Novas
Contido coa etiqueta .
Música
Chega á Coruña "Madame Lumière", unha experiencia multisensorial para bebés
10/11/2024 14:43
O espectáculo da compañía La Menuda forma parte do ciclo Bebescena, que acolle o centro cultural Ágora
A Fiscalia arxentina imputa tres persoas pola morte de Liam Payne en Bos Aires
08/11/2024 08:14
Un dos acusados é unha persoa que acompañou a Payne durante a súa estadía en Bos Aires, outro é un empregado do hotel no que faleceu e o terceiro foi descrito como "un provedor de estupefacientes"
A fiscalía informou que a imputación destas tres persoas, cuxa detención xa foi ordenada, chegou tras unha extensa investigación que incluíu decenas de testemuños
A análise toxicolóxica do cadáver de Liam Payne confirma que consumiu "cocaína rosa" e outras drogas
22/10/2024 18:55
No cuarto do hotel de Bos Aires en que se aloxaba Payne, os axentes atoparan restos de bebidas alcohólicas e drogas
Carabela: "Esperamos que o premio NARF nos axude a dar máis concertos"
22/10/2024 18:04
A banda noiesa acaba de gañar o premio NARF, que promove a Deputación da Coruña
Este ano publicaron o seu segundo EP, A noite
Chegaron tamén á final Gloria Pavía e Rafa Morales e mais Cinta Adhesiva
Case mil músicos participan en Pontevedra no Certame Galego de Bandas
19/10/2024 22:10
Hai quince formacións musicais que compiten para obter os premios do concurso
A Xunta asinou un convenio coa Federación Galega de Bandas, que implica unha subvención de 200.000 euros anuais e a organización deste certame
A Coral de Ruada, Premio Otero Pedrayo pola súa difusión da cultura e a lingua galega
14/10/2024 18:36
A agrupación, fundada no ano 1918, estivo moi vinculada ao movemento galeguista e á Xeración Nós
Leire Martínez sepárase de La Oreja de Van Gogh tras 17 anos como vocalista
14/10/2024 15:53
A banda anunciou a desvinculación da cantante tras non conseguir achegar as "diferentes maneiras de vivir o grupo"
Voces recoñecidas do rap reivindican o uso normalizado do galego
12/10/2024 21:49
Pontevedra acolleu a final do CeibaRimas, que naceu hai catro anos para fomentar o uso da lingua propia entre a mocidade
Un total de 26 persoas participaron nesta rifada competición de freestyle
Coristas galegos reúnense en Chantada e animan a xente a cantar porque "contribúe á felicidade"
05/10/2024 20:41
No primeiro Encontro do Coro da Federación Coral Galega, aseguraron que cantar contribúe activamente á felicidade
Mundo Otaku Narón é punto de encontro para os amantes do anime e do manga
05/10/2024 14:40
O programa inclúe talleres, torneos e concursos de temática xaponesa
Morre Josefa de Bastavales, pandeireteira e referente do folclore galego
02/10/2024 18:44
Actuou con músicos como Manu Chao, Fuxan os Ventos, Cristina Pato, Susana Seivane e o grupo de música folk The Chieftains
Os tunos arxentinos e galegos selan unha irmandade musical en Compostela
29/09/2024 20:53
A música da tuna ofreceu unha oportunidade para estreitar lazos con América Látina, durante o IV Festival dos Camiños en Compostela
No marco deste encontro, uns antigos tunos procedentes da Arxentina e de Santiago actuaron xuntos
A sexta edición do Caudal Fest pecha por todo o alto un verán cargado de festivais
21/09/2024 20:38
Calcúlase que o seu impacto económico para Lugo e a súa contorna supera os oito millóns de euros
'Segundo premio' de Isaki Lacuesta representará a España nos próximos Óscar
18/09/2024 11:54
A cinta recrea a historia da gravación do disco Una semana en el motor de un autobús, o terceiro traballo da banda de rock granadina Los Planetas
Taylor Swift iguala o record de premios MTV de Beyoncé e comparte protagonismo con Katy Perry
12/09/2024 10:52
Swift gañou sete premios, incluído artista do ano e mellor videoclip por "Fortnight"
Coroouse o mesmo día en que irrompeu de cheo na campaña electoral cunha mensaxe en Instagram en que deu o seu apoio á vicepresidenta dos EUA e candidata demócrata Kamala Harris
Burela despide a décima edición do seu festival Osa do Mar
08/09/2024 15:01
A cita musical fai que artistas consagrados e outros noveis compartan escenario
A quinta de Tchaikovsky, na praza de Santa María, en Lugo
24/08/2024 20:57
Un concerto en Lugo pecha o curso de especialización en música orquestral
Morre Jorge, o frautista que percorría as rúas de Ourense, tras ser acoitelado esta semana
17/08/2024 18:10
A Jorge Gómez, veciño do barrio do Vinteún que tocaba decotío na zona dos viños da cidade, acoitelárono na madrugada do xoves
Hai dous detidos en relación coa agresión
Estaba ingresado no CHUO cunha ferida na cabeza por arma branca
Camiñar polo paseo marítimo da Coruña a ritmo de música electrónica
