Publicador de contidos

Contido con Temática Empresa .

Publicador de contidos

Contido con Temática Empresa .

Empresa

Xunta e traballadores esíxenlle a Alcoa que aclare o seu futuro

06/09/2024 16:03

Esixiron á empresa que complete os requirimentos ambientais que lle faltan e ao Goberno central que "atenda" as necesidades enerxéticas da compañía

Etiquetas:  ALCOA

Imaxe de arquivo

A OPA de BBVA sobre o Banco Sabadell xa ten a aprobación do BCE

05/09/2024 18:53

O presidente de BBVA, Carlos Torres, di que este paso "é un fito moi relevante que subliña a solidez e solvencia deste proxecto"

Para que o procedemento continúe agora debe dar o seu visto e prace a CNMV, que valorará cuestións como a da competencia no mercado

Etiquetas:  BBVA   SABADELL

Fábrica de Altri en Portugal

Bruxelas non aprecia infracción ambiental no proxecto de Altri en Palas

05/09/2024 13:12

A Comisión Europea lembra que o Goberno debe velar polo cumprimento das normas, nunha resposta a unha pregunta formulada pola eurodeputada Ana Miranda

A Xunta agarda ter listo o informe ambiental do proxecto a comezos de 2025


A Xunta presenta o plan para ampliar o parque empresarial do Carballiño-Maside

04/09/2024 17:54

Unha vez ampliado, ocupará 1,2 millóns de metros cadrados

Alfonso Rueda destacou no acto a importancia de seguir impulsando o desenvolvemento económico da comunidade


A Oficina Económica do Igape atendeu máis de 5.000 consultas dende abril

03/09/2024 14:53

O 78 % foron resoltas no momento e concertáronse máis de 320 xuntanzas


Ilustración do perfil de Elon Musk en X bloqueado (Reuters/Jorge Silva)

O Supremo do Brasil confirma a suspensión da rede social X por desacatos á Xustiza

02/09/2024 17:58

A rede social estará suspendida no país ata que esta cumpra con todas as ordes xudiciais e pague todas as multas

O instrutor do caso di que os incumprimentos son "reiterados, conscientes e voluntarios" e que crean un ambiente de "total impunidade" para "grupos extremistas"


Novas medidas para paliar os problemas polos excedentes acumulados nas adegas da Ribeira Sacra

02/09/2024 14:33

Os restos de colleitas doutros anos converteranse en alcol para uso industrial

Á mellor colleita da historia seguiuna unha pandemia que provocou o descenso das vendas e a acumulación de excedentes: "Que falte un mes para a vendima e non ter a colleita vendida e algo que non acordo nunca", explica un viticultor da Ribeira Sacra

Comeza de xeito oficial a vendima na D. O. Monterrei con boas expectativas


Ganz Mavag recorrerá ao Supremo o veto á OPA por Talgo e pedirá indemnizacións

29/08/2024 23:34

O consorcio húngaro non descarta presentar outra oferta no futuro

Etiquetas:  TALGO

Os empresarios dos salóns de peiteado expresan preocupación pola redución da xornada laboral

29/08/2024 14:46

O sector fixo público un comunicado onde alerta das graves consecuencias laborais que suporá para eles a posible redución da xornada laboral 

Aseguran que non só destruirá emprego, senón que precarizará aínda máis un traballo xa de por si castigado cun IVE moi alto, do 21 %


Falece Santiago Rey Fernández-Latorre, editor e presidente de La Voz de Galicia

28/08/2024 09:38

Durante máis de 60 anos traballara no grupo editorial, que dirixía desde 1988

A sociedade galega uniuse para darlle unha despedida no museo que leva o seu nome

Etiquetas:  OBITUARIOS

O Goberno veta a OPA húngara sobre Talgo "por razóns de seguridade nacional"

27/08/2024 13:01

Para o Goberno, Talgo é unha empresa estratéxica dentro dun sector clave para a seguridade económica, a cohesión territorial e o desenvolvemento industrial de España


Traballo retíralle a Medalla ao Mérito ao exbanqueiro Julio Fernández Gayoso

27/08/2024 11:26

O Consello de Ministros tamén acordou retirarlle este recoñecemento ao empresario Gerardo Díaz Ferrán


A Xunta di que apoiar o emprendemento dos emigrantes retornados contribúe ao desenvolvemento económico

26/08/2024 13:36

Desde a Secretaría Xeral de Emigración estanse dando 120 axudas deste tipo cada ano


