Publicador de contidos

Contido coa etiqueta infraestruturas .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta infraestruturas .

Infraestruturas

Puente leva ao Consello de Ministros un macrocontrato de 660 millóns de euros para manter 11.500 quilómetros de vías de tren

14/01/2025 08:46

A autorización do Consello a este acordo do Ministerio que encabeza Óscar Puente permitirá a ADIF licitar este contrato dividido en seis lotes, correspondente cada un deles a zonas xeográficas diferentes

O contrato adecúa os recursos humanos e técnicos á evolución e a modernización que o Ministerio desenvolve no ferrocarril convencional, que inclúen equipos de garda de actuación rápida ante incidencias

Renfe desmente que vaia trasladar trens que operan no Eixo Atlántico a outras comunidades

Puente nomea a Álvaro Fernández de Heredia novo presidente de Renfe e tamén aprobou o nomeamento de Sara Hernández do Olmo como nova secretaria xeral de Mobilidade Sostible


A reapertura do viaduto do Castro volve conectar Galicia e León pola A-6 dous anos despois do colapso

30/12/2024 13:40

A infraestrutura volve entrar en servizo esta tarde en dirección A Coruña

O viaduto colapsou en xuño de 2022 e desde entón o tráfico estaba sendo desviado por Pedrafita do Cebreiro

O ministro de Transportes ratifica que a autovía Santiago-Lugo estará rematada en 2025 e que a conexión entre Galicia e Portugal de alta velocidade estará lista en 2030


Vista do viaduto do Castro (EFE/ Eliseo Trigo)

O viaduto do Castro na A-6 reabre ao tráfico este luns en sentido A Coruña

29/12/2024 14:03

O ministro de Transportes, Óscar Puente, inaugura a reconstrución da infraestrutura que colapsara no 2022


O novo túnel da A-52 busca a solución para unha das vías con máis sinistros de Galicia

20/12/2024 14:20

A construción dun novo trazado, cun túnel incluído, na A-52, permitirá evitar a A-55 por Mos

Mos presentará alegacións ao novo trazado do tunel a A-52 entre Vigo e O Porriño




EFE

Mañueco e Rueda pídenlle ao Goberno o mesmo esforzo no Corredor Atlántico que no Mediterráneo

12/11/2024 15:46

O presidente da Xunta e mais o de Castela e León reclaman unha "aposta seria" polas infraestruturas do noroeste peninsular


Expertos en xeotecnia inspeccionan o desprendemento na autoestrada entre León e Asturias

11/11/2024 14:11

Este luns conseguiron abrir un carril, e nas últimas horas confirmaron con cans en con cámaras térmicas que non hai ningún vehículo sepultado


O corredor entre Brión e Noia converterase en autovía tras aprobar a Xunta o seu desdobramento

11/11/2024 11:56

Terá un investimento de 29 millóns de euros e di o presidente, Alfonso Rueda, que facilitará as comunicacións na zona

O Consello da Xunta aprobou tamén a creación da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, co obxetivo de duplicar o número de vivendas de promoción pública ata 2028


Policía Militar limpa as rúas de Catarroja (EFE/ Chema Moya)

O 98 % dos fogares afectados pola DINA recupera a subministración eléctrica

05/11/2024 12:29

O presidente do Goberno avanzou que o 68 % das liñas de telefonía danadas están recuperadas 

Habilitados xa todos os carrís da A-7 e da A-3 norte e os servizos de media e longa distancia ferroviaria entre Valencia, Castelló, Tarragona, Teruel e Barcelona


O caos apoderouse do tráfico en Valencia e decenas de estradas seguen cortadas

04/11/2024 14:33

Houbo ata 35 quilómetros de atascos entre todas as vías da área metropolitana

Segue sen operar a alta velocidade con Madrid e están pechadas tres liñas de proximidades

Sexto día de traballos de limpeza e desentullo de vivendas e rúas


A A-3 ao seu paso por Godelleta. EFE/KaiForsterling

A metade da xente damnificada segue sen móbil e 3.000 fogares non teñen luz

03/11/2024 13:44

Habilitáronse todos os carrís das estradas V-30 e V-31 da A-3 e da A-7

Restableceuse a alta velocidade entre Valencia e Barcelona con limitacións


Nos Ancares reclaman que se aceleren os traballos de repavimentación da A-6

28/10/2024 14:15

Máis de 40 quilómetros da autovía teñen carrís cortados ou coa velocidade reducida


