Publicador de contidos

Contido coa etiqueta accidente de tráfico .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta accidente de tráfico .

Accidente De Tráfico

Catro feridos nunha colisión múltiple na AP-9 en Culleredo

06/09/2024 11:01

No accidente víronse implicados catro vehículos

Os feridos foron trasladados ao hospital
 


O verán deixa 241 mortos nas estradas, case a metade motoristas, peóns e ciclistas

05/09/2024 12:22

En xullo e agosto todos os días houbo algún accidente mortal nas estradas españolas 

O ministro Marlaska recoñece: "Son malos os datos; un só morto na estrada é un prezo inasumible nunha sociedade moderna e avanzada como a nosa"



Accidente de Tráfico no Bolo (Garda Civil)

Dúas persoas feridas nun accidente entre un camión e un coche no Bolo

02/09/2024 20:12

Os ocupantes do turismo tiveron que ser liberados polos bombeiros e trasladados ao hospital


Morren tres persoas e catro quedan feridas ao perder un camión os freos en Valencia

02/09/2024 18:24

O vehículo avariado é un camión de gran tonelaxe dos que se adoitan usar para o transporte de laranxas


Acceso a un dos túneles de Folgoso na A-52 entre Ourense e Vigo

Un vehículo en lapas colapsa un dos túneles de Folgoso na A-52 entre Vigo e Ourense

01/09/2024 21:39

Está cortado desde as 21:00 horas o sentido da circulación a Madrid e desvíase o tráfico pola N-120

Hai retencións quilométricas en plena operación retorno


O turismo e a ambulancia implicados no accidente na A-52

Tres feridos tras chocar un kamikaze contra unha ambulancia na A-52 na Cañiza

01/09/2024 16:33

O máis grave foi o condutor que circulaba en sentido contrario entre Ourense e Vigo na autovía das Rías Baixas

O home deu negativo nas probas de alcol e drogas


Accidente de tráfico na A-6 en Las Rozas/ Emerxencias 112 Madrid

Tres mortos e dous feridos graves ao chocaren cun kamikaze na A-6 en Madrid

01/09/2024 11:44

Faleceu o condutor do turismo que ía en sentido contrario e os dous ocupantes do que circulaba de xeito correcto

O accidente, a altura de Las Rozas, orixinou o corte total da A-6 en sentido a Madrid, o cal causou retencións e obrigou a habilitar desvíos alternativos en plena operación retorno


Lugar do atropelo na estrada local entre Bastavales e A Picaraña en Brión

Morre un home atropelado en Brión na estrada entre Bastavales e A Picaraña

31/08/2024 09:15

O falecido, de 53 anos, camiñaba de madrugada pola vía, que non conta con beirarrúa e carece de iluminación

 O peón non levaba ningunha peza reflectora e a condutora que o levou por diante deu negativo nas probas de alcolemia


Un accidente entre tres coches deixa un menor falecido e 14 feridos en Castelló

30/08/2024 09:33

O sinistro produciuse pouco antes da medianoite na Autoestrada do Mediterráneo, á altura do municipio de Moncofa


Falece o narco José Fernández Blanco, Paspayo, polas feridas sufridas tras un accidente

29/08/2024 09:50

O venres pasado o vehículo que conducía saíu da estrada, e, tras varios días ingresado, este mércores faleceu


Vehículo implicado no accidente

Un aparatoso accidente entre un coche e un camión deixa un ferido en Taboadela

28/08/2024 20:47

O camión levou por diante máis de cincuenta metros do valado de protección da estrada


Accidente múltiple en Nadela

Un accidente múltiple en Lugo deixa dous feridos moi graves

28/08/2024 17:59

O sinistro ocorreu no corredor de Nadela e contou con catro vehículos implicados

Dúas persoas quedaron inconscientes dentro e tiveron que ser liberadas polos bombeiros


