Publicador de contidos

Contido coa etiqueta o reino unido .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta o reino unido .

O Reino Unido

Mísil británico Storm Shadow/MOD vía Reuters

Ucraína utiliza por primeira vez mísiles británicos de longo alcance en territorio ruso

20/11/2024 18:29

Unha canle militar rusa en Telegram publicou fotografías dun dos artefactos, que foi atopado na rexión de Kursk


Arquivo / Accidente de tren / Ben Birchall / PA Wire / dpa

Un morto e quince feridos pola colisión de dous trens en Gales

22/10/2024 09:38

Os convois colidiron a noite pasada cando viaxaban a pouca velocidade polo condado de Powys 

Os feridos foron trasladados ao hospital con lesións leves


Reuters

O Reino Unido devolverá a Mauricio o arquipélago de Chagos nun acordo histórico

03/10/2024 13:19

En virtude do pacto, o Reino Unido aceptará que Mauricio, na costa suroriental africana, sexa soberano sobre o arquipélago de Chagos, incluída a illa de Diego García, onde hai unha base militar británica e estadounidense

Con todo, durante un período inicial de 99 anos, o Reino Unido poderá exercer os dereitos soberanos sobre Diego García "necesarios para garantir o funcionamento continuo da base ata ben entrado o próximo século"

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  O REINO UNIDO

Primeiro ministro británico, Keir Starmer, e a presidenta da CE, Ursula von der Leyen (Reuters /  Benjamin Cremel)

O Reino Unido e a Unión Europea acordan fortalecer a súa relación "con ritmo acelerado"

02/10/2024 18:26

Von der Leyen e Starmer acordaron volver reunirse este outono e apuntan a un cumio en xaneiro

Os dous líderes conviñeron "en que unha relación estable, positiva e con visión de futuro" proporciona a "base para unha cooperación a longo prazo"


Picardo, Lammy, Albares e Sefcovic antes de reunirse en Bruxelas (FCDO / Ben Dance)

Albares destaca avances no pacto de Xibraltar, pero di que aínda queda "traballo técnico"

19/09/2024 16:03

Reuniuse en Bruxelas co ministro de Exteriores británico, o vicepresidente executivo da Comisión Europea e o ministro principal de Xibraltar

O ministro confirmou que houbo progresos na "liberdade de movemento de persoas" e "de movemento de bens" entre España e a Rocha


España e O Reino Unido cítanse en Bruxelas para intentar avanzar no acordo sobre Xibraltar

18/09/2024 21:35

Londres sinalou a súa intención de "alcanzar a prosperidade e a seguridade para a xente de Xibraltar cun novo tratado que cimente a relación con España e a Unión Europea"

Categorías:  España   Política

Imaxe do encontro mantido en Londres polos ministros de Exteriores de España e Reino Unido

Bruxelas acollerá este xoves un encontro ministerial para pechar un acordo sobre Xibraltar

16/09/2024 17:31

O anuncio prodúcese tras o encontro mantido en Londres entre o ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, e o seu homólogo británico, David Lammy


O Goberno británico liberará miles de presos pola saturación nos cárceres

11/09/2024 11:43

Os disturbios violentos causados por grupos de extrema dereita en agosto elevou o número de presos a 88.521 en Inglaterra e Gales, unha cifra récord

O plan do executivo laborista exclúe os condenados por delitos violentos, como agresións sexuais e violencia doméstica, e mais os retidos por actos de terrorismo


Imaxe dunha embarcación de migrantes no canal da Mancha o 6 de agosto (Reuters)

Morren 12 migrantes nun naufraxio ao tratar de cruzar o canal da Mancha

03/09/2024 15:56

Dúas persoas están desaparecidas, máis de 50 foron rescatadas e varias quedaron feridas


Incendio nun edificio en Londres (Lucy North / PA Wire / dpa)

Más de cen evacuados e dous hospitalizados tras incendiarse un edificio en Londres

26/08/2024 11:51

O lume, que afectou todo o edificio, a estada e o tellado, provocou un fume moi denso, polo que se urxiu os residentes da zona a que manteñan pechadas as súas portas e xanelas


A princesa, á súa chegada á igrexa en Escocia este domingo

Kate Middleton reaparece por sorpresa durante as súas vacacións en Balmoral

25/08/2024 18:45

Canda o seu marido, o príncipe Guillerme, Carlos III e Camilla, a princesa de Gales acudiu á misa dominical na igrexa escocesa de Crathie Kirk

Categorías:  Mundo   Sociedade

Protesta de extrema dereita en Liverpool a comezos de agosto (Reuters/Belinda Jiao)

