Publicador de contidos

Contido coa etiqueta incendios forestais .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta incendios forestais .

Incendios Forestais

As lapas obrigaron a activar o nivel 2 e desaloxar sete aldeas. Europapress.

Detido un mozo como sospeitoso de provocar o incendio de Trabada en que arderon máis de 2.000 ha

19/11/2024 15:28

O arrestado ten 27 anos e é veciño de Barreiros

O incendio foi o máis grande que se rexistrou en Galicia en 2023


San Xoán de Río convértese na capital ibérica da prevención de incendios forestais

14/11/2024 20:25

O Concello foi elixido pola Comisión Europea para acoller as reunións pola súa orografía e as súas experiencias

Os especialistas apuntan o despoboamento rural como causa dos incendios forestais


Consejería de Transición Ecológica y Energía das Canarias

Volven á casa os 200 veciños evacuados polo incendio na Palma, tras "un gran susto"

12/11/2024 08:15

O efectivos de emerxencia lograron estabilizar de madrugada o incendio, que calcinou unhas sete hectáreas


O Concello de Ribadeo obriga os madeireiros a limpar os camiños forestais que usan

02/11/2024 14:31

Un incendio o ano pasado arrasou 1.700 hectáreas neste municipio
 


Control da biomasa en zonas sensibles de incendios

02/10/2024 15:38

Os operarios retiran árbores e maleza nas leiras a menos de 50 metros das casas


Detido en Portugal un presunto incendiario acusado de provocar catro lumes

22/09/2024 10:37

As forzas de seguridade sospeitan que é o autor dun dos incendios máis devastadores desta semana en Aveiro


Portugal di ter controlados os incendios, avalía danos e prevé xa desmobilizar máis medios

20/09/2024 18:21

Malia todo, cinco incendios rurais seguen activos

182 vítimas, entre elas 5 falecidos (catro bombeiros e un civil) e máis dunha decena de feridos graves nunha vaga de incendios que queimou 124.000 hectáreas

As autoridades alertan dos danos que poden causar as chuvias sobre as zonas queimadas

Portugal afronta unha xornada "máis tranquila" de loita contra os incendios, con só 2 activos



Portugal afronta unha xornada "máis tranquila" de loita contra os incendios, con só 2 activos

20/09/2024 08:21

O Goberno decretou este venres como día de loito polas cinco vítimas mortais nesta vaga de incendios, que deixaron arredor de 100.000 hectáreas arrasadas

Para esta noite está prevista a primeira chuvia, que mesmo podería caer en forma de ballóns


Os focos activos en Portugal redúcense a 80

19/09/2024 14:19

Ás doce da noite deste xoves levántase a alerta por perigo de incendios

Agárdase unha baixada das temperaturas e menos vento, o que favorecerá a extinción do lume



Incendio forestal na parroquia de Cuíña, Palas de Rei (Garda Civil)

Estabilizado o incendio da Gudiña, controlado o da Mezquita e extinguido o de Palas de Rei

19/09/2024 09:34

O incendio de Pentes-A Gudiña, estabilizado, afecta 280 hectáreas

Medio Rural dá tamén por extinguido o incendio de Augasantas, en Cerdedo-Cotobade, que queimou 13,88 hectáreas


Portugal anticipa unha xornada complexa e avanza que recibirá nova axuda de España para combater os incendios

19/09/2024 08:12

A situación mantense complicada en Portugal, con decenas de focos activos

A Autoridade Nacional de Emerxencias e Protección Civil sinalou que están centrados no combate ás lapas e aínda non teñen datos do número de hectáreas que arderon


TVG

Controlado na Gudiña o incendio de Pentes e estabilizado o de Barxa, en que arderon 290 hectáreas

18/09/2024 13:59

En Requeixo, Chandrexa de Queixa, segue activo un lume, e o de Augasantas, en Cerdedo-Cotobade, está estabilizado


