Publicador de contidos

Contido coa etiqueta goberno central .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta goberno central .

Goberno Central

Pedro Sánchez na Zarzuela o 6 de setembro (EFE / Borja Sánchez-Trillo)

O Goberno presentará os orzamentos sen ter os apoios garantidos

06/09/2024 16:14

Nas dúas ocasións en que non se conseguiron apoios no Congreso, 1996 e 2019, convocáronse eleccións xerais, algo que descartan nesta ocasión

En caso de que a senda de estabilidade sexa rexeitada, presentaranse os orzamentos igualmente cos obxectivos actuamente vixentes


O rei, o presidente do Gobierno, o presidente do Tribunal Constitucional e os ministros de Presidencia e Economía posan xunto ao novo titular de Transformación Dixital e o novo gobernador do Banco de España tras prometeren estes os seus respectivos cargos en Zarzuela (EFE / Borja Sánchez-Trillo)

Óscar López e Escrivá prometen os seus novos cargos ante o rei

06/09/2024 10:15

Óscar López asume a carteira de Transformación Dixital e da Función Pública, que tiña o novo gobernador do Banco de España José Luís Escrivá

O ministro destaca a necesidade de que España lidere a transformación dixital, di que ten "moitas ganas" de falar e avisa: "Haberá para todos, tamén para a oposición" 


Escrivá tomará posesión este venres como novo gobernador do Banco de España

05/09/2024 14:59

O Partido Popular acusa a Pedro Sánchez de impoñer un perfil inaceptable para a oposición


Escrivá será novo gobernador do Banco de España por seis anos e Óscar López substitúeo no ministerio

04/09/2024 14:16

O director de Gabinete de Sánchez, Óscar López, será o novo ministro de Transformación Dixital

Diego Rubio, actual secretario xeral de Políticas Públicas, Asuntos Europeos e Prospectiva Estratéxica, asumirá a dirección de Gabinete da Presidencia do Goberno

O PP non propoñerá subgobernador no Banco de España para non branquear a súa "colonización"


Pedro Sánchez expón as prioridades do curso político no Instituto Cervantes, en Madrid (EFE/J.P. Gandul)

Sánchez promete máis recursos para todas as comunidades autónomas

04/09/2024 09:22

O presidente do Goberno adianta que o próximo Consello de Ministros aprobará o teito de gasto, paso previo á presentación dos orzamentos

Sánchez convocará a unha xuntanza de traballo na Moncloa todos os presidentes autonómicos, ademais dunha conferencia de presidentes en Cantabria para falar de vivenda 

O xefe do Executivo anuncia un cumio bilateral España-Palestina antes de final de ano

Feijóo rexeita o fondo de compensación por "insultante e insuficiente"


Imaxe de arquivo

O Goberno nomeará o ministro Escrivá novo gobernador do Banco de España

03/09/2024 15:40

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, advertiu este mesmo martes o Executivo de que coa súa formación "non conte" para este nomeamento



Xuntaza do Consello de Goberno de Canarias este luns

Canarias asumirá que os menores que cheguen en caiucos son competencia do Estado

02/09/2024 20:01

O Goberno insular ameaza con levar o Goberno aos tribunais pola xestión da crise migratoria

O presidente, Fernando Clavijo, acusa a Pedro Sánchez de deslealdade e de abandono de funcións


Clavijo anuncia medidas xurídicas ante "o abandono de funcións do Goberno"

02/09/2024 14:21

Ceuta acada o seu máximo histórico de menores non acompañados acollidos


A vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero (EFE/Román Ríos)

O Senado convoca a Montero a un pleno o mércores para que explique o acordo con ERC

29/08/2024 11:48

O PP, con maioría na Cámara Alta, quere que a ministra de Facenda dea conta do pacto que permitiu a investidura de Illa


España asume que Venezuela non presentará as actas das eleccións e pide unha resposta común da UE

29/08/2024 11:00

Albares descarta sancións e aposta pola vía negociada 

O opositor Edmundo González Urrutia intervén no cumio informal de ministros de Exteriores da UE

O chavismo e a oposición volveron medir as súas forzas nas rúas de Venezuela


Pedro Sánchez este mércores en Gambia

Sánchez reafirma os beneficios dunha migración segura fronte ás críticas de Feijóo

28/08/2024 14:47

O líder do Partido Poular acusara o presidente do Goberno de "alentar un efecto chamada" na súa xira africana

Rueda reprocha que o Goberno distribúa migrantes "coma se fosen mercadoría"


A presión de Junts complica a aprobación dos presupostos xerais do Estado

28/08/2024 14:35

O Goberno di que seguirá buscando maiorías parlamentarias e o PP advirte que sen presupostos a lexislatura está abocada ao fracaso


Teresa Ribera este martes na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros (EFE/Chema Moya)

España propón oficialmente a Teresa Ribera como candidata a comisaria europea

28/08/2024 13:52

O Executivo español trasladou este mércores a candidatura de Ribera para integrar o colexio de comisarios liderado por Ursula Von der Leyen


