Novas
Contido coa etiqueta .
Accidente De Tráfico
Falece un home tras sufrir un accidente cun quad en Totalán (Málaga)
11/01/2025 18:05
O vehículo envorcou no acceso a unha leira e o seu condutor quedou atrapado
1.154 persoas morreron en accidentes de tráfico en 2024, 14 máis que o ano anterior
10/01/2025 12:33
A sinistralidade aumentou en autovías e autoestradas, especialmente por saídas de vía
O ministro do interior afirma: "A cifra de mortos sería menor respectando os límites de velocidade, evitando o consumo de alcol e drogas e se usásemos elementos de seguridade", como o cinto ou o casco
Marlaska anima a denunciar os grupos de WhatsApp que alertan de controles de alcoholemia e avoga por establecer limitacións para circular aos condutores maiores de 65 anos
Morre unha anciá de 89 anos tras ser atropelada en Vilalba
09/01/2025 08:49
A muller foi atropelada esta mañá por un vehículo cando cruzaba a estrada que comunica Vilalba con Paraxes
Dáse a circunstancia de que o condutor que manexa o vehículo que a atropelou era un familiar político da vítima.
Tres feridos nunha colisión entre dous coches no Pereiro de Aguiar
07/01/2025 19:09
Foron trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense con feridas de diversa consideración
O Nadal deixa en Galicia seis vítimas mortais en accidentes de tráfico
07/01/2025 13:17
O último falecido é un motorista que bateu contra un coche en Vilagarcía
O ano pasado rexistráranse o dobre de mortos nas estradas galegas
En dúas semanas houbo case tres millóns de desprazamentos na comunidade
Falece un motorista de 37 anos tras bater contra un taxi en Vilagarcía
06/01/2025 22:33
A vítima era un repartidor de comida a domicilio
Polo menos dezaoito mortos e 72 feridos en tres accidentes de autobús en Colombia
04/01/2025 20:15
Arredor de oito mil persoas morren anualmente nas estradas colombianas
Un home de 55 anos falece ao bater o seu coche contra outro en Vilagarcía
04/01/2025 05:16
O coche saíu da vía e chocou contra outro vehículo que estaba estacionado
Outras dúas persoas quedaron feridas e foron trasladadas ao hospital do Salnés
Investigan un menor de 14 anos que colleu o coche dun familiar e tivo un accidente
03/01/2025 17:27
O condutor tivo que ser liberado polos bombeiros e trasladado ao hospital. Con el viaxaban outros dous menores, que tamén tiveron que ser hospitalizados.
O rapaz, que ao parecer colleu o coche sen permiso familiar, perdeu o control do vehículo, saíu da vía e acabou envorcado no concello de Laza
Ferida grave unha muller de 45 anos ao ser atropelada en Cambados
03/01/2025 12:07
A ferida foi evacuada ao Hospital do Salnés en ambulancia cunha fractura de ambas as pernas e un traumatismo cranioencefálico
Un condutor ebrio esnáfrase contra o peche dunha vivenda de Feáns, na Coruña
02/01/2025 14:49
Saltou unha rotonda e bateu contra o portón dunha vivenda, causando cuantiosos danos materiais
Falece un mozo de 18 anos en Touro ao ser atropelado por un autobús
01/01/2025 09:32
O sinistro produciuse á primeira hora da mañá deste primeiro día do ano na rúa onde está a sala de festas Dona Dana, onde esta madrugada centos de persoas celebraron o inicio do ano
Todo apunta a que o autobús golpeou a vítima mentres manobraba e o condutor non se decatou do sucedido e continuou coa marcha
Falece un home nunha colisión entre dous vehículos no concello de Carnota
27/12/2024 18:18
Outras dúas persoas, entre elas unha rapaza de 14 anos, quedaron feridas
Vinte e cinco mortos en accidentes de tráfico na primeira fase da operación de Nadal
26/12/2024 09:23
A segunda fase do dispositivo, con motivo de fin de ano, desenvolverase entre o venres 27 e o mércores 1 de xaneiro, e a terceira, pola festividade de Reis, entre o venres 3 e o luns 6 de xaneiro
A DXT prevé máis de 20 millóns de desprazamentos no total das tres fases e insiste na importancia de non unir alcol e condución
Liberado en Ponteareas tras un accidente con dous coches implicados
22/12/2024 12:14
Os bombeiros rescataron a persoa que quedou atrapada, mentres que os ocupantes do outro coche implicado saíron polos seus propios medios
Morre un home en Navia de Suarna tras caer co seu coche nun barranco de 10 metros
22/12/2024 10:26
O accidente rexistrouse a pasada medianoite na estrada LU-P-3507, que une a Pobra de Navia coas Covas, nas proximidades da ermida de San Vicenzo de Castañedo
Once mortos en España en accidentes de tráfico desde o inicio das vacacións de Nadal
21/12/2024 23:37
Nos dez accidentes de tráfico rexistrados nas estradas interurbanas outras catro persoas quedaron feridas graves e outras catro con lesións de carácter leve
Estes datos son desde as 15:00 horas do venres, cando deu comezo a operación especial de Nadal, ata as 20:00 horas deste sábado
Este sábado caeu un vehículo a un regato en Oleiros (A Coruña) con dúas persoas a bordo, quedaron feridas
Condenan a dous anos de cárcere un condutor novel polo homicidio imprudente dunha moza de Vigo
20/12/2024 12:57
