Publicador de contidos

Contido coa etiqueta vladimir putin .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta vladimir putin .

Vladimir Putin

Vladimir Putin, este luns en Mosova (Sputnik/Vyacheslav Prokofyev/Vía Reuters)

Putin aproba doutrina que permite unha resposta nuclear a un ataque convencional

19/11/2024 10:17

A doutrina autoriza a resposta con armamento atómico en caso de que o ataque convencional inimigo supoña "unha ameaza crítica para a soberanía e (ou) integridade territorial" de Rusia ou o seu aliado Belarús

Rusia confirma o primeiro ataque ucraíno con mísiles de longo alcance estadounidenses


Un home fuxe tras un ataque ruso en Odesa este domingo. EUTERS/Nina Liashonok

Biden autoriza a Ucraína ataques en territorio ruso con mísiles dos EUA

17/11/2024 21:25

O diario Washington Post publica esta información citando dous altos funcionarios do Goberno estadounidense


Lanzamento de mísiles no exercicio / Ministerio de Defensa de Rusia

Rusia ensaia o lanzamento de mísiles nun exercicio de disuasión nuclear

29/10/2024 19:29

Vladímir Putin subliñou a importancia de "contar con forzas estratéxicas modernas que estean permanentemente listas para o seu uso en combate"

Afirmou que a tríade militar é un "garante fiable da soberanía e seguridade" do país


Putin pecha as portas a negociacións con Ucraína

12/08/2024 17:45

A incursión ucraína que arrincou hai unha semana na rexión fronteiriza rusa de Kursk ocupou xa 28 localidades nuns mil quilómetros cadrados


Viktor Orbán e Vladimir Putin en Moscova (REUTERS/Evgenia Novozhenina)

Putin reitera as condicións rusas para a paz en Ucraína e Orbán recoñece diferenzas

05/07/2024 18:16

Putin pide a retirada das forzas ucraínas dos territorios que Rusia anexionou en 2022 e outros requisitos que deberán discutirse no marco dun posible "traballo conxunto"

Orbán insistiu en que as posicións de Rusia e Occidente "son moi distantes" e afirmou que o paso máis importante é o "establecemento de contactos"


Vladimir Putin e Kim Jong Un atendendo os medios tras o seu encontro (Reuters/Sputnik/Kristina Kormilitsyna/Kremlin)

Kim e Putin oficializan a súa alianza anti EUA asinando un acordo de asistencia mutua

19/06/2024 16:11

Trátase dun acordo estratéxico que inclúe a asistencia militar mutua en caso de ataque

É a primera visita de Putin a Corea do Norte en 24 anos

Putin afirmou que ambos os países traballarán para a creación dun "sistema comercial e de pagos recíprocos"

Kim Jong Un argumentou que a "operación militar especial en Ucraína" protexe a soberanía e seguridade rusas.


Viola Amherd durante o Cumio de Paz de Ucraína. Michael Buholzer/Pool via REUTERS

Suíza abre a porta a que Putin poida negociar en chan helvético sen ser detido

16/06/2024 18:46

A presidenta asegurou que a orde de detención que pesa sobre o mandatario ruso prevé excepcións en caso de negociación


Pedro Sánchez con Zelensky en Suíza

Sánchez afirma que non é negociable validar a agresión de Rusia a Ucraína

15/06/2024 20:54

O presidente español participa no cumio sobre Ucraína que se celebra en Suíza

Os Estados Unidos din que a última proposta de Putin é negociar a rendición, non a paz



Vladimir Putin. REUTERS/ Maxim Shemetov

Putin ordenará o cesamento do fogo se Kíiv retira tropas do leste e o sur e renuncia á OTAN

14/06/2024 12:51

O presidente ruso condicional a fin dos combates a que Ucraína se retire das repúblicas de Donetsk e Lugansk e das rexións de Kherson e Zaporiyia, anexionadas por Moscova 

Ucraína cre que se trata dunha "farsa" que so impón esixencias


Vladimir Putin este martes en Tashkent (Sputnik/Mikhaul Metzel vía Reuters)

Putin ameaza a Europa se Ucraína emprega armamento da OTAN contra territorio ruso

29/05/2024 10:58

"Seica desexan un conflito global?", preguntouse o presidente ruso durante unha visita a Uzbekistán


O presidente de Rusia, Vladímir Putin, en Minsk. REUTERS.

