Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Lugo .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Lugo .

Lugo

A Feira do 48 en Lugo ambienta a cidade

07/09/2024 14:25

A cidade recrea esta fin de semana as feiras de hai oito décadas
 

Categorías:  Galicia   Lugo   Sociedade
Etiquetas:  FEIRA   MERCADO

É a segunda vez que a policía precinta un "after" que funciona na rúa Tui de Lugo

07/09/2024 14:04

O negocio xera malestar na contorna polos ruídos e pelexas que provocan os clientes do local

Estivera clausurado por varias irregularidades durante algo máis dun ano

Categorías:  Galicia   Lugo   Sociedade
Etiquetas:  POLICÍA LOCAL

The Rapants, un dos grupos que actúa no Osa do Mar

Osa do Mar congrega en Burela 25 bandas ata o domingo, como The Rapants ou Tanxugueiras

06/09/2024 20:42

Cúmprense dez anos dende que comezou o festival, que conta con actividades paralelas

Etiquetas:  FESTIVAIS

Imaxe da cisterna de xurro en que se produciu o suceso

Na UCI unha das dúas persoas hospitalizadas ao caeren nunha cisterna de xurro en Guitiriz

06/09/2024 09:12

O outro ferido xa foi dado de alta

Unha delas realizaba tarefas de limpeza dentro da cisterna, pero malia estar baleira, a acumulación de gases impediulle saír de novo ao exterior

Outro traballador tentou rescatalo pero acabou esvarando e caendo tamén dentro da cisterna

Categorías:  Galicia   Guitiriz   Sucesos
Etiquetas:  112

As cloacas romanas descubertas en Lugo continúan en funcionamento

05/09/2024 20:08

Abertas ao público este ano no museo Porta Miñá, foron visitadas por milleiros de persoas

Categorías:  Lugo   Galicia   Sociedade
Etiquetas:  PATRIMONIO

Fábrica de Altri en Portugal

Bruxelas non aprecia infracción ambiental no proxecto de Altri en Palas

05/09/2024 13:12

A Comisión Europea lembra que o Goberno debe velar polo cumprimento das normas, nunha resposta a unha pregunta formulada pola eurodeputada Ana Miranda

A Xunta agarda ter listo o informe ambiental do proxecto a comezos de 2025


Detidos seis homes en Lugo por ter traballando empregados sen contrato

05/09/2024 11:44

Os afectados dedicábanse a repartir pedidos a domicilio a través dunha plataforma en liña 

Os detidos foron postos a disposición xudicial por un presunto delito contra a seguridade dos traballadores


Torre dos Andrade, en Vilalba

O miradoiro da Torre dos Andrade, en Vilalba, será reacondicionado para as visitas

04/09/2024 19:31

O Ministerio de Industria investirá 1.200.000 euros nas obras de melloras deste BIC


Foto @CBBreogan

Jordan Davis: "Sentirme querido foi decisivo para asinar polo Breogán"

04/09/2024 16:27

O xogador, con pasaporte de Acerbaixán, tivo a súa primeira experiencia profesional no baloncesto español na tempada 2019-2020 co Manresa

Categorías:  Lugo   Deportes   Baloncesto
Etiquetas:  CB BREOGÁN

Imaxe de arquivo

Suspendidas as feiras do gando de Pedrafita e A Fonsagrada pola enfermidade EHE

04/09/2024 16:24

A Feira do Ano celebrarase igualmente, pero sen certame gandeiro

A Xunta comunica tres novos focos da enfermidade hemorráxica epizóotica en Galicia, polo que xa son 27 en total


Descendentes de emigrantes galegos axudan a conservar o Castro de Viladonga

04/09/2024 14:20

Son 18 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos

Participan nun campo de voluntariado da Xunta de Galicia


A empresa lucense recibiu máis de 700.000 en axudas

O Goberno aproba unha nova liña de axudas do PERTE Agro

04/09/2024 12:39

Ascenden a 100 millóns de euros e poderán solicitarse a partir do 19 de setembro

O delegado do Goberno visita a empresa Innolact en Castro de Rei


Imaxe de arquivo da Catedral de Santa María de Lugo

Case medio millón de euros para acabar coas humidades na Catedral de Lugo

03/09/2024 16:27

O prazo previsto é de seis meses e será preciso actuar sobre os espazos públicos e as canalizacións históricas existentes

