade das Burgas
O conselleiro de Cultura participou na xornada inaugural
26/04/2024 14:17
Subliñan a necesidade de que as institución apoien máis proxectos creativos afastados das lóxicas produtivistas
Estas residencias organízaas a Deputación da Coruña e consisten en 12 días de asesoramento, convivencia e debate
Luis Mateo Díez recibe o Premio Cervantes, a máxima distinción das letras en castelán
23/04/2024 14:56
O Paraninfo da Universidade de Alcaldá de Henares acolle o acto, presidido polos reis
O Día do Libro saca a literatura á rúa con actividades por todo o país
23/04/2024 14:30
Pérez Gellida gaña o Nadal e Jaume Clotet o Josep Pla con dúas obras de suspense
06/01/2024 23:06
Gellida acada o premio Nadal con Baixo terra seca e Clotet o galardón Josep Pla con A germandat de l'àngel caigut
O Culturgal reúne en cinco escenarios máis de 100 actividades culturais
02/12/2023 22:37
Celébrase durante toda a fin de semana no Pazo da Cultura de Pontevedra
Morre Shane MacGowan, líder de The Pogues, compositor, cantante e poeta irlandés
30/11/2023 13:34
Creador dun estilo único, fixo convivir as súas raíces familiares co movemento punk londiniense, co que creceu
O artista, de 65 anos, recibira hai poucos días a alta do hospital despois dunha longa convalecencia
No verán de 2002 actuou na Coruña co seu outro grupo, The Popes
Pesar no mundo editorial e nas redes sociais polo falecemento de Miguel López, O Hematocrítico
28/11/2023 14:00
Miguel López deixa o seu enxeño e humor, e un legado literario importante de novela gráfica e literatura infantil
Son numerosas as mostras de pesar a través das redes sociais desde que se coñeceu o seu pasamento
Nobel de Literatura para o noruegués Jon Fosse
05/10/2023 13:11
Tal e como explicou a academia, Fosse é hoxe un dos dramaturgos máis representados no mundo e "cada vez máis recoñecido pola súa prosa"
O Nobel de Literatura é o cuarto da rolda destes prestixiosos premios
Paula Carballeira, premio Nacional de Literatura Dramática
01/09/2023 16:19
O Ministerio de Cultura concédelle o premio á autora galega pola obra As alumnas
O xurado destacou a obra "por ser un eloxio do maxisterio que ensina sobre a dúbida e o debate e pola recuperación dunha muller referente para o ensino galego"
'Con que anda?' Manel Loureiro
09/08/2023 18:40
O escritor pontevedrés está traducido a 20 linguas e publicou en máis de 50 países
A Cidade da Cultura custodiará o legado de Arcadio López-Casanova
29/07/2023 19:41
Son 4.000 exemplares da súa biblioteca persoal, doados pola viúva, María del Carmen Paramio
A Feira do Libro Antigo de Vigo ofrece exemplares descatalogados a bo prezo
22/07/2023 21:01
Os postos permanecerán abertos na praza de Compostela ata o 6 de setembro
Dez participantes perfeccionan as súas obras na residencia literaria Cidade da Cultura
15/07/2023 16:52
Dez participantes perfeccionaron as súas futuras novelas nesta residencia literaria
Recibiron os consellos das escritoras Marilar Aleixandre e Brenda Navarro e do escritor e director da residencia, Javier Peña.
Morre o escritor checo Milan Kundera aos 94 anos
12/07/2023 16:02
Nado en Checoslovaquia en 1929, vivía exiliado en Francia desde mediados dos anos 70
Ruta literaria por Quiroga como destino cultural e turístico
25/06/2023 14:11
Coñecendo o concello a través das casas de sete escritores
Morre o escritor Cormac McCarthy aos 89 anos
13/06/2023 22:53
Autor de Non é país para vellos, publicou ao longo da súa vida doce novelas, dúas obras de teatro, cinco guións e tres historias curtas
A sétima edición da SELIC comeza hoxe na praza da Quintana en Compostela
09/06/2023 13:54
O Festival da Lectura comeza hoxe cunha xornada que terá como protagonistas a Cristina Morales e Miguelanxo Prado
A Quintana convértese, dende hoxe e ate o vindeiro día 18, en punto de encontro do sector editorial e literario galego
As Letras Galegas homenaxean a Francisco Fernández del Riego
22/05/2023 18:05
Foi o principal impulsor da efeméride hai 60 anos
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra consolídase na súa XXIV edición
23/04/2023 14:54
Dura un mes e ten programados máis de trescentos eventos
Anxo Lorenzo: "Hai que reter eses lectores que na pandemia volveron ao libro"
23/04/2023 11:08
O director xeral de Cultura segue a apostar polas feiras como estratexia fundamental de comercialización
Asegura que o plan de impulso ao libro galego tenta fomentar a creación e a edición de novos materiais
A lectura aumenta nos últimos dez anos un 5,7 por cento, o dobre nos adolescentes
03/04/2023 21:26
O 64,8 % dos españois apostan pola lectura no lecer
As mulleres seguen sendo as máis lectoras en todas as idades
Morre María Kodama, viúva de Borges e principal difusora da súa obra
26/03/2023 19:32
Faleceu este domingo aos 86 anos en Bos Aires
Falece o escritor chileno Jorge Edwards aos 92 anos
17/03/2023 21:16
Distinguido co Premio Cervantes 1999 e foi o Premio Nacional de Literatura en 1994