Deixan en liberdade o investigado polo accidente mortal de Cangas

28/08/2024 13:11

A Audiencia Provincial atende o seu recurso e entende que a prisión provisional era unha medida excesiva 

O home xa depositou unha fianza de 15.000 euros e non poderá residir na localidade do Morrazo

O condutor fora detido tras supostamente causar un accidente mentres fuxía da policía e que lle custou a vida a outro home 


O vehículo chocou contra a varanda desta ponte, que cedeu e permitiu a súa caída ao río

Dous mortos ao caer o seu coche ao río Eo no límite de Asturias coa provincia de Lugo

28/08/2024 09:58

Os falecidos eran veciños da Veiga e de San Tiso d'Abres, e un deles tiña negocios en Ribadeo

O vehículo saíu da vía por causas que se descoñecen e precipitouse ao río por unha ponte

Categorías:  Galicia   Sucesos


Imaxe de arquivo

Un condutor quintuplica a taxa de alcoholemia e leva por diante a terraza dun bar en Malpica

26/08/2024 15:51

Tras a colisión o home fuxiu arrastrando unha bicicleta baixo o motor do seu coche

O vehículo foi interceptado na zona portuaria por un auxiliar da Policía Local e un axente da Garda Civil fóra de servizo


Ferida grave unha condutora tras colidir contra un camión en San Cibrao das Viñas

26/08/2024 12:05

O accidente rexistrouse sobre as 10:40 horas na N-52, cando o turismo invadiu o carril contrario e acabou chocando contra o camión


O turismo caeu sobre o teito do alpendre en Miño / Consorcio Provincial Contraincendios da Coruña

Un coche cae sobre o tellado dun alboio tras unha saída da vía en Miño

25/08/2024 16:30

No aparatoso accidente non houbo feridos e os seus ocupantes abandonaron o lugar do sinistro


A agresión produciuse despois dun accidente entre dous turismos

Un accidente de tráfico en Sydney remata cun acoitelamento múltiple

25/08/2024 14:10

O agresor foi detido canto trataba de fuxir do lugar do accidente


Momento do atropelo que captan as cámaras de Tráfico de Güevejar

Deteñen un condutor que se fuxiu tras atropelar unha anciá nun paso de peóns

25/08/2024 14:01

A muller atravesaba a calzada cun andador na travesía da localidade granadina de Guëvéjar

Unha cámara de tráfico captou o incidente o que permitiu localizar o condutor




(Imaxe: Consorcio de Bombeiros de Boiro)

Ferido en Boiro o condutor dun vehículo que saíu da vía e bateu contra catro coches estacionados

20/08/2024 10:43

O condutor abandonou o vehículo polo propio pé, pero foi trasladado a un centro hospitalario para ser atendido


Imaxes cedidas por El Progreso

Un ferido grave ao chocar o seu coche contra unha casa en Vilalba

19/08/2024 15:45

Foron os veciños os que avisaron a emerxencias


Indemnizan con 740.837 euros un motorista accidentado na N-120 en Quiroga

19/08/2024 12:54

Tras sete anos e 27 cirurxías, a Audiencia Nacional obriga o Ministerio de Transportes ao non ver acreditados os estándares de seguridade da vía


Entrada do HULA en Lugo/Arquivo

Morre a irmá de Raúl López, propietario de Monbus, tras o accidente en Lugo no que faleceu o seu home

17/08/2024 17:18

María del Carmen López, de 80 anos, operada de urxencia no HULA despois do choque do 7 de agosto na estrada da Fonsagrada, faleceu este venres


O vehículo implicado no accidente envorcado e a moto atrapada

Falece unha motorista canaria tras chocar un coche contra a súa motocicleta na N-120 na Rúa

17/08/2024 16:21

Sábado negro nas estradas ourensás, con dous falecidos en múltiples accidentes en distintos puntos da provincia