Junts pídelle ao Goberno explicar o acordo de financiamento de Cataluña

27/08/2024 14:47

O Executivo abre a axenda do curso político coa tarefa de presentar os presupostos


O Goberno veta a OPA húngara sobre Talgo "por razóns de seguridade nacional"

27/08/2024 13:01

Para o Goberno, Talgo é unha empresa estratéxica dentro dun sector clave para a seguridade económica, a cohesión territorial e o desenvolvemento industrial de España


Traballo retíralle a Medalla ao Mérito ao exbanqueiro Julio Fernández Gayoso

27/08/2024 11:26

O Consello de Ministros tamén acordou retirarlle este recoñecemento ao empresario Gerardo Díaz Ferrán


O Goberno aproba 867 millóns para a Formación Profesional dos traballadores

27/08/2024 09:48

Os fondos, a cargo dos Orzamentos Xerais do Estado, serán transferidos ás comunidades autónomas

Galicia percibirá máis de 70 millóns para iniciativas formativas tanto de traballadores como de parados


Migrantes rescatados por Salvamento Marítimo chegando á illa do Hierro (Europa Press/Antonio Sempere)

Sánchez inicia unha xira africana para aumentar a colaboración ante a presión migratoria

27/08/2024 08:15

O Goberno quere ampliar os acordos para a contratación de traballadores en países de orixe, en especial a migración circular, e reforzar a colaboración policial

España conta nestes tres países con 19 policías nacionais e 74 gardas civís destinados en traballos de control de migración


O Goberno licita estudo previo para a conexión ferroviaria entre Lugo e Santiago

26/08/2024 13:12

O futuro trazado está por definir, pero deberá servir para conectar nalgún punto a liña do tren que vai de Lugo á Coruña coa do Eixo Atlántico que comunica A Coruña co sur de Galicia


A voceira de Junst no Congreso, Miriam Nogueras (Europapress-Eduardo Parra)

Junts pide que Montero e Bolaños expliquen o pacto de financiamento para Cataluña

23/08/2024 10:59

"Tanto ERC como o PSOE deberían deixar de esconderse e dar explicacións, porque durante dúas semanas estívosenos vendendo un concerto económico inexistente", asegurou Nogueras


Óscar Puente enmarca as súas críticas ao Supremo dentro da liberdade de expresión

Puente insiste nas críticas ao Supremo por non aplicar a amnistía: "Non podemos quedar calados"

14/08/2024 14:15

O PP sostén que Pedro Sánchez permitiu a fuga de Puigdemont

Salvador Illa pide deixar os Mossos fóra da confrontación política 


A Xunta pídelle ao Goberno que interveña ante a suspensión xudicial de ducias de parques eólicos en Galicia

14/08/2024 12:13

A conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, remitiu unha carta á ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, para solicitar unha reunión en que adoptar medidas para "acabar con estas paralizacións que lastran o sector eólico"


Carles Puigdemont, o xoves pasado á súa chegada a Barcelona (EFE)

Interior responde a Llarena: os Mossos non requiriron apoio para deter a Puigdemont

13/08/2024 12:08

O departamento que dirixe Fernando Grande-Marlaska alude á "competencia e capacidades operativas" dos Mossos para non despregar "operativos paralelos"

Interior asegura que o arresto do expresidente catalán "foi, é e será, ata o seu cumprimento, un obxectivo operativo para todas as unidades e servizos policiais do Ministerio"


O PP de Galicia insta o Goberno a que priorice o Corredor Atlántico de Mercadorías

12/08/2024 14:43

Os populares queren que a infraestrutura se inclúa entre os proxectos que optan a financiamento europeo


A Xunta urxe o Goberno central aos traspasos necesarios para a xestión do litoral

12/08/2024 14:25

A conselleira Ánxeles Vázquez defende a Loxilga, a lei de costas, como ferramenta fundamental nas políticas da Xunta fronte ao cambio climático

Incidiu en Santander no liderado asumido por Galicia na xestión do litoral


Salvador Illa xa como novo presidente da Generalitat

Illa comprométese a "unir" os cataláns na toma de posesión como presidente da Generalitat

10/08/2024 11:17

No seu primeiro discurso promete "unir" os cataláns ante o avance de "propostas divisivas" e fronte ao populismo que "pon en perigo a convivencia"

O novo mandatario catalán ultima un goberno de carácter técnico para evitar receos dos seus socios de investidura

Proxecta tamén unha ampla remuda na cúpula dos Mossos, facilitada tras o dispositivo frustrado para a detención de Puigdemont

 


Os líderes opositores venezolanos Edmundo González e María Corina Machado (Europopapress)

Feijóo pide que Edmundo González sexa recoñecido como lexítimo presidente de Venezuela

05/08/2024 11:57

O presidente do PP di que as actas publicadas son rotundas a favor do candidato opositor