En Lugo, o Partido Popular reclama unha maior implicación do Goberno coa provincia

27/10/2024 19:39

A presidenta do PP de Lugo Elena Candia insistiu este domingo na reclamación de que o

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado durante a visita a un dos treitos da AP-9

O PPdeG acusa o Goberno de "escusarse en mentiras" para non transferir a AP-9

27/10/2024 12:48

Denuncia a falta de compromiso do Goberno coas infraestruturas para Galicia


Túnel do Folgoso na A-52 entre Vigo e Ourense

As obras de mellora do túnel do Folgoso na Cañiza afectan ao tráfico na autovía Vigo-Ourense

20/10/2024 09:57

Os cortes de tráfico no túnel máis longo de Galicia produciranse entre o 21 e o 26 de outubro, polo que se habilitarán desvíos nos dous sentidos pola N-120 e a N-559

Os condutores circularán polo alto de Fontefría, cun rodeo pola estrada nacional, como xa sucedeu durante o longo peche da infraestrutura en 2021


O Milladoiro, en Ames, estará en obras ata finais de 2025 pola remodelación da N-550

23/09/2024 14:42

Os traballos afectan un treito de 1,6 quilómetros na principal arteria desta vila veciña de Compostela

A veciñanza do Milladoiro, dividida polo proxecto de humanización da avenida


A Xunta dá o visto e prace ao PXOM de Vigo e anuncia que financiará o túnel de Elduayen

19/09/2024 16:23

O Concello deberá someter o Plan Xeral de Ordenación Urbana á aprobación do pleno


Novo desvío na autovía A-6 a partir do luns en horario nocturno

14/09/2024 14:38

Durante catro días, os vehículos terán que atravesar Pedrafita do Cebreiro

O corte obedece á execución dunhas obras na calzada do viaduto do Castro


Poucos trens para cubrir a primeira volta a casa do curso

13/09/2024 21:01

O reforzo de 7.300 prazas queda pequeno ante o retorno dos universitarios

A falta de trens deriva en ringleiras nas billeteiras dos autobuses

Categorías:  Galicia   Sociedade
Etiquetas:  INFRAESTRUTURAS

O viaduto da AP-9 en Portas estará en obras ata vésperas do Nadal

13/09/2024 13:09

Durante o transcurso das obras permanecerá pechado un carril na zona do viaduto

En horario nocturno, que será cando se fagan os traballos, circularase por unha soa calzada da autoestrada para os dous sentidos




Cortan a calzada por obras na AP-53 desde este luns, no treito que pasa pola Estrada e Silleda

19/08/2024 08:40

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible executa obras de mellora do firme entre os puntos quilométricos 17,020 e 27,840, nunha reparación que se prevé prolongar ata finais de setembro


Ferrol avanza no proxecto de abrir a cidade ao mar

12/08/2024 15:28

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou a primeira fase das obras en que se están a investir máis de 15 millóns de euros

Categorías:  Galicia   Ferrol   Economía
Etiquetas:  INFRAESTRUTURAS

A Xunta prevé que a rehabilitación dos antigos xulgados de Vigo comece a finais de ano e estea lista en 2026

06/08/2024 15:48

O Consello aprobou este luns a licitación por 19,4 millóns de euros

As instalacións pasarán a ser espazos de ocupación temporal por parte de asociacións e entidades sociais da cidade

Categorías:  Galicia   Vigo   Sociedade
Etiquetas:  INFRAESTRUTURAS

Ourense sofre outra nova xornada de retencións na A-52 polas obras de asfaltado

06/08/2024 14:45

Os traballos provocaron ringleiras de vehículos na autovía entre cidade e Alongos nos momentos de máis tráfico


Veciños dunha aldea de Amoeiro denuncian o mal estado de varios postes de teléfono

26/07/2024 14:45

O máis perigoso atópase na praza da localidade de Liñares e ten a base desfeita pola couza


Queda aberta a peóns e ciclistas a nova vía paralela ao río Louro no Porriño

06/07/2024 14:14

O camiño, que discorre paralelo á vía do tren, contou cun investimento de máis de 400.000 euros