O Goberno británico activa medidas de emerxencia pola saturación en prisións inglesas

19/08/2024 08:40

Os cárceres do Reino Unido, especialmente no norte de Inglaterra, viron nas últimas semanas moi superada a súa capacidade tras as detencións polos disturbios provocados por grupos de extrema dereita antiinmigración

Categorías:  Mundo   Política

(Reuters)

Starmer espera "sentenzas firmes" para os responsables da violencia no Reino Unido

07/08/2024 09:01

O primeiro ministro británico asegurou que de preto de 400 persoas arrestadas, 100 xa foron acusadas con cargos, e agarda que antes de rematar a semana xa haxa resolucións xudiciais


Os disturbios non cesan e xa son máis de 370 arrestados en cidades británicas

06/08/2024 10:43

Axentes de policía foron atacados con pedras e bombas incendiarias durante as últimas protestas instigadas por grupos de extrema dereita

Categorías:  Mundo   Política

O primeiro ministro británico promete man dura contra os responsables da violencia

05/08/2024 15:48

Starmer dixo que haberá suficiente espazo nas prisións para os que atacaron mesquitas e hoteis que acollen inmigrantes

Tamén avisou as persoas que inciten a cometer estes delitos a través de Internet 


Máis de 90 detidos no Reino Unido nos disturbios de grupos de ultradereita

04/08/2024 14:43

As protestas, contra a inmigración e o islam, comezaron tras o ataque contra un centro recreativo de Southport, no que tres nenas morreron acoiteladas

Hai varios axentes feridos, tendas saqueadas e negocios incendiados


Os corpos dos falecidos no naufraxio do Argos Georgia continúan no Reino Unido

03/08/2024 11:27

A repatriación dos restos mortais dos tres mariñeiros galegos mortos no afundimento vai tardar aínda varios días


Protestas na contorna do Parlamento británico (Europapress)

Máis de 100 detidos en Londres nas protestas tras o acoitelamento múltiple de menores

01/08/2024 10:26

A policía tivo que dispersar manifestantes convocados pola extrema dereita, que pretendían entrar no Parlamento

 Un adolescente de 17 anos foi acusado de asasinar o luns tres nenas nun club de vacacións con temática de Taylor Swift

Categorías:  Mundo   Política

Argos Georgia (Europa Press)

O Reino Unido abre investigación polo Argos Georgia e trasladará os corpos para realizar as autopsias

29/07/2024 19:32

As autopsias serán realizadas este martes en Oxfordshire e, posteriormente, os cadáveres dos galegos serán traídos a Galicia para ser enterrados polas súas familias

Francisco, sobrevivente do naufraxio: "As dúas últimas horas pensei que morriamos"

O capitán do Argos Georgia, de alta e xa coa súa familia; o primeiro oficial segue en observación


Imaxe de arquivo (Europa Press)

Reino Unido multa con 2,1 millóns de euros a TikTok por datos inexactos sobre o seu control parental

24/07/2024 15:56

A empresa, obrigada pola lei británica a proporcionar a información solicitada a Ofcom, fíxoo fóra de prazo e con imprecisión


Carlos III detalla no Parlamento británico o programa do novo Goberno laborista

17/07/2024 14:50

Impulsar a economía, renacionalizar o ferrocarril e crear unha empresa pública de renovables, entre as medidas do Executivo de Starmer


Primeira reunión do novo goberno británico

Starmer asegura que o plan de deportacións a Ruanda está "morto e enterrado"

06/07/2024 20:36

O novo primeiro ministro promete unha política diferente e gobernar polo cambio

Starmer reuniu este sábado o novo goberno tras a victoria dos laboristas


Rachel Reeves (esquerda) e Angela Rayner (dereita), hoxe no número 10 de Downing Street (Reuters)

Starmer sitúa o seu equipo máis próximo á fronte dos principais ministerios

05/07/2024 18:32

Angela Rayner será a "número dous"; Rachel Reeves, ministra de Economía; David Lammy o responsable de Exteriores; John Healey encabezará Defensa; Yvette Cooper asumirá Interior e Pat McFadden dirixirá o Ministerio do Gabinete

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  O REINO UNIDO


(Reuters/Phil Noble)

Sunak deixará de liderar os conservadores: "Síntoo por non cumprir co que merecían"

05/07/2024 11:57

Na súa despedida como primeiro ministro británico subliñou que o pobo británico "enviou unha mensaxe clara: o Goberno debe cambiar"

Sunak deixará de encabezar o Partido Conservador cando elixan o seu sucesor



Reuters

Sondaxe: os laboristas logran a maioría absoluta, os conservadores sacan o peor resultado da súa historia