Audasa di adeus á bonificación do IBI; máis de 30 concellos ingresarán máis de seis millóns

23/08/2024 09:35

A concesionaria beneficiábase ata o de agora dunha redución do 95 % do imposto acordada en 1972

O máis beneficiado será o de Santiago, que pasará a cobrar uns 700.000 euros, fronte aos 15.740 euros que viña percibindo por este concepto


Inditex marca un máximo na bolsa e supera os 150.000 millóns de capitalización

20/08/2024 19:12

As accións de Inditex subiron un 1,35 % na sesión e pecharon en 48,14 euros

Etiquetas:  INDITEX

Jaime Botín falece en Santander aos 88 anos de idade

15/08/2024 15:55

Foi presidente do Bankinter ata 2002 e seguía sendo o máximo accionista da entidade

Etiquetas:  OBITUARIOS

A concesionaria da AP-9 aumenta o seu beneficio un 9,5% ata xuño, con 39,5 millóns

09/08/2024 12:01

Audasa facturou entre xaneiro e xuño 96,6 millóns de euros, un 7,7 % máis

Etiquetas:  AP-9

Infografía do proxecto de fábrica de Altri (Greenfiber)

A Xunta pide a Altri seis medidas para minimizar o impacto paisaxístico da planta en Palas de Rei

06/08/2024 21:51

Un informe de Medio Ambiente avala as medidas da compañía, pero require "maior precisión" para as barreiras vexetais de ocultación das instalacións


Bolsa de Toquio (Reuters/Willy Kurniawan)

Tras o luns negro, as bolsas buscan recuperar terreo, con forte rebote das asiáticas

06/08/2024 09:23

O Nikkei xaponés gaña un 10,23 %, a súa maior suba desde 2008

Os mercados europeos buscan unha tregua e inician a xornada con subas

O Ibex 35 comeza a sesión cunha suba lixeira tras perder este luns máis dun 2 %

Categorías:  Mundo   Economía   Empresa
Etiquetas:  BOLSA

Todos os valores do Ibex 35 en vermello (EFE/ Altea Tejido)

O Ibex rexistra a maior caída desde marzo 2023 nun luns negro para as bolsas mundiais

05/08/2024 18:54

En España todos os valores pecharon en vermello, destacando os descensos de Fluidra, Enagás, Acciona, Endesa, Puig e Redeia

Wall Street pecha a súa peor xornada en dous anos

As preocupacións sobre a economía estadounidense provocan grandes baixadas nas bolsas de Nova York e de Toquio, que sufriu a segunda caída máis grande da historia

Etiquetas:  IBEX35   BOLSA

Imaxe de arquivo da Bolsa de Toquio (Reuters/Issei Kato)

As bolsas mundiais baixan con forza, co Nikkei sufrindo a súa segunda maior caída da historia

05/08/2024 09:06

O mercado toquiota non rexistraba unha caída como a deste luns desde o ano 1987, cando sufrira o seu maior descenso histórico

O temor á recesión nos Estados Unidos arrastra a todos os mercados mundiais

As bolsas europeas abren as xornadas con caídas, o Ibex 35 cae na apertura case un 3 %

Categorías:  Mundo   Economía   Empresa
Etiquetas:  O XAPÓN   BOLSA

A venda de coches en Galicia medra preto dun 20 % no mes de xullo

03/08/2024 14:32

Foi a quinta comunidade con máis matriculacións

Estanse comprando máis vehículos, pero aínda non ao nivel previo á pandemia


Alcoa completa a adquisición de Alumina Limited e faise co 100 % do complexo de San Cibrao

02/08/2024 16:10

A contraprestación supón un valor patrimonial de aproximadamente 2.584 millóns de euros para Alumina

Etiquetas:  ALCOA

Iberia cancela a compra de Air Europa polas esixencias da UE

01/08/2024 19:04

A compañía di que as esixencias da Dirección Xeral de Competencia da Comisión Europea para dar luz verde á operación son tan altas que deixa de ter sentido empresarial

Etiquetas:  IBERIA   AIR EUROPA


O Constitucional non admite o recurso do Estado contra a prórroga de Ence en Pontevedra

31/07/2024 18:30

Falta coñecer a decisión sobre o outro recurso de amparo presentado contra esta sentenza por parte do Concello de Pontevedra

Etiquetas:  ENCE

A economía galega repunta e crece un 3,2 % interanual en maio, segundo o Indicador Abanca

