Novas
Contido coa etiqueta .
O Xapón
Ishiba, reelixido primeiro ministro do Xapón por maioría simple
11/11/2024 08:42
Na segunda rolda competía contra Yoshihiko Noda, o principal líder opositor, quen logrou 160 votos
O actual mandatario seguirá á fronte dun Goberno, pero nunha posición moi debilitada, logo de que a coalición gobernante perdese a maioría absoluta
A coalición gobernante no Xapón perde a súa maioría por primeira vez desde 2009
28/10/2024 08:10
O gran triunfador dos comicios foi o progresista Partido Democrático Constitucional, a principal forza da oposición, que incrementou nun 50 % o seu número de escanos
O primeiro ministro xaponés buscará un achegamento coa oposición tras a< derrota electoral
Un home estrela o seu coche contra a entrada da residencia do primeiro ministro nipón
19/10/2024 08:10
Antes lanzou varios artefactos incendiarios contra a sede do gobernante Partido Liberal Democrático (PLD)
A ONG xaponesa pola abolición das armas nucleares Nihon Hidankyo, premio Nobel da Paz 2024
11/10/2024 13:16
O galardón distingue os esforzos do colectivo "para lograr un mundo libre de armas nucleares e demostrar a través do testemuño de testemuñas que as armas nucleares nunca deben volver utilizarse"
O Comité do Nobel expresa a súa preocupación porque o "tabú nuclear" estea actualmente "baixo presión"
Declarado inocente tras 45 anos no corredor da morte
26/09/2024 19:27
O xaponés Iwao Hakamada era o preso que máis tempo levaba esperando execución
O tribunal cre que as probas que o inculpaban foron fabricadas
Buscan dous desaparecidos polas fortes choivas no centro do Xapón, que deixan seis mortos
23/09/2024 09:50
O nivel de alerta xa se rebaixou, pero hai risco de corrementos de terra na zona, aínda afectada polo sismo de principios de ano
O primeiro ministro xaponés dimite para "promover a renovación" no partido gobernante
14/08/2024 09:06
Fumio Kishida di que o PLD "debe mostrar ao público que cambiou e que se renovou" e que a súa renuncia é a mellor maneira de dar exemplo
O Partido Liberal Democrático está inmerso nunha crise desde que saltou o escándalo de financiamento irregular da formación a finais do ano pasado
Un terremoto de magnitude 7,1 causa un tsunami de ata medio metro e deixa dúas feridas no Xapón
08/08/2024 10:23
As autoridades instan a poboación a manterse afastada das costas e desembocaduras dos ríos, mentres se están avaliando os potenciais danos polo sismo
Os expertos advirten de posibles réplicas nos próximos días e consideran a posible de que se produza un sismo a grande escala na fosa de Nankai
As bolsas mundiais baixan con forza, co Nikkei sufrindo a súa segunda maior caída da historia
05/08/2024 09:06
O mercado toquiota non rexistraba unha caída como a deste luns desde o ano 1987, cando sufrira o seu maior descenso histórico
O temor á recesión nos Estados Unidos arrastra a todos os mercados mundiais
As bolsas europeas abren as xornadas con caídas, o Ibex 35 cae na apertura case un 3 %
O Xapón, Corea do Sur e os EUA formalizan a súa alianza trilateral en Defensa
28/07/2024 12:00
Os tres países amosaron a súa preocupación polo achegamento entre Rusia e Corea do Norte e a puxanza militar da China no rexión
01/07/2024 08:48
O ALOS-4 é un satélite de observación terrestre destinado a avaliar danos en caso de desastre natural ou monitorizar anomalías na actividade volcánica, entre outras misións
Ao redor dunha hora e media despois do desprendemento do satélite, o motor da segunda fase do H3 fixo un descenso controlado ao océano como cume do lanzamento
Un xaponés entra como membro de honra na Real Academia Galega
07/06/2024 15:56
Takekazu Asaka leva case 40 anos estudando a lingua, traduciu ao xaponés os nosos poetas máis insignes e ata pulicou estudos de sociolingüística
O Xapón constrúe o primeiro satélite de madeira do mundo
29/05/2024 09:31
A Universidade de Kyoto proxecta poñelo en órbita en setembro
Os fans do anime e do manga celebran o Día do Orgullo Friki en Expotaku
26/05/2024 08:35
Expocoruña acolle unha nova edición da feira, cun centenar de expositores e moitas actividades
Corea do Norte lanza varios mísiles balísticos de curto alcance ao mar do Xapón
22/04/2024 09:12
Fontes do Executivo nipón indicaron que os proxectís caeron á auga fóra da Zona Económica Exclusiva xaponesa
Investigan a relación de cinco mortes no Xapón cun suplemento para o colesterol
10/04/2024 14:14
Duascentas persoas máis están hospitalizadas
Un terremoto de magnitude 6 sacode a costa xaponesa fronte a Fukushima
04/04/2024 07:58
Non se activou a alerta de tsunami nin constan, polo momento, danos derivados do sismo
O módulo espacial xaponés SLIM logra aterrar na superficie da Lúa
19/01/2024 17:29
O Xapón busca converterse no quinto país do mundo en lograr aluar unha nave no satélite natural da Terra
Xa realizaran varios intentos de aluaxe errados antes do de hoxe, considerado un "mínimo éxito" polos problemas coas células solares que están tendo
Uns 300 desaparecidos e 168 mortos no terremoto do Xapón unha semana despois