04/07/2024 23:30

Se se confirman as sondaxes a pé de urna, Starmer converterase este venres no primeiro ministro británico tras 14 anos de Goberno conservador, cunha cómoda maioría, de 410 deputados (dos 650 da Cámara dos Comúns)

O Partido Conservador do primeiro ministro Rishi Sunak sofre a peor derrota da súa historia ao quedar con 131 asentos



O líder laborista Keir Starmer e o primeiro ministro británico Rishi Sunak durante un debate electoral celebrado na BBC en Nottingham (Phil Noble / PA Wire / dpa)

Albíscase un cambio de ciclo nas eleccións lexislativas deste xoves no Reino Unido

03/07/2024 12:22

Os laboristas prepáranse para reconquistar Downing Street despois de 14 anos de gobernos conservadores

Keir Starmer podería arrebatarlle o poder ao actual primeiro ministro Rishi Sunak, moi tocado por unha economía en declive debido ao brexit, a covid e a guerra de Ucraína


A princesa Ana, durante o Trooping the Colour (EFE/EPA/David Cliff)

A princesa Ana, ingresada con feridas leves na cabeza tras ser golpeada por un cabalo

24/06/2024 15:36

O palacio apunta que a súa permanencia baixo observación no hospital é "unha medida de precaución" e prevese que poida recibir a alta esta mesma semana para regresar á casa


Voos cancelados e con atrasos no aeroporto de Mánchester por un corte eléctrico

23/06/2024 11:16

É o comezo da tempada de vacacións de verán no terceiro aeroporto máis transitado do Reino Unido 


A princesa de Gales na carruaxe cos fillos. REUTERS/Hollie Adams

Kate Middleton reaparece en público nas celebracións do aniversario de Carlos III

15/06/2024 12:17

É a súa primeira aparición despois de que o 22 de marzo anunciara que está a ser tratada con quimioterapia dun cancro


Un 80 aniversario do Día D marcado pola invasión de Ucraína

06/06/2024 20:01

Os líderes dos países aliados honran os heroes de Normandía

Joe Biden: "A unidade prevaleceu entón e prevalecerá agora"


Os presidentes de Francia e dos EUA nos actos conmemorativos do Desembarco de Normandía (REUTERS/Benoit Tessier)

Líderes de 17 países, entre eles España, apoian o plan de Biden para Gaza

06/06/2024 13:22

O Goberno británico difundiu o comunicado en que instan Hamas e a Israel a aceptar ese plan do presidente dos EUA


80 anos do desembarco de Normandía: a actual Europa en guerra recorda a súa liberación

05/06/2024 13:03

Xefes de Estado e de Goberno participan na conmemoración, á que non se convidou ningún representante de Rusia

Os veteranos da batalla volven na que seguramente sexa a súa última vez


Albares di que o acordo sobre Xibraltar deberá agardar o novo executivo británico

03/06/2024 14:01

O adianto electoral non interrompe as negociacións técnicas


Siluetas representando soldados británicos en Ver-Sur-Mer. REUTERS/Benoit Tessier

Normandía conmemora o 80 aniversario do Día D entre turistas e líderes mundiais

02/06/2024 13:14

Por primeira vez non se convidou a Rusia (como herdeira da Unión Soviética), pero si a Ucraína

Este ano haberá unha cerimonias de homenaxe á resistencia e outra á poboación civil falecida 

Carlos III, Macron e Biden protagonizarán os actos centrais o 6 de xuño, a data do desembarco


Sunak adianta as eleccións no Reino Unido para o 4 de xullo

22/05/2024 18:59

A inesperada decisión chega cando os conservadores se atopan a grande distancia por detrás da oposición laborista

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  O REINO UNIDO

Arquivo

A xustiza británica permite a Assange un novo recurso contra a súa extradición aos EUA

20/05/2024 14:38

O equipo defensor poderá recorrer as garantías achegadas por Washington, que non lle asegura poder ampararse na Primeira Emenda, que protexe a liberdade de expresión

Os Estados Unidos reclaman ao programador informático por difundir información clasificada en 2010 e 2011


Fabian Picardo, David Cameron, Maros Sefcovic e José Manuel Albares. Comisión Europea

España, o Reino Unido e a CE logran "avances importantes" e ven preto o pacto sobre Xibraltar

16/05/2024 20:24

A situación da rocha quedou nun limbo no momento do brexit, oito anos atrás

O encontro reafirmou o "compromiso compartido" para achegar confianza, certeza xurídica e estabilidade á rexión

O uso do aeroporto e o control de aduanas centraron as conversas dos equipos desde hai meses

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 277 resultados.