31/07/2024 13:00

O indicador alcanzou niveis que non se rexistraban desde agosto de 2022

Etiquetas:  ABANCA

Presentación de resultados do Banco Santander correspondentes ao segundo trimestre (Alberto Ortega / Europa Press)

Os seis grandes bancos españois gañan un récord de 15.287 millóns ata xuño, un 28 % máis

31/07/2024 09:32

Este resultado inédito logrouse a pesar de pagar a comezos do exercicio case 1.500 millóns de euros polo gravame extraordinario do Goberno

Etiquetas:  BANCA   BENEFICIOS

A Oficina de Coordinación Económica marca como prioridade o desenvolvemento das enerxías renovables

30/07/2024 14:57

O seu director, Juan Carlos Reboredo, di que é prioritario para atraer proxectos industriais estretéxicos


Unha imaxe de Booking (Arquivo)

A CNMC impón a Booking a maior multa da súa historia: máis de 413 millóns

30/07/2024 12:33

Ao situar mellor os hoteis con máis reservas en Booking.com, impediu a outras axencias en liña entrar no mercado ou expandirse

Etiquetas:  CNMC   COMPETENCIA

Terminal de vehículos no porto de Bouzas, en Vigo (Arquivo TVG)

A economía española medra un 0,8 % no segundo trimestre polas exportacións

30/07/2024 10:15

Segundo os datos do INE, o primario é o único sector en que descende a actividade

Etiquetas:  EXPORTACIÓNS

(Arquivo Europapress)

Abanca logra 412 millóns de beneficio no primeiro semestre, "o mellor resultado da historia do banco"

29/07/2024 11:24

A entidade supera os 128.000 millóns de euros de volume de negocio coa integración do portugués EuroBic

 Escotet subliña que esta adquisición lle permite "consolidar" a sétima posición no mercado


Imaxe de arquivo (Europa Press)

Reino Unido multa con 2,1 millóns de euros a TikTok por datos inexactos sobre o seu control parental

24/07/2024 15:56

A empresa, obrigada pola lei británica a proporcionar a información solicitada a Ofcom, fíxoo fóra de prazo e con imprecisión


Iberdrola presenta récord de beneficios, con máis de 4.100 millóns no último semestre

24/07/2024 10:47

A cifra de investimentos foi de 5.276 millóns e o pago de impostos de 5.300 millóns


Alfonso Rueda na entrega dos vehículos aos axentes ambientais

A Xunta entrega medio centenar de todo terreos e furgonetas a axentes ambientais

23/07/2024 16:46

O presidente da Xunta e a conselleira de Medio Ambiente estiveron presentes no acto de entrega dos vehículos na Cidade da Cultura

Trátase de 28 camionetas, 14 coches 4x4 e seis furgonetas adaptadas ás necesidades dos traballadores


Galicia é líder mundial en eólica mariña

Empresas eólicas analizan os proxectos actuais para a implantación de parques en Galicia

23/07/2024 15:13

Ferrol acolleu este martes unha reunión da Galician Offshore Energy Group


Asime di que o apoio do Supremo á eólica mariña dará pulo á industria galega

17/07/2024 11:34

En Galicia contan con "preto de 3.000 persoas traballando directamente" nesa industria e estima que poidan chegar aos 12.000 nos próximos 10 anos, ademais de xerar un efecto tractor en 200 empresas

Galicia concentra o 43 % de todo o espazo previsto para eólica mariña no conxunto de España


O Encontro da Toxa analiza o impacto da IA nas empresas

11/07/2024 14:00

É un dos primeiros foros de debate que vencella directamente a intelixencia artificial coa xestión empresarial


O sector turístico modera o crecemento respecto a 2023 malia subir as vendas un 7,8 %

11/07/2024 12:29

Exceltur calcula que o PIB turístico en España medrará un 4,6 %, ata os 202.650 millóns de euros 

A demanda estranxeira segue tirando con forza tanto en chegadas como en gasto en destino, que creceu en maio preto do 20 %


Alfonso Rueda na Asemblea Xeral de Cointega

Javier Guerra chama a crear en Galicia o Silicon Valley da moda

10/07/2024 18:56

O empresario e exconselleiro é o novo presidente do Clúster do Téxtil e da Moda

Presentou o novo plan estratéxico, que prevé un investimento de 16 millóns de euros nos próximos tres anos

Publicidade
Publicidade