Putin pide a continuación das negociacións de paz con Ucraína

24/05/2024 18:07

Falou de volver as conversas partindo da situación actual sobre o terreo, é dicir, contando como territorio ruso as catro rexións que se anexionaron de Ucraína en 2022

O mandatario ruso cuestionou a lexitimidade de Volodímir Zelenski

Rusia está realizando manobras militares con Bielorrusia


Vladimir Putin e Xi Jinping durante o seu encontro en Beijing (Vía Reuters)

Xi e Putin pechan filas sobre as saídas aos conflitos en Ucraína e Palestina

16/05/2024 09:56

Os presidentes da China e de Rusia defenden a "solución de dous estados" para o conflito palestino e a "saída política" para a guerra en Ucraína



Vladimir Putin, este domingo en Moscova (Reuters/Sputnik/Valeriy Sharifulin)

Putin ordena manobras con armas nucleares tácticas debido ás "ameazas" de Occidente

06/05/2024 11:24

Segundo o Kremlin, a decisión responde ás afirmacións do presidente francés, Emmanuel Macron, e doutros altos funcionarios británicos, sobre a posibilidade de que tropas da OTAN se instalen en Ucraína

Categorías:  Mundo   Política

Encontro de Putin con pilotos militares en Torzhok, na rexión de Tver (Reuters)

Putin tacha de "total disparate" as declaracións acerca de que Rusia quere atacar Europa

28/03/2024 08:29

Segundo o presidente ruso, tratan de "intimidar" a poboación

Asegura que é unha "bobada" pensar que van combater coa OTAN, dado que o gasto militar de Occidente é moi superior ao ruso

Advirte de que os cazas F-16 que se enviarán a Ucraína serán considerados obxectivos independentemente do lugar desde onde operen


O presidente ruso diríxese a membros da Fiscalía

Putin pide á Fiscalía que os terroristas xihadistas reciban un "xusto castigo"

26/03/2024 12:21

Segundo o presidente ruso, a investigación está a ser "escrupulosa"

O Tribunal Basmanni de Moscova ditou prisión preventiva para un oitavo presunto implicado no ataque


Putin ve unha man negra ucraína detrás dos atentados de Moscova reivindicados polo Estado Islámico

25/03/2024 20:43

"Sabemos por medio de quen se cometeu ese crime contra Rusia e o seu pobo. Interésanos quen o encargou", dixo o presidente ruso

Arrestan outros tres implicados no atentado nunha sala de concertos en Moscova


O presidente ruso Vladimir Putin nunha conferencia de prensa tras os resultados electorais (France Press)

Putin seguirá ata o 2030 no Kremlin tras lograr a súa maior vitoria electoral

17/03/2024 19:49

A oposición non puido concorrer nos comicios, xa que a CEC non rexistrou os seus candidatos 

O presidente poderá volver presentarse á reelección tras a reforma que fixo nas cláusulas da Constitución


Terceira e derradeira xornada das eleccións presidenciais en Rusia

17/03/2024 08:07

Dende o venres, xa votou máis da metade dos 112 millóns de persoas chamadas ás urnas


Unha muller vota nun colexio electoral

Rusia celebra a segunda xornada das eleccións presidenciais

16/03/2024 08:14

Putin acusou a Ucraína de tentar torpedear a súa reelección con ataques e incursións fronteirizas

Seguidores do líder opositor Navalni chamaron a Occidente a non recoñecer os resultados 


Rusia vota para reelixir a Putin nuns comicios sen oposición nin observadores internacionais

15/03/2024 20:26

Sen candidatos rivais reais, ten garantido seguir na presidencia ata 2030

Alta participación e pequenas sabotaxes no primeiro dos tres días de votación

Categorías:  Mundo   Política

Putin busca a reelección para outros seis anos nuns comicios sen oposición real

15/03/2024 09:01

Segundo as sondaxes oficiais, Putin, que compite con outros tres candidatos, conta cunha intención de voto de máis do 80 %

En total, a comisión habilitou 93.644 colexios electorais, ao que hai que sumar outros 295 nos 144 países onde viven cidadáns rusos


Putin despregará tropas e armamento pesado na fronteira con Finlandia

13/03/2024 20:43

Nunha entrevista cualifica de paso sen sentido o ingreso do país e de Suecia na OTAN

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  VLADIMIR PUTIN

Detidas máis de cincuenta persoas en Rusia durante os funerais de Navalni

02/03/2024 08:50

O maior número de arrestos produciuse nas cidades siberianas de Novosibirsk e Omsk


Putin advirte a OTAN de "consecuencias tráxicas" se envía tropas a Ucraína

29/02/2024 15:41

Rusia dilles ás potencias occidentais que "tamén ten armas que poden alcanzar obxectivos nos seus territorios"

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  VLADIMIR PUTIN

Última reunión entre Biden e Putin, en Xenebra en 2021

Rusia acusa a Biden de comportarse "como un vaqueiro" ao chamarlle a Putin "fillo de puta"

22/02/2024 10:58

O portavoz presidencial ruso manifestou que eses insultos representan "unha gran vergoña para os Estados Unidos"