13/08/2024 20:58
Andrés Soria explica como xurdiron os temas do seu novo álbum, Senda
Un incendio forestal en Monteferro obriga a desaloxar o Festival Vive Nigrán
11/08/2024 10:25
Os 1.500 asistentes que gozaban da música de Visions of Johanna, Arizona Baby e Hey Hematoma foron evacuados por precaución para evitar danos
As lapas comezaron nun vehículo que circulaba por unha pista de terra
O festival de Pardiñas volve congregar numeroso público, como fai desde hai 45 anos
03/08/2024 21:16
O encontro cultural reúne afeccionados á música, o deporte e a artesanía
A celebración inclúe actuacións en directo e prolóngase toda a fin de semana
O festival Revenidas Miúdo reúne 3.000 persoas no Monte do Gozo
28/07/2024 21:23
Foron máis dunha ducia de actuacións en tres escenarios diferentes
A romaría comezou ás doce da mañá e prolongouse toda a tarde
A clientela dun cámping de Barreiros protesta pola música dun bar próximo
28/07/2024 14:48
Aseguran que o estrondo do local lles impide descansar
O dono do negocio asegura que conta con todos os permisos
O dono do cámping confesa que perdeu clientela polo balbordo
As versións coreográficas das bandas coreanas de K-pop chegan a Lugo
27/07/2024 19:12
Cada día xorden novos grupos de dance cover
Bea García, de Terras do Eume, proclámase vencedora da última edición de Recantos
20/07/2024 18:59
A gañadora superou a representante de Lugo na final que tivo lugar este venres no Luar da TVG
Un Ed Sheeran xenial fixo vibrar o Gozo Festival en Compostela
07/07/2024 10:17
O cantante británico reinou no escenario sen coreografías nin bandas ante máis de 30.000 persoas
A música en directo no Gozo incluíu actuacións de Fillas de Cassandra, Angelina Mango, Bomba Estéreo ou Micky Chance
Segunda xornada do PortAmérica con Aitana, León Benavente, Luz Casal e The Rapants
05/07/2024 21:53
Moitos dos concertos poden verse en directo na plataforma agalega.gal
Pola tarde, Besmaya foi unha das bandas máis agardadas polos fans da escena indie-pop española, e Caloncho, un dos autores máis comprometidos co medio ambiente na industria
Arranca o festival PortAmérica con tres xornadas de música e gastronomía
04/07/2024 21:34
A cita mestura a música en directo e a gastronomía de xeito sublime
Mondras, Guadi Galego, Xoel López e Vetusta Morla son algúns dos artistas desta primeira xornada
Recorda que podes seguir o festival en streaming por agalegal.gal
Cheo na última xornada do Resu, a meca europea en Viveiro do heavy e do rock
29/06/2024 23:13
As mellores festas, concertos e eventos da última fin de semana de xuño en Galicia
27/06/2024 17:01
O Resurrection Fest, o San Paio, o inicio da Mostra Internacional de Teatro de Cangas, o Orgullo LGTBIQ+ e moito máis
Primeira noite do Resurrection cos cabeza de cartel Machine Head e Alice Cooper
26/06/2024 22:07
É un dos mellores festivais de rock e de metal de toda Europa
O seu cartel nesta edición conta con 90 bandas galegas, nacionais e internacionais
Demandan un local de ensaio en Ourense para a mocidade
24/06/2024 14:18
Tras o peche do espazo Lusquiños, os grupos locais quedaron sen un lugar de referencia no que, ademais de ensaiaren, facían comunidade
A irresistible 'Vaivén', de G Face, premio Canción do Verán da Galega
13/06/2024 18:54
G-Face coróase como o gañador este 2024
11/06/2024 20:27
Alumnado de seis centros galegos levan á escena a ópera 'Le Villi', de Puccini
02/06/2024 14:42
A estrea coincidiu co 140 aniversario da primeira representación da obra en Milán
Remata o Son do Camiño tras tres días cunha cincuentena de artistas e case 130.000 asistentes
01/06/2024 22:30
Ana Mena, Melendi ou Jared Leto co seu grupo, canda diferentes DJ, puxéronlle o ramo a un festival que deixou unha gran pegada en Compostela
Pet Shop Boys triunfa coa nostalxia dos 80 no Son do Camiño
01/06/2024 09:20
A mestura de estilos e xeracións do festival quedou patente na segunda xornada con La Oreja de Van Gogh ou Myke Towers, entre outros
O dúo de synthpop británico coa voz de Neil Tennant e o teclista Chris Lowe triunfaron cun repertorio dos seus himnos e dos temas novos
Cativos de toda Galicia únense para cantarlle á Xeración Nós
31/05/2024 21:05
350 cativos de conservatorios de toda Galicia cantaron en Ribadavia algúns dos versos máis famosos da Xeración Nós
Participaban na oitava edición do certame 'No bico, un cantar', organizado polo Consello da Cultura Galega para divulgar a nosa lingua da man da nosa música
Green Day, J Balvin e Arde Bogotá, os pratos fortes do xoves do Son do Camiño
30/05/2024 21:51
O cartel, como cada ano, moi ecléctico e orientado a todos os gustos e a todas as idades