A muller das Palmas de 56 anos facía unha ruta co seu home por Galicia


Camiño en Paderne de Allariz onde chocou o tractor contra o coche

Morre un home tras chocar co seu tractor contra un coche estacionado en Paderne de Allariz

17/08/2024 12:02

O condutor do vehículo agrícola puido sufrir unha indisposición cando circulaba pola localidade ourensá e colidiu contra un turismo aparcado


Dous feridos ao chocar un coche contra un muro na Coruña

15/08/2024 20:06

Un coche saíu da vía, bateu contra o aparcadoiro dunha casa e rematou chocando contra outros catro vehículos que estaban estacionados


Loito en Vimianzo pola morte do matrimonio accidentado en Dumbría

15/08/2024 14:31

A familia viaxaba nun coche e bateron de fronte contra un camión de madeira, conducido por un veciño e familiar

O fillo da parella, de 28 anos, está grave; viñera de Liechtenstein para vivir aquí e o luns empezaba nun novo traballo


Dous falecidos e un ferido grave nun accidente de tráfico en Dumbría

14/08/2024 17:59

Os falecidos son un matrimonio de Vimianzo que viaxaban nun coche, no que tamén ía o seu fillo, que quedou ferido grave, e que bateron frontalmente contra un camión 

O condutor do camión, que foi quen alertou do accidente e é familiar e veciño das vítimas, saíu ileso


Un dos vehículos accidentados

O Goberno afirma que os dous accidentes da A-8 ocorreron fóra da zona balizada no Fiouco

12/08/2024 18:38

As colisións producíronse fora da zona da A-8 que conta desde hai dous anos con sinais luminosos para mitigar os problemas de visibilidade

Nove vehículos implicados e catro feridos en dúas colisións na A-8 pola néboa


O condutor foi trasladado en estado crítico ao hospital de Ourense

En estado crítico un condutor que caeu desde unha altura de 3 metros en Verea

12/08/2024 12:22

Os efectivos de emerxencia tiveron que liberar a vítima, un home de 53 anos, que caeu polo desnivel dunha rotonda


Nove vehículos implicados e catro feridos leves en dúas colisións na A-8 pola néboa

10/08/2024 21:00

As colisións producíronse a 400 metros de distancia

Os feridos foron trasladados aos hospitais de Burela e Lugo


Lugar onde se rexistrou o atropelo múltiple/ RRSS

Sete persoas feridas, tres delas nenos, nun atropelo múltiple nun rally en Navarra

10/08/2024 17:46

Un dos turismos que participaba no Rally Villa de Fitero saíu da estrada e levou por diante nunha curva varias persoas que presenciaban a proba

Un helicóptero medicalizado evacuou un neno de 4 anos ata o Hospital Universitario de Navarra


Un coche impacta contra unha terraza ateigada de xente en Miño sen causar feridos graves

09/08/2024 15:04

Por causas que se descoñecen, o condutor perdeu o control do vehículo e bateu contra o panel de cristal da terraza


O choque entre dous camións dificulta a circulación na AP-9 en Caldas de Reis

08/08/2024 12:13

Aínda que non houbo que lamentar feridos, a colisión provocou que queda esparexida pola estrada a carga de envases de leite que levaba un dos camións, o que dificultou a circulación polo punto


As mareas vivas chegaron onde estaba estacionado este vehículo

A marea volve afectar outro coche mal estacionado en Muros

08/08/2024 10:20

Hai un mes houbo un caso semellante na mesma rampla do porto

Portos de Galicia tramitou 1.013 sancións no que levamos de ano 


Accidente na A-30, en Murcia, causado por un coche que ía en sentido contrario (EFE/Marcial Guiilén)

Un coche que ía en sentido contrario en Murcia provoca un accidente con dous mortos

07/08/2024 10:40

Faleceron dous mozos, un home de 29 e unha muller de 22 anos, que viaxaban nunha moto, e quedaron feridas outras tres persoas que ían nun turismo

Publicidade
Publicidade