Publicador de contidos

Contido coa etiqueta nadia calviño .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta nadia calviño .

Nadia Calviño


O Goberno sobe o subsidio por desemprego a 570 euros

19/12/2023 10:47

O subsidio sobe a 570 euros os seis primeiros meses, 540 euros nos seis seguintes e mantense na cifra actual, 480 euros, o resto do tempo

Tamén poderán solicitalo os menores de 45 anos sen cargas familiares


Besteiro: "Estamos preparados para gobernar Galicia"

17/12/2023 15:05

Nadia Calviño reivindica a candidatura de Besteiro como o presidente"dialogante  e con respecto ás institucións" que precisa Galicia.

Besteiro: "Custoume moito chegar ata aquí pero aquí me quero quedar "

 

 


A lei de amnistía marca a primeira sesión de control ao novo Goberno

13/12/2023 08:23

O presidente do Goberno, ausente pola súa viaxe a Bruxelas

Na sesión estreáronse varios ministros e voceiros parlamentarios


Unha galega na presidencia do Banco da Unión Europea, por Venancio Salcines

11/12/2023 08:09

Son poucas as persoas que coñecen o Banco Europeo de Investimentos (BEI), pero son bastantes as

Calviño presidirá o Banco Europeo de Investimentos

08/12/2023 10:10

Os ministros de Economía a Unión acordan a designación da vicepresidenta española

Sánchez, obrigado a buscar novo responsable de Economía antes de fin de ano


A UE espera pechar un acordo sobre regras fiscais nos "próximos días"

08/12/2023 09:42

Nadia Calviño descartou que vaian pechar este venres o acordo sobre as regras de control do déficit e a débeda, pero asegura que se lograron "progresos moi significativos"


O Goberno abre a reforma do subsidio do paro con posturas enfrontadas entre Traballo e Economía

04/12/2023 14:48

O Presidente do Goberno avanza que haberá acordo, porque é unha esixencia para recibir novos fondos europeos


Nadia Calviño, vicepresidenta primeira e ministra de Economía

Bélxica apoia a Nadia Calviño para que presida o Banco Europeo de Investimentos

30/11/2023 22:17

O ministro de Finanzas belga enviará unha carta aos seus homólogos da UE para apoiar a ministra española para ese posto 


O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, en TVE

Pedro Sánchez, sobre a amnistía: "Non é o paso que quería dar, pero é o paso coherente"

30/11/2023 09:49

Sánchez asegura que en España hai lawfare porque se instrumentalizaron institucións, como no caso Kitchen

O presidente do Goberno confirma que prorrogarán os orzamentos ata uns novos no primeiro trimestre

Sánchez desvincúlase da saída de Irene Montero do Goberno: "Eu pactei con Sumar"


Calviño, a Repsol: "Sorprendería que fose en dirección distinta aos investidores internacionais"

27/10/2023 14:58

A vicepresidenta primeira en funcións defende a prórroga do imposto á banca e ás enerxéticas

A número dous do Goberno asegura que a redución da xornada laboral será negociada cos axentes sociais e non terá carácter xeral


Nadia Calviño e Valdis Dombrovskis na conferencia de prensa

Acordo unánime para apoiar "o camiño fiscal" da UE trazado pola presidencia española

16/09/2023 10:02

Nadia Calviño mantén o obxectivo de que a reforma das regras fiscais comunitarias entre en vigor o 1 de xaneiro


Santiago acolle o primeiro cumio euroamericano de ministros de Economía

15/09/2023 20:41

47 ministros deseñan o investimento de 45.000 millóns de euros na América Latina

A volta ás regras fiscais na UE, prato forte da segunda xornada

O grande operativo de seguridade do Ecofin só causa molestias en certos puntos


Calviño: "En Santiago abordaremos investimentos na América Latina e o reforzo da economía europea"

14/09/2023 10:59

A vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Asuntos Económicos destacou a importancia dunha xuntanza en que participan 60 países e que representan un 14 % da poboación mundial e un 24 % do PIB do planeta

"A min sorpréndeme ver un señor Feijóo instalado na oposición, segue opoñéndose ao señor Sánchez en vez de defender o seu propio liderado"

Nadia Calviño destacou que España ten a inflación máis baixa de Europa e que a Comisión Europea acaba de aumentar a previsión de crecemento do país