08/01/2024 10:32
A neve e as estradas danadas dificultan os rescates
Unhas 28.000 persoas continúan refuxiadas en centros de evacuación temporais, mentres que 15.000 fogares seguen sen auga corrente e máis de 14.000 sen luz
O tremor que arrasou o centro do Xapón suma xa 126 vítimas mortais
06/01/2024 08:38
Outras 211 persoas seguen desaparecidas e medio millar están feridas
É o sismo máis mortífero rexistrado no país dende o ano 2011
Confirman polo menos 79 desaparecidos polo sismo no Xapón, que deixa xa 78 mortos
04/01/2024 08:25
As autoridades difundiron unha listaxe cos nomes dos desaparecidos, na súa maioría anciáns
A carreira é contra o reloxo porque xa se superou o límite das 72 horas, tras o cal resulta case imposible atopar xente con vida
Continúan as tarefas de rescate contra o reloxo tras o forte sismo no Xapón
03/01/2024 08:13
O tremor na costa occidental do país deixa xa 73 falecidos e 33.000 desprazados, que se ven afectados pola falta de auga, alimentos ou combustible
Cinco mortos tras chocar dous avións nun aeroporto de Tokyo
02/01/2024 10:59
Colidiron unha aeronave comercial e un aparello da Garda Costeira, onde ían os falecidos e mais o capitán, que está grave
Entre os 379 ocupantes do voo de Japan Airlines quedaron feridas 17 persoas
Polo menos 50 mortos e case 50.000 evacuados tras o terremoto do Xapón
02/01/2024 08:17
Cren que na cidade de Wajima, a 500 quilómetros de Toquio, pode haber xente atrapada baixo os restos de 14 edificios
Baixa a alerta por tsunami na costa occidental do Xapón provocada por un tremor de 7,6 graos
01/01/2024 13:27
50.000 persoas foron evacuadas en distintas rexións do país
Cinco chaves para entender a polémica vertedura de augas de Fukushima
24/08/2023 10:03
A operadora da planta estima que o espazo para albergar novos tanques nas instalacións nucleares esgotarase en 2024
A Federación Nacional de Cooperativas Pesqueiras mantén un firme rexeitamento ao plan da vertedura
Comeza a vertedura de auga tratada de Fukushima, mentres seguen as protestas
24/08/2023 08:29
A primeira descarga prolongarase durante 17 días, onde se van verter unhas 7.800 toneladas de auga
A auga contaminada é tratada co sistema ALPS, capaz de retirar por completo 62 tipos de materiais radioactivos, a excepción do tritio e do carbono-14
Cinco chaves para entender a polémica vertedura de augas de Fukushima
Corea do Norte lanza dous mísiles balísticos ao mar do Xapón
24/07/2023 17:30
O Xapón quere comezar este verán a verter ao mar a auga radioactiva de Fukushima
05/07/2023 19:27
A China pediulle ao goberno de Tokyo que deteña os seus plans
Zelenski centra a atención no cumio do G-7, que o apoia sen reservas
20/05/2023 14:09
O presidente de Ucraína participa no debate cos líderes sobre apoio militar e unhas eventuais negociacións de paz
O outro referente é a China e a pretensión de acabar coa dependencia excesiva do xigante asiático no eido económico
O presidente ucraíno chega a Hiroshima para participar no cume do G-7
20/05/2023 09:28
Podería manter tamén encontros bilaterais con Joe Biden e cos primeiros ministros nipón e indio
Os Estados Unidos axudarán a adestrar pilotos ucraínos no manexo de cazas F-16
20/05/2023 08:26
Zelenski, que podería chegar este sábado a Hiroshima para participar no cume do G7, celebrou a decisión
Kishida retoma os actos electorais tras ser evacuado por unha explosión
15/04/2023 08:21
O primeiro ministro do Xapón dispoñíase a dar un discurso
O detido polo ataque ten 24 anos e levaba outro artefacto
Un mísil norcoreano obrigou a activar a alerta por posible impacto no Xapón
13/04/2023 08:21
As bucinas soaron na illa xaponesa para pedir á poboación que se refuxiase en edificios ou en lugares subterráneos
O mísil caeu finalmente no mar do Xapón tras percorrer 1.000 quilómetros
Corea do Norte lanza un mísil balístico de curto alcance ao mar do Xapón
19/03/2023 08:12
O lanzamento considérase unha resposta de Pionyang ás manobras conxuntas de Seúl e Wahshington no sur da península
Morre aos 88 anos o premio Nobel de Literatura Kenzaburo Oe
13/03/2023 08:41
O escritor morreu por causas naturais
Foi o segundo autor nipón galardoado co Nobel de Literatura
Falece o arquitecto xaponés Arata Isozaki, o autor da Domus da Coruña
29/12/2022 19:14
O Xapón aproba o maior rearmamento desde a II Guerra Mundial cun gasto récord en defensa
16/12/2022 10:48
A nova estratexia vai dirixida a conter a China e advertir a Corea do Norte
A gran novidade é que, a pesar das limitacións constitucionais, O Xapón dótase de capacidade de contraataque para atacar bases inimigas
Cita co anime, o manga e a cultura xaponesa en ExpOtaku
26/11/2022 21:25
A feira regresou a Expocoruña cun amplo programa de actividades de inspiración nipona
Pionyang lanza 6 mísiles máis, un deles activa a alerta no Xapón
03/11/2022 16:48
Finalmente non chegou a sobrevoar o arquipélago por un fallo en pleno voo
O primeiro ministro xaponés cualifica de "intolerable" esta cadea de lanzamentos