Para mellorar a ventilación construiranse galerías intermedias entre o muro de peche das capelas e a galería correspondente do século XVIII


Un ano da desaparición do veciño de Abadín Enrique Bolívar

03/09/2024 14:19

A familia está convecida de que se tratou dun crime

Piden que se levante parcialmente o segredo do sumario

A Garda Civil ten abertas varias liñas de investigación pero a falta dun cadáver dificulta os avances

Categorías:  Galicia   Abadín   Sucesos
Etiquetas:  DESAPARICIÓNS

Atopan o corpo dunha muller que levaba varios días morta na casa en Lugo

03/09/2024 12:02

O cadáver non presentaba signos de violencia, polo que se apunta a causas naturais

A muller, de 63 anos, vivía soa nunha casa na rolda da Muralla

Categorías:  Galicia   Lugo   Sucesos
Etiquetas:  CADÁVER

Queixos e viños, os produtos 'gourmet' máis demandados polos turistas

02/09/2024 19:48

Nas tendas de Lugo, triunfan as galletas de nata, os queixos artesáns e mais o godello


Remata unha peregrinación moi especial da man de CamminAutismo

02/09/2024 14:25

15 mozos italianos con trastorno do espectro autista completaron o Camiño entre Sarria e Santiago, acompañados por axentes da Garda Civil que colaboran por terceiro ano no proxecto solidario


Veciños do centro de Lugo quéixanse porque quedan dous meses sen garaxe por obras

02/09/2024 14:21

Critican as formas do concello que os avisou con pouca antelación e sen darlles unha solución alternativa

Piden que se establezan uns horarios de uso dos garaxes e lles fagan unha rebaixa no cobro do vado


A Policía Xudicial investiga o incendio que calcinou o punto limpo do Saviñao

02/09/2024 09:26

O lume deixou "totalmente inservible" a nave e estragou dous camións e unha máquina do servizo de limpeza e recollida do lixo 

O alcalde pide axuda aos concellos veciños ata que non consigan restablecer por completo o servizo

Etiquetas:  112   INCENDIO

Visita guiada por Monforte para conmemorar o Día Europeo da Cultura Xudaica

01/09/2024 18:20

Os escasos documentos da época apuntan a unha convivencia boa coa poboación local

A localidade forma parte da Rede de Xuderías de España


O día a día dos refuxiados unha vez que chegan a Galicia

01/09/2024 14:43

Os migrantes comparten a cotidianidade de Monterroso


Incendio na parroquia de Paredes, en Ponteareas

Agosto despídese en Galicia con máis de 230 hectáreas afectadas por incendios forestais

01/09/2024 09:32

O mes de maior incidencia en 2024 foi abril, fóra do período estival e con arredor de 450 hectáreas queimadas


Festa Normanda de Foz

31/08/2024 20:06

Centos de persoas asisten ao desembarco 
 

Categorías:  Galicia   Lugo   Foz   Sociedade
Etiquetas:  FESTAS   DESEMBARCO

Os peregrinos que escollen este tempo para facer o Camiño recoñecen que non está masificado

31/08/2024 14:10

Algúns aproveitan os últimos días de vacacións antes de volver á rutina para recorrer a ruta xacobea


A A-8 cortada pola néboa á altura do Fiouco, nas proximidades de Mondoñedo este sábado

A intensa néboa complica a circulación na A-8 no alto do Fiouco, na operación retorno

31/08/2024 12:42

Tráfico recomendou desde primeira hora deste sábado un desvío alternativo pola N-634 que se prolongou durante nove horas


Chegada este venres dunha vintena de refuxiados a Monterroso

Os refuxiados de Monterroso agradecen a acollida: "Queremos quedarnos aquí e traballar"

31/08/2024 11:30

O venres chegaron 20 migrantes máis que se suman aos 100 que xa estaban na localidade desde un día antes