En canto á súa candidatura a presidir o Banco Europeo de Investimentos, dixo que "é moi cedo para especular"


O G-20 pide respecto á integridade territorial pero non condena a guerra de Ucraína

09/09/2023 21:00

Os líderes das economías ricas acordan unha declaración conxunta no cumio de Nova Delhi

Ucraína mostrou decepción porque non se fai mención á agresión rusa


Calviño destaca que Santiago reunirá ministros de 60 países que representan o 21 % do PIB global

06/09/2023 12:19

Xunto aos 27 participarán tamén 33 representantes de América Latina e o Caribe


PP e PSOE cruzan críticas á conta da investidura

31/08/2023 14:53

Os socialistas cualifican a proposta de Feijóo de "pantomima"

O presidente dos populares arremete contra Pedro Sánchez por negociar cos independentistas

Carles Puigdemont nega que Junts estea negociando con ningún partido


Calviño quere un Goberno "canto antes" e Junts aspira ao 'brexit catalán'

12/08/2023 20:20

Nadia Calviño ve compatible presidir o Banco Europeo de Investimentos e seguir liderando a política económica do Goberno

Desde o PP, Bendodo pono en cuestión e di que hai unha "anomalía democrática" na súa candidatura

 En Junts pregúntanlle a Sánchez se está disposto a apostar polo 'brexit catalán' para a investidura


Calviño quere un Goberno "canto antes" e Junts aspira ao 'brexit catalán'

12/08/2023 14:55

Nadia Calviño amósase disposta a seguir liderando a política económica do Goberno malia a súa candidatura a presidir o BEI

Desde Junts retan a Sánchez a negociar un 'brexit catalán' se aspira á investidura e din que debe cambiar o marco mental


Pedro Sánchez avanzou algunha das promesas económicas que recollerá o programa do PSOE

Sánchez e Calviño sitúan o pleno emprego como obxectivo da próxima lexislatura

05/07/2023 14:23

Os socialistas propoñen estender sete anos o pago das hipotecas a familias con rendas de ata 37.800 euros

O PP advirte que Sánchez vai querer manterse no poder aínda que perda


Feijóo mantén a incógnita de quen ocupará a carteira de Economía

Feijóo avanza que o seu ministro de economía será un "home de fóra da política"

03/07/2023 14:20

A vicepresidenta Calviño tilda de irresponsable a axuda de 20.000 euros para mozos que propón Yolanda Díaz 

Sumar deseña unha campaña con 19 actos de Yolanda Díaz co lema "É por ti"


Economía, políticas sociais e un pacto polas familias, claves na precampaña este domingo

25/06/2023 15:13

Nadia Calviño retou hoxe a Feijóo a que desvele o seu programa económico e tamén quen o dirixirá para ter un debate con el

O líder do PP presentou un "gran pacto para as familias" que inclúe menos impostos, unha conciliación máis favorable e garderías gratuítas

Yolanda Días defende as "políticas sociais ambiciosas" fronte á dereita e a extrema dereita


A economía española medra no primeiro trimestre catro veces máis cá media europea

23/06/2023 11:57

O PIB recupera o nivel previo á pandemia de covid-19


Gómez-Reino confía en que Sumar revalide o Goberno de coalición nas próximas xerais do 23X

14/06/2023 11:51

O deputado de UP no Congreso defende a candidatura da plataforma e prefire non falar da ausencia de Irene Montero nesas listas, por tratarse dunha decisión interna do partido 

Gómez-Reino contestoulle á ministra Calviño poñendo en valor as políticas públicas de UP no Goberno en materia de salarios, vivenda ou pensións.


Conde cre que "hai marxe" para que Altri acceda a fondos europeos, e o Goberno di que non pode ser "a dedo"

07/06/2023 14:35

"O que lle pedimos é igualdade de trato aos proxectos que estamos a presentar desde Galicia e, sobre todo, que haxa un trato igualitario con respecto a outras comunidades", di Francisco Conde

"As normas de aplicación dos fondos esixen que se sigan uns procedementos e, polo tanto, que non se poden dar a dedo", advertía este martes Nadia Calviño


A vicepresidenta primeira, Nadia Calviño, na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros (EFE/Chema Moya)

Apróbase a segunda fase do plan de recuperación para mobilizar fondos e créditos europeos

06/06/2023 09:26

O Executivo remitirá a Bruxelas este engadido para que as autoridades comunitarias autoricen o desembolso de máis de 90.000 millóns de euros


