Novas
Contido coa etiqueta .
Ríos
Alumnos de Boborás trasladan a aula ao río Viñao
17/09/2024 14:13
É unha actividade organizada pola sociedade de pesca para achegar os cativos á natureza
Un biólogo explícalles a fauna do río e como supervisar o estado das augas
Investigan as causas da morte dun mozo mentres se bañaba no río Mente, en Riós
11/08/2024 14:09
Tiña 22 anos e faleceu mentres gozaba dunha tarde de lecer con compañeiros nunha área recreativa do concello ourensán de Riós
Foi nunha zona onde a profundidade máxima non chega ao metro e medio
Máis de 70 farmacéuticos inspectores de Saúde Pública supervisan as zonas de baño en Galicia
06/08/2024 14:55
Analizan a presenza de calquera tipo de vertedura ou substancia contaminante que poida prexudicar a saúde dos usuarios
Limpan o leito e as marxes do río Te en Rianxo para evitar rebordamentos
31/05/2024 14:23
Augas de Galicia ordenou os traballos en sete quilómetros de Asados, o Araño e Taragoña
Quitarán os restos secos do leito e farán rozas selectivas da vexetación da ribeira
A forte choiva deixa acumulacións de ata 110 litros por metro cadrado
04/05/2024 09:59
A Xunta activa o Plan Especial ante o Risco de Inundacións porque se agarda un incremento importante dos caudais
Está en vixilancia especial a estación do río Lérez, en Pontevedra, polo que o 112 pide extremar as precaucións nas súas beiras
Tamén houbo ventos importantes con refachos de máis de 100 quilómetros á hora
O leito de moitos ríos galegos continúa desbordado
12/03/2024 14:32
O tempo da unha tregua pero os ríos seguen arrastrando a auga das intensas choivas da fin de semana
Segue activo o plan Inungal por risco de inundacións tras a choiva destes días
03/03/2024 11:45
Os encoros galegos están case ao 84 % da súa capacidade
Hai unha ducia de ríos e sete rías en seguimento
Os encoros da conca do Miño-Sil están ao 86 por cento da súa ocupación
02/03/2024 21:30
Dezasete dos 31 encoros da conca Miño Sil están a máis do noventa por cento da súa capacidade
Unha ducia de ríos e sete rías, en vixilancia por risco de inundacións
02/03/2024 20:07
A maioría dos leitos en seguimento están nas provincias de Lugo e da Coruña
Pídese precaución para evitar riscos
O temporal remite e fai baixar o nivel dos seis ríos en alerta por risco de inundación
27/02/2024 11:52
A montaña lucense volve á normalidade tras a maior nevada do ano
O paso por estrada en Pedrafita está despexado e só se recomenda precaución na nacional de ingreso a Galicia
A Xunta desactiva o plan das inundacións, o Inungal
19/02/2024 15:54
Estaba en vigor desde o 7 de febreiro coincidindo co paso da borrasca Karlotta
Adega denuncia que a Xunta lle retira as axudas ao seu proxecto emblemático de educación ambientall
23/01/2024 14:46
O Proxecto Ríos, con dúas décadas de traxectoria, queda sen financiamento da administración autonómica
Asolagamentos e desaloxos nas dúas Castelas tras días de forte choiva
21/01/2024 19:28
Os desbordamentos tiveron maior impacto nos ríos Douro e Cega nas provincias de Zamora e Valladolid
Morre un home preto do encoro de Eiras nun accidente de caiac
03/12/2023 20:10
Dúas persoas que o acompañaban conseguiron sacalo da auga inconsciente
A Xunta mantén baixo vixilancia nove ríos por risco de desbordamento
15/11/2023 10:03
O Labrada (Fraga), Ladra (Begonte) e o Avia (Ribadavia) deixan de estar en perigo ao mellorar a súa situación
Máis de 30 casas asolagadas en Neda pola rebordamento dos ríos Belelle e Basteiro
14/11/2023 21:19
A auga entrou en avalancha nas vivendas tras botar abaixo muros de casas e predios
As abondosas chuvias devólvenlle a bravura á fervenza do Ézaro
05/11/2023 13:31
Tras un salto de corenta metros de altura, as augas do río Xallas fúndense coas do océano Atlántico neste punto
Máis de 800 incidencias, refachos de 183 quilómetros por hora e ríos cheos
04/11/2023 08:35
En Ponteareas houbo que desaloxar unha ducia de familias pola enchente do río Tea
As caídas de árbores deixan dúas persoas feridas en Soutomaior e As Somozas
Permanece activado o aviso vermello na costa por ondas de ata dez metros
Ciarán trae neve ao interior; Beariz rexistra o récord de chuvia con 100 l/m2
02/11/2023 14:21