Proceden de Malí, Guinea e Mauritania e residen no Hotel Río Ulla


Os refuxiados que chegaron a Monterroso celebran a boa acollida no municipio

30/08/2024 14:04

Este venres está previsto que cheguen a Monterroso 20 adultos máis procedentes de Madrid

Etiquetas:  MIGRANTES

Sanidade recomenda non consumir a auga da traída en trece parroquias de Castro de Rei

30/08/2024 13:30

Non é potable debido a que os niveis de arsénico exceden o máximo permitido


Imaxe do concurso ilegal de derrapaxes en Castroverde (Garda Civil)

Once investigados por un concurso ilegal de derrapaxes en Castroverde do que subiron vídeos ás redes

30/08/2024 09:16

Os autores subiron varios vídeos ás redes sociais coas conducións temerarias dos condutores, onde realizaban derrapaxes e queima de roda

En ocasións o acompañante viaxa coa porta aberta sacando o corpo ao exterior, con perigo para a súa integridade física e a seguridade do tráfico e a dos asistentes

Etiquetas:  GARDA CIVIL

Xa están en Monterroso os refuxiados que foxen da guerra de Malí

29/08/2024 20:53

Son 120 persoas que piden asilo en España

Etiquetas:  REFUXIADOS

Breogán-COB e Leyma-Obradoiro, semifinais da Copa Galicia de baloncesto

29/08/2024 12:41

As semifinais e a final terán lugar o 20 e 22 de setembro no Pazo dos Deportes de Lugo


Preocupación nun barrio de Lugo pola aparición de pólas atravesadas nas portas

29/08/2024 11:58

Os veciños atribúen esta práctica aos ocupantes ilegais de vivendas

Etiquetas:  VIVENDA

Accidente múltiple en Nadela

Un accidente múltiple en Lugo deixa dous feridos moi graves

28/08/2024 17:59

O sinistro ocorreu no corredor de Nadela e contou con catro vehículos implicados

Dúas persoas quedaron inconscientes dentro e tiveron que ser liberadas polos bombeiros


Foto @CBBreogan

Somogyi: “Espero unha temporada exitosa, temos talento e potencial”

27/08/2024 16:28

Espera asinar unha tempada “exitosa” tras debutar o curso pasado na liga Endesa co MoraBanc Andorra

Categorías:  Lugo   Deportes   Baloncesto
Etiquetas:  CB BREOGÁN

Un incendio provoca importantes danos materiais nunha explotación agraria en Castro de Rei

27/08/2024 10:18

Os servizos de extinción evitaron que as lapas chegaran a un depósito con 1.000 litros de combustible e que arderan un vehículo e maquinaria

Por causas que se descoñecen, arderon 120 rolos de herba seca e o lume arrasou a palleira

Etiquetas:  INCENDIO

O Goberno licita estudo previo para a conexión ferroviaria entre Lugo e Santiago

26/08/2024 13:12

O futuro trazado está por definir, pero deberá servir para conectar nalgún punto a liña do tren que vai de Lugo á Coruña coa do Eixo Atlántico que comunica A Coruña co sur de Galicia


Reabre con polémica un coñecido 'after' no barrio lugués da Milagrosa

26/08/2024 12:40

A policía acudiu xa a primeira noite, ao rexistrarse unha pelexa cunha muller ferida


O concello lugués do Corgo acolle unha nova edición do mercado dos oficios

25/08/2024 19:43

O evento está organizado pola Asociación os Cinco Ríos do Corgo, coa idea de revitalizar a vila

Xurdiu a raíz da celebración de mercados semanais para intercambio de produtos e apeiros 


XVI Feira do Cabalo de Escairón

25/08/2024 18:55

Enxalza a tradición cabalar do Saviñao


A presenza de carabelas portuguesas levou a pechar momentaneamente unha praia no Vicedo

25/08/2024 14:52

O contacto con estes organismos mariños, semellantes ás medusas, provoca molestias importantes

Un bañista tivo que ser asistido no hospital debido aos efectos que sufriu

A travesía a nado de San Amaro, na Coruña, anulouse atendendo a medidas de seguridade

Publicidade
Publicidade