Imaxe das illas Cíes este mércores /EN DIRECTO Cámara web da CRTVG en Baiona

O fume dos incendios que afectan Portugal cobre o ceo de boa parte de Galicia

18/09/2024 10:34

A axuda internacional desprégase en Portugal, a onde chegaron esta madrugada 230 efectivos españois da Unidade Militar de Emerxencias

Volve estar activo o incendio da Gudiña que a Xunta daba por controlado e xa ascende a 240 hectáreas


Activo un incendio en Laza e estabilizado outro en Arbo

16/09/2024 08:40

A Consellería do Medio Rural sinalou que a superficie afectada por cada un destes incendios ascende ás 20 hectáreas

Estabilizado outro incendio en Oia en que arderon 6 hectáreas


Estabilizado o lume forestal de Muíños tras queimar 45 hectáreas no Parque do Xurés

14/09/2024 11:23

O incendio comezara pouco antes das sete da tarde do venres Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés


Extinguido o lume forestal de Entrimo que entrara hai tres días dende Portugal

07/09/2024 12:19

Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 223 hectáreas dentro do parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés


Desaloxados máis de 20 veciños e decretado o nivel 2 de alerta en Crecente por un incendio

05/09/2024 04:34

A Xunta activouna como medida preventiva, pola proximidade das lapas aos núcleos de poboación

O alcalde amosábase convencido na Radio Galega da intencionalidade do incendio

Explicou que os catro veciños de San Colmede, que seguían alí, tiveron que facerlle fronte ao lume sós ao estar cortada a única pista de acceso

Segundo as últimas estimacións, o lume supera as 20 hectáreas de superficie afectada


Incendio na parroquia de Paredes, en Ponteareas

Agosto despídese en Galicia con máis de 230 hectáreas afectadas por incendios forestais

01/09/2024 09:32

O mes de maior incidencia en 2024 foi abril, fóra do período estival e con arredor de 450 hectáreas queimadas


A Unidade de Investigación de Incendios Forestais puxo unha vintena de persoas a disposición xudicial

31/08/2024 13:51

A Unidade investiga case en tempo real o 70 % dos incendios de Galicia

Os índices de risco de incendio son altos en zonas do interior onde hai máis de cen días que case non chove


Bombeiros estonianos integráronse 15 días no operativo galego contra os incendios forestais

30/08/2024 14:54

O Mecanismo de Protección Civil de UE está a promover a posta en común de coñecementos e técnicas entre bombeiros do Norte e do Sur de Europa


Imaxes do BRIF Laza

Controlado o incendio da Gudiña que afecta case 80 hectáreas de superficie

24/08/2024 09:15

As lapas obrigaron a cortar a N-525 no quilómetro 138 e desviar o tráfico pola A-52

Para o control do lume que se orixinou na parroquia de Pentes concentráronse 16 medios aéreos en apoio das brigadas forestais


Detido un home acusado de provocar un incendio en Toques

20/08/2024 10:00

O aviso dun veciño permitiulle á Garda Civil actuar de inmediato e deter o presunto autor, que levaba encima dous chisqueiros


Desaloxan 500 persoas por un incendio en Xaén, que afecta 700 hectáreas

19/08/2024 11:31

O incendio ten un perímetro de máis de 20 quilómetros, nunha zona con numerosos núcleos residenciais 


Imaxes da zona queimada en Paredes despois do incendio

Controlado o incendio forestal en Ponteareas que calcina 40 hectáreas

17/08/2024 12:39

O lume, o primeiro grande incendio do verán en Pontevedra, mantivo en alerta durante a noite os veciños do lugar de Paredes


Dan por controlado o grande incendio de Atenas que deixa unha vítima mortal

13/08/2024 08:56

As autoridades localizaron un corpo calcinado na sede dunha empresa arrasada polas lapas

Milleiros de persoas permanecen evacuadas. As autoridades habilitaron o estadio olímpico de Atenas e outras instalacións para acoller os desprazados