Visita ás obras do viaduto da A-54 sobre o río Pambre (EFE/ Eliseo Trigo)

O Goberno asegura que a A-54 estará completada a finais de 2025: "A obra alongouse durante demasiado tempo"

27/06/2024 13:07

O secretario de Estado de Transportes confirma que o treito Melide-Palas "estará operativo a finais de ano"

Tras 20 anos en obras, "hai que agradecer a paciencia dos veciños e veciñas da contorna", dixo José Antonio Santano durante a súa visita ás obras do viaduto sobre o río Pambre

Santano asistiu tamén á posta en servizo do novo enlace orbital, situado sobre a autoestrada AP-9, que permitirá conectar esta vía coa A-54


A Xunta encarga un estudo para cifrar o custo do traspaso da AP-9

23/06/2024 09:36

Ante o baile de cifras do Goberno, en Vivenda anuncian a realización deste estudo que prevé ter listo no prazo dun ou dous meses

María Martínez Allegue anuncia a publicación dunha liña de axudas para que promotores e cooperativistas constrúan vivenda protexida en réxime de alugueiro


Debate político en Galicia sobre a titularidade ou a defensa da gratuidade da AP-9

16/06/2024 22:27

O conselleiro de Presidencia di confiar en que o PSdeG consiga que o Goberno acceda á transferencia da Autoestrada do Atlántico

O líder dos socialistas galegos Xosé Ramón Gómez Besteiro defende a gratuidade da AP-9 e pídelles a PP e BNG que apoien uns orzamentos do Estado que inclúan bonificacións do 75 % das peaxes


Diego Calvo: "Se lle volven preguntar ao ministro para a semana, igual estamos en 8.000 millóns pola AP-9"

16/06/2024 09:14

O conselleiro da Presidencia di confiar en que o PSdeG consiga que o Goberno acceda á transferencia da Autoestrada do Atlántico

Avanza que no mes de xuño terá unha reunión co comisionado do Goberno para o Corredor Atlántico Noroeste


Óscar Puente durante a visita ás obras da intermodal de Lugo (EFE/Pedro Eliseo Agrelo Trigo)

Puente ponlle prezo ao traspaso e o rescate de AP-9: máis de 6.000 millóns; "Se alguén pon o diñeiro, nós encantados"

14/06/2024 12:11

O ministro de Transportes explicou en Lugo que "transferir as competencias ten un custo de entre 1.260 e 2.600 millóns, e rescatar a concesión, 4.000 millóns"

O PPdeG pide un estudo "serio e rigoroso" sobre o custo de rescatar a Autoestrada do Atlántico



O aeroporto de Vigo executa os últimos traballos para reabrir a súa pista o venres

28/05/2024 16:25

Despois de catro semanas do peche ao tráfico aéreo dáse por finalizada a fase de rexeneración do asfalto de pista

Nestes últimos días ultimase os traballos con tarefas de pintura, comprobacións eléctricas e calibracións de axuda á navegación

O aeroporto de Sá Carneiro estará pechado o día 10 de setembro


O Goberno aproba por 51 millóns a licitación do acceso de Vigo ao Corredor Atlántico

28/05/2024 13:59

O Consello de Ministros acordou a mellora na liña Guillarei-Redondela co obxectivo de "reforzar a capacidade da vía para o tráfico de mercadorías e, eventualmente, o de viaxeiros", o que e facilitará o acceso de Vigo ao Corredor Atlántico


O Congreso reinicia o 11 de xuño o debate da iniciativa de transferencia da AP-9

28/05/2024 11:00

O Parlamento Galego elixirá este mércores os deputados galegos que irán defender esta iniciativa na cámara baixa


Veciños da parroquia ourensá de Seixalbo din levar máis dun ano aturando obras ao carón das casas

23/05/2024 14:04

Os afectados lamentan os danos que lles ocasionan os traballos da variante exterior de Ourense

Ruídos, fochancas e fendas nas casas son algunhas das consecuencias


As continuas avarías no ascensor da avenida das Fontiñas, en Lugo, provocan as queixas dos usuarios

22/05/2024 13:39

O aparello dálles servizo a numerosas persoas, moitas coa mobilidade reducida

Publicidade
Publicidade
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 394 resultados.