Calviño e Bendodo, dúas visións contrapostas sobre as eleccións xerais

03/06/2023 14:59

Nadia Calviño expresa a súa confianza nun apoio "masivo" á boa xestión do Goberno

Bendodo considera que España non pode aguantar nove anos de "duro sanchismo"


A vicepresidenta Nadia Calviño presentou a Lei de representación paritaria no Consello de Ministros (EFE/Juan Carlos Hidalgo)

O Goberno aproba a lei que obriga á paridade en empresas, política ou xustiza

23/05/2023 13:26

A lei establece no 40 % o peso mínimo de persoas de cada xénero en postos de direccións de empresas, membros do Goberno, candidaturas electorais e órganos constitucionais

A CNMV e o Instituto das Mulleres velarán polo cumprimento da norma


Nadia Calviño, vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Economía

Calviño avanza un aumento da afiliación de 400.000 persoas ata abril

03/05/2023 10:55

A vicepresidenta primeira destaca que se estean rexistrando "100.000 afiliados máis de media cada mes", nunha creación de emprego en que "por primeira vez cantidade e calidade van da man"


O presidente brasileiro no seu novo mandato e que tivo como primeira etapa Portugal

Lula visita España para relanzar as relacións bilaterais

25/04/2023 08:44

O primeiro acto da axenda de Lula en España será a súa presenza nun foro empresarial que se celebrará na Casa América de Madrid


Vivendas da Sareb para alugueiro accesible: 21.000 en 'stock', 14.000 xa habitadas e 15.000 por construír

17/04/2023 18:20

O Goberno quere alcanzar acordos de venda coas comunidades e os concellos para que xestionen eses alugueiros

A Sareb creouse para mercar activos inmobiliarios quebrados na crise financeira de 2008, e desde 2022 está controlada polo Estado

A lei de vivenda quedará definitivamente aprobada horas antes da campaña do 28-M


Gandeiros e agricultores pídenlle a Calviño que non os culpe do prezo dos alimentos

29/03/2023 14:22

A petición producíuse nunha nova reunión de todas as partes da cadea alimentaria


O Banco de España defende a fortaleza do sector financeiro

27/03/2023 14:15

Con todo, o gobernador do regulador bancario español cre que se a situación de tensión se mantén no tempo, provocará unha certa perda da confianza


Belarra critica as palabras de Roig; Calviño cre que se sacaron de contexto

15/03/2023 15:12

O presidente de Mercadona dixo que os seus supermercados subiron os prezos "unha burrada"


Biden manda unha mensaxe de tranquilidade tras a segunda creba dun banco

13/03/2023 16:25

O temor esténdese polo sector bancario mundial tras o peche do Signature Bank

Calviño confia na fortaleza dos bancos españois


Ferrovial explica a folla de ruta para cotizar nos EUA, e o Goberno analiza a letra pequena

09/03/2023 15:01

A empresa traslada aos investidores que o próximo mes se debe aprobar a fusión coa súa filial nos Países Baixos, a onde se faría oficial o traslado en maio

"Os argumentos esgrimidos publicamente non se sosteñen", di Nadia Calviño, quen desde o Goberno defende que pode cotizar nos Estados Unidos mantendo a sede en España


Irene Montero apela á Constitución para topar as hipotecas, e Calviño di que a medida poría en risco a estabilidade financeira

03/02/2023 14:54

Goirigolzarri (CaixaBank) sobre o mercado hipotecario español: "Funciona francamente ben: grazas a el o 76 % das familias españolas tiveron acceso á vivenda"


O Goberno cre que o dato de crecemento adiantado polo INE confirma a "fortaleza" da economía española

27/01/2023 14:39

Nadia Calviño considera que a cifra publicada este venres "supera as previsións máis optimistas"


Os fondos de recuperación xa beneficiaron 136.000 proxectos

22/12/2022 20:39

España xa recibiu 31.000 millóns das axudas europeas

O Goberno estima que subirán en 3 puntos o PIB ata 2031


O Goberno analiza limitar o desconto do combustible en transporte, agricultura, gandería e pesca

16/12/2022 13:03

A vicepresidenta Nadia Calviño fala de "dificultade" de adaptalo a niveis de renda, polo que valoran destinar a subvención aos sectores "máis afectados"

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 98 resultados.