A situación do incendio mellorou este martes, logo de que o Goberno grego solicitase axuda internacional para combater o lume


Bombeiros traballando de madrugada na extinción do lume (Reuters/Alexandros Avramidis)

Máis de 50.000 evacuados e 10.000 hectáreas queimadas nun incendio que ameaza Atenas

12/08/2024 08:49

Von der Leyen anunciou que catro países da UE enviarán a Grecia medios terrestres e aéreos para axudar na extinción

Máis de 700 bombeiros con 200 camións, 17 avións e 15 helicópteros traballan nunha fronte de 40 quilómetros


Investigan a orixe do incendio que se produciu na tarde do mércores na Illa de Arousa

08/08/2024 09:21

Todo apunta a que o lume foi intencionado, xa que os operarios atoparon catro bengalas


Trinta patrullas do exército vixiarán os oito distritos forestais de máis risco de incendio

31/07/2024 13:53

A operación Sentinela Galego cumpre 17 anos en Galicia 

Desenvólvese entre o 15 de agosto e o 30 de setembro 


Máis de 4.000 evacuados polo incendio que devora o norte de California

29/07/2024 21:00

Traballan contra o lume 4.000 bombeiros, pero prevén que leve semanas telo baixo control

Está detido un home de 42 anos como principal sospeitoso de orixinar o incendio


O verán galego frea polo momento a tempada de incendios forestais

20/07/2024 14:31

A vixilancia nos montes continúa alerta porque a situación pode cambiar en calquera momento

A irregularidade estacional ocasiona fóra do verán incendios cada vez máis virulentos

A videovixilancia e o persoal das brigadas centran o plan de loita contra os lumes forestais


O mapa de risco de incendios forestais será accesible para todos os cidadáns

12/07/2024 14:41

As previsións estarán especificadas por concellos e serán de tres días


California loita contra 17 incendios forestais no medio dunha vaga de calor extrema

10/07/2024 14:16

O máis importante, ao norte dos Ánxeles, xa arrasou máis de dez mil hectáreas


Satisfacción na Xunta polos avances na limpeza das faixas de protección forestal

02/06/2024 11:19

O director xeral de Defensa do Monte asegura que nos últimos anos o nivel de cumprimento da obriga "aumentou dez puntos"


Case o 75 % dos incendios forestais acontecidos en Galicia son intencionados

01/06/2024 21:09

 As 177 cámaras instaladas no monte cubrirán o 85 por cento do territorio en risco de lume

Todas as imaxes supervísanse en tempo real no centro de control técnico en Santiago


Un bosque de 1.200 sequoias crecerá contra o lume no monte Galiñeiro

08/05/2024 21:33

O monte Galiñeiro, en Gondomar, conta cuunha das plantacións de sequoias máis grandes de Galicia e tamén de España

Falamos dunha especie procedente de California que empeza a proliferar na nosa comunidade. Son árbores milenarias e robustas que actúan sobre todo como freo do lume

 Na comunidade de montes de Vincios, e tras os incendios do 2017, plantaron unhas 1.200 árbores deste tipo. Crecen despaciño, pero co tempo poden sobrepasar os cen metros de altura


Un equipo da USC proba en montes queimados proxectos sostibles de rexeneración

04/05/2024 13:43

Ensaian coa plantación de distintas especies arbóreas e introducindo animais para controlar a vexetación


Sospéitase da intencionalidade do incendio que calcinou 100 hectáreas en Rois

23/04/2024 14:17

Comezou ás seis da tarde no lugar da Pereira e propagouse rapidamente pola acción do vento

Unhas 180 persoas participaron no dispositivo de extinción, que logrou estabilizalo ás cinco da madrugada

 


Un incendio intencionado queima xa 170 hectáreas en Crecente

16/04/2024 08:15

Medio Rural avanza que o lume quedou estabilizado a primeira hora da tarde

Publicidade
Publicidade