Biden tachou de "crazy S.O.B." (tolo fillo de puta) a Putin durante un acto de captación de doazóns en San Francisco, e acusouno de acabar coa vida do líder opositor ruso

Categorías:  Mundo   Política

Imaxe de arquivo

España convoca o embaixador ruso pola morte en prisión do opositor Navalni

19/02/2024 18:32

O ministro de Exteriores responsabiliza a Vladimir Putin do ocorrido

A viuva de Navalni promete que "seguirá coa súa loita"

Os 27 ultiman novas sancións contra Rusia pola morte do opositor


A entrada do cárcere en que faleceu Navalni

Detidas cen persoas nos actos de repulsa pola morte de Navalni en Rusia

17/02/2024 10:02

A policía tamén recolleu os datos de toda a xente que participou nas protestas, incluída a prensa


As potencias occidentais responsabilizan a Rusia da morte de Navalni

16/02/2024 14:33

Os Estados Unidos avalían "diferentes opocións" para responder a este suceso

A Unión Europea e a OTAN sinalan directamente a Vladimir Putin, a quen lle piden explicacións do ocorrido


Morre en prisión o opositor ruso Alexéi Navalni

16/02/2024 12:33

Os servizos penais de Rusia informaron do seu pasamento e aseguran que "están a establecerse as causas da morte"

As potencias occidentais responsabilizan a Rusia da morte de Navalni

Alexéi Navalni, o inimigo número uno de Putin

Categorías:  Mundo   Política

Putin presentarase á reelección como presidente ruso

08/12/2023 21:39

De gañar, cumpriría 30 anos á fronte do Goberno ruso

As enquisas danlle un nivel de apoio popular superior ao 70 %

Categorías:  Mundo   Política

Putin e Kim estreitan a alianza militar e espacial cun cumio bilateral en Siberia

13/09/2023 10:32

Os líderes de Rusia e Corea de Norte, que se reuniran por primeira vez en 2019, víronse nun cumio de catro horas

Putin recoñeceu que Kim ten un grande interese "polos foguetes", e o líder norcoreano apoiou "en todas as decisións" do Kremlin en Ucraína


O líder norcoreano foi recibido con honras na fronteira rusa de Oriente

Kim Jong-un chega a Rusia para reunirse con Vladimir Putin

12/09/2023 17:07

Agárdase que os dous dirixentes aborden un intercambio de armamento e tecnoloxía militar

Occidente que vixía de preto a reunión, redobra as advertencias

O Kremlim non desvela a data exacta do encontro


Rusia descarta unha investigación internacional do sinistro do avión en que ía Prigozhin

30/08/2023 16:54

A oposición rusa no exilio e medios internacionais responsabilizan a Putin da morte do xefe de Wagner


O líder de Wagner,Prigozhin, nunha operación militar nun lugar descoñecido

Rusia confirma coas análises xenéticas a morte de Prigozhin no avión accidentado

27/08/2023 16:16

Os investigadores identifican aos falecidos como os integrantes da listaxe publicada o día do incidente

Co líder de Wagner ían outras nove persoas, entre elas Dimitri Utkin, outro dos homes fortes do grupo


Imaxe de arquivo de Putin

Putin promete investigar as causas do accidente de Prigozhin

24/08/2023 18:57

Asegura que non esquecerán o líder de Wagner e que as investigacións levarán algún tempo

Este mércores Prigozhin morría carbonizado tras estrelarse o seu avión privado

Categorías:  Mundo   Política

Restos do avión sinistrado en que viaxaba o líder do grupo de mercenarios rusos

Morte de Prigozhin: Occidente dubida do accidente e o Kremlin garda silencio

24/08/2023 10:44

Biden afirma que "non está sorprendido" e o Goberno Francés di que ten "dúbidas razoables" sobre o ocorrido

Admiradores do propietario do grupo de mercenarios improvisan un memorial ante a sede das instalacións de Wagner en San Petersburgo


Imaxe de Wagner o pasado xuño, cando se rebelou

Morre o xefe de Wagner, Yevgueni Prigozhin, nunha catástrofe aérea

23/08/2023 19:43

Os dez pasaxeiros do avión faleceron, entre eles o xefe de Wagner

O accidente ocorre dous meses tras o errado motín que protagonizou

Categorías:  Mundo   Política

O teatro de Chernihiv atacado mentres estaba cheo de nenos

Un ataque ruso contra Chernihiv deixa polo menos sete mortos e un cento de feridos

19/08/2023 13:35

O impacto dos mísiles rusos na cidade ucraína causa ademais 117 feridos

Un dos edificios atacado é o teatro da cidade, que estaba cheo de nenos que visitaban unha exposición sobre drons

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 249 resultados.