A maxistrada do Xulgado do Penal 2 de Vigo acordou privar o procesado do dereito de conducir vehículos e ciclomotores durante catro anos, con perda da vixencia do permiso de condución, e aboe as custas procesuais
Falece unha condutora que caeu co coche ao río en Ponteceso
18/12/2024 17:45
A vítima quedou atrapada no vehículo e tivo que ser rescatada polos bombeiros de Carballo
A recta da Tablilla na AC-413 xa ten radar
16/12/2024 15:09
É un dos tramos coa maior sinistralidade da provincia da Coruña na última década
Polo de agora é de carácter informativo e non sanciona
Reabre a A-8 en Abadín, cortada durante oito horas tras envorcar un camión cargado de vacas
16/12/2024 09:21
O vehículo, cargado de reses, envorcou e quedou atravesado na calzada á altura do quilómetro 555 en sentido Santiago
Os servizos de emerxencia atenderon unha persoa que viaxaba como acompañante
Morre atropelado un home en Castroverde cando ía cambiar unha roda do coche
13/12/2024 20:15
O sinistro ocorreu este venres sobre as seis e media da tarde
Unha persoa ferida ao chocar dous coches na parroquia pontevedresa de Lérez
10/12/2024 20:13
Os bombeiros tiveron que liberar un dos ocupantes
Tres estradas de Galicia, entre as máis perigosas do estado
05/12/2024 14:33
A A-55, que conecta Mos co Porriño, rexistrou o ano pasado 82 accidentes en 2023
Outra estrada, a N-550 no acceso a Redondela, sumou 80 sinistros o ano pasado
O autobús español accidentado en Francia quedou sen freos e chocou cunha rocha para parar
02/12/2024 14:18
Os viaxeiros regresaban tras unha xornada de compras en Andorra
O sinistro deixa dous mortos e máis de corenta feridos, dez deles de gravidade
Morre un condutor de 65 anos en Coles nunha colisión frontal contra outro turismo
02/12/2024 13:49
O sinistro deixa dous feridos máis de carácter leve
Dous mortos e dez feridos graves no accidente dun bus español en Francia
01/12/2024 20:58
O autocar quedou esnafrado contra unha cornixa da estrada á altura de Porté-Puymorens, nas proximidades de Andorra, nos Pireneos
A maioría dos pasaxeiros son colombianos residentes en España
Un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcolemia cae co coche por unhas escaleiras en Vigo
01/12/2024 17:58
O turismo precipitouse na madrugada do sábado nas escaleiras da ermida do monte da Guía
As probas deron un resultado de 1mg/l
Liberan dúas mulleres tras saír da vía e envorcar o seu coche en Ribeira
01/12/2024 13:35
O accidente obrigou a cortar a estrada desde Moldes cara ao hospital do Barbanza
As dúas ocupantes do turismo quedaron feridas e ingresaron no centro médico con prognóstico reservado
Ferida unha muller ao quedar co coche colgando dun muro en Vilanova de Arousa
30/11/2024 12:09
Ocorreu na coñecida como rotonda de Baión, un punto negro segundo a veciñanza
Falece un condutor de 18 anos ao chocar cun poste de formigón en Arteixo
28/11/2024 16:57
Desprazáronse ata o punto os Bombeiros de Arteixo, a Policía Local, a Garda Civil, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e Protección Civil de Arteixo
Un camión queda encaixado en Ribeira entre as casas por seguir o GPS
27/11/2024 14:47
O camión provocou danos en tres vivendas de Deán Grande, e unha delas tiveron que derrubala
Trátase dunha situación reiterada porque o GPS está orientado a turismos, e non a vehículos grandes
Falece un condutor de 86 anos nun accidente entre dos vehículos en Mazaricos
25/11/2024 12:29
Os servizos de emerxencias tiveron que liberar o falecido, que conducía un turismo sen levar o cinto de seguridade
Morre un home de 48 anos atropelado na Laracha
25/11/2024 09:34
O home que faleceu, veciño de Tordoia, ía recoller un familiar que traballaba con el cando tivo lugar o atropelo
Morren 6 persoas, catro delas menores, nun accidente de tráfico en Menorca
23/11/2024 23:18
A Garda Civil apunta ao exceso de velocidade como causa do accidente
Os menores tiñan idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos. Os adultos son unha muller de 48 e un home de 52 anos
Tres dos menores eran fillos da muller e o outro do home
Un camión leva por diante o cruceiro do Bo Xesús en Mazaricos
22/11/2024 14:13
Situado ao pé do Camiño de Santiago, tiña gran valor simbólico para os veciños
O Concello custodia a cruz nunha nave, á espera dunha posible restauración
Salva a vida despois de caer ao mar co coche na ponte das Pías
22/11/2024 13:59
Logrou abandonar o vehículo e chegar a terra nadando
O condutor, un taxista, di que o coche acelerou só
Ano negro nas estradas galegas, con 83 falecidos no que vai de 2024
21/11/2024 14:42
Destacan o aumento dos choques frontais e das mortes de motoristas
Tráfico amosa a súa preocupación e pide extremar a prudencia ao volante
Falece un home de 73 anos en Cenlle pola colisión entre un camión e un turismo
20/11/2024 15:03
O sinistro produciuse pasadas ás 13:00 horas na Autovía das Rías Baixas, A-52, á altura do quilómetro 241
Aumenta a cifra de vítimas mortais de accidentes de tráfico en Galicia, con 82 falecidos
18/11/2024 14:16
A Coruña é a provincia en que se produciron máis accidentes, cun 43 % do total