Recollida de restos de fuel organizada por Burela Club Surf na praia da Marosa de Burela

A Xunta supervisa as praias do norte de Galicia en que apareceron restos de fuel

02/08/2024 11:04

Desprega o helicóptero Pesca 2 e mobiliza axentes ambientais e ofrece medios ao Goberno ante un incidente que considera "común"

A Xunta agarda pola información que lle ofreza o Goberno a través de Salvamento, que xa investiga a orixe destas "bólas que parecen restos de hidrocarburos moi degradados" 


O presidente do Goberno Pedro Sánchez fai balance do curso político (EFE/ Mariscal)

Sánchez anuncia un acordo cos axentes sociais para mellorar a compatibilidade da pensión co traballo

31/07/2024 11:21

O presidente cualificou de "moi positivo" o acordo, que fai "máis xusto" o sistema para millóns de traballadores e pensionistas

O pacto mellora os incentivos á xubilación demorada, que serán compatibles co traballo

Todos os traballadores poderán chegar a cobrar o 100 % da pensión mentres seguen traballando


Imaxe de arquivo (Europa Press)

O Goberno aproba a lei para reducir o consumo de alcol en menores

29/07/2024 18:29

O anteproxecto ten como obxectivo regular a venda, publicidade e márketing de bebidas alcohólicas para frear o seu consumo nos máis novos


Aumentan os desprazamentos na operación Paso do Estreito ás portas do inicio de agosto

29/07/2024 14:45

O ministro do Interior agradece o labor das forzas e corpos de seguridade para que se poida desenvolver sen incidencias


Sinatura de convenios sobre vivenda (EFE/ Zipi Aragon)

O Goberno pon en marcha os trámites para construír 43.000 vivendas de alugueiro accesible

29/07/2024 14:31

Sánchez anuncia a mobilización de 6.000 millóns e pide ás comunidades que asuman as súas responsabilidades


O secretario de Estado de Traballo, Joaquín Pérez Rey, e a ministra Yolanda Díaz nunha imaxe de arquivo (Eduardo Parra/Europa Press)

Traballo espera alcanzar un acordo coa CEOE para reducir a xornada laboral tras o verán

29/07/2024 12:23

O Goberno cre que hai bases para alcanzar un acordo coa patronal despois das vacacións tras a xuntanza deste luns cos axentes sociais

Traballo reformará o despedimento para evitar que se faga "por capricho"


A Xunta pídelle ao Goberno que non lle faga "perder máis tempo" coa xestión do litoral

27/07/2024 13:29

Ánxeles Vázquez reclama as competencias que teñen que ver con temas "ambientais, sociais e económicos na franxa da costa"


O Goberno apunta que Cataluña recibirá 1.500 millóns menos, despois de que Junts tombara a senda do déficit

24/07/2024 12:16

Pilar Alegría achaca a derrota no Congreso a que o Goberno está en minoría, pero asegura que a lexislatura non periga "en absoluto"

Junts vota contra o teito de gasto e deixa no aire os presupostos de 2025

 


Imaxe de arquivo de Isabel García (Gustavo Valiente / Europa Press)

O Goberno cesa a directora do Instituto das Mulleres polos contratos dos Puntos Violeta da súa empresa familiar

23/07/2024 10:57

O cesamento prodúcese despois de que se fixese público que a empresa que García comparte coa súa muller recibiu 64 contratos de Puntos Violeta con concellos socialistas por valor de 250.000 euros

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  GOBERNO CENTRAL

O Goberno reúnese cos grupos parlamentarios para consensuar o plan de rexeneración democrática

22/07/2024 21:32

Os ministros Bolaños e Urtasun destacan a "sintonía" nos encontros con BNG, Podemos, EH-Bildu e PNV

En Podemos din estar "decepcionados" tras constatar que o PSOE "non vai romper" o acordo co PP para a renovación do Poder Xudicial

O BNG tamén criticou que os socialistas ratifiquen que van manter ese pacto cos populares 

 


A conselleira de Política Social e o Director xeral de Inclusión durante a conferencia sectorial

Galicia solicita unha conferencia de presidentes e a declaración de emerxencia migratoria por parte do Goberno central

22/07/2024 09:26

A Conferencia Sectorial de Inmigración tratará sobre o borrador do novo regulamento de estranxeiría  

O PP votará en contra da reforma da lei de estranxeiría este martes no Congreso ao non aceptar o Goberno as súas condicións


O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras a reunión do Consello (Xunta)

Rueda di que Cataluña "deixa en evidencia o Goberno" ao confirmar negociacións bilaterais en financiamento

18/07/2024 15:58

Afirma que a conselleira de Facenda de Cataluña di que si hai negociación, mentres que desde a Moncloa din que non

O presidente da Xunta considera que estas negociacións bilaterais entre o Goberno central e unha comunidade autónoma "van en prexuízo das demais"

Publicidade
Publicidade