Nas últimas horas acumuláronse 92 litros por metro cadrado, en Entrimo, no sur da provincia de Ourense, e 90 litros tamén nos municipios de Manzaneda e Fornelos de Montes, os lugares de Galicia onde a borrasca deixou máis chuvia xunto con Beatriz
Activáronse os niveis de prealerta por risco de rebordamento dos ríos Arnoia, ao seu paso por Baños de Molgas e o Avia, en Ribadavia
Comeza a callar a neve na zona de montaña das provincias de Lugo e Ourense, en aviso amarelo por acumulación de máis de 5 centímetros de neve
Prealerta por escaseza de auga nas presas de Cecebre e Baiona e no río Anllóns
22/07/2023 13:56
A Xunta pide un consumo responsable e anima a adoptar medidas de aforro
27/06/2023 21:18
En Galicia hai rexistradas un total de 68 zonas de baño fluviais
Alumnos de primaria celebran o Día do Medio Ambiente limpando a contorna do río Gafos
05/06/2023 14:15
A actividade coordinada pola Asociación Vaipolorío pretende concienciar os máis pequenos
A eurocidade Chaves-Verín quere converter o río Támega no seu eixe vertebrador
02/05/2023 16:25
Os alcaldes das dúas vilas queren captar fondos para desenvolver un plan estratéxico ao longo desta década
Espectáculo natural na fervenza do Ézaro cun salto de 40 metros
22/01/2023 11:40
O espectáculo que ofrece estes días irá a menos, segundo as previsións meteorolóxicas
Continúan en alerta por risco de inundación os ríos Miño, Mendo e Mero
22/01/2023 11:36
A vixilancia do caudal céntrase nas localidades da Peroxa, Salvaterra e Betanzos
Desactivado o estado de emerxencia nos Peares polo risco de inundacións
21/01/2023 20:10
O río Miño está en alerta ao seu paso pola Peroxa e Salvaterra
Tamén o Mendo e o Mero, en Betanzos, e o Tambre en Oroso
A Peroxa segue en estado de emerxencia polo alto risco de que desborde o Miño
21/01/2023 12:45
O río está en situación de alerta ao seu paso por Lugo, Ourense e Salvaterra de Miño
Tamén hai alerta no Mendo e o Mero, en Betanzos, no Tambre, en Oroso e no Mandeo en Aranga
Risco alto por inundación no río Miño ao seu paso pola Peroxa en Ourense
20/01/2023 19:12
E moi pendentes do efecto de desaugar as presas no curso do Miño
Vixíanse unha decena de ríos nas provincias de Lugo e Ourense con risco de rebordar
Os encoros están case ao 90 % e os caudais duplican os dun ano normal
20/01/2023 15:00
O sistema vaise coordinando para darlle saía á auga tentando minimizar as enchentes
Continúa a alerta por desbordamento en 15 ríos de Galicia, malia que o tempo mellora
20/01/2023 12:52
Xa desbordaron varios ríos, entre eles o Miño, Támega, Arnoia e Tambre
Agora preocupan os desxeos nas zonas de montaña de Lugo e Ourense
O 112 calcula que acudiron a máis de 1.500 incidencias polo mal tempo
As chuvias abondosas que coinciden coa preamar fan rebordar o río Cádavo en Fene
19/01/2023 21:28
Segue activo o Plan contra Inundacións nunha vintena de ríos
As estradas xa están limpas, pero nos puntos máis altos quedan acumulacións de neve
Vinte e catro leitos fluviais seguen en alerta por risco de rebordo dos ríos
18/01/2023 22:24
As enchentes levaron por diante leiras e anacos de estradas, como foi o caso deste desprendemento en Ourol
A situación pode complicarse máis nos vindeiros días co desxeo e a chuvia
As zonas baixas do Salnés sofren o terceiro asolagamento do Umia nun mes
18/01/2023 14:28
Afectados polas enchentes piden que se limpe o leito do río para evitar que reborde
No encoro de Caldas seguen aliviando auga para poder manter a cota de resgardo
Activado o Plan de Inundacións en 24 concellos onde os ríos superan o nivel de desbordamento
17/01/2023 21:35
Lugo e A Coruña son as provincias con máis ríos baixo vixilancia
Piden á poboación que non se achegue nin a pé nin en coche aos leitos dos ríos
Galicia pechou 2022 con 39 mortes por afogamento, un terzo en decembro
07/01/2023 12:22
No conxunto de España rexistráronse 134 falecementos máis por esta causa respecto ao ano anterior
A Federación Española de Salvamento e Socorrismo reclama unha estratexia estatal de seguridade acuática
A chuvia e as enchentes dos ríos deixan numerosas incidencias na provincia de Ourense
02/01/2023 21:39
Igual que o Miño, está en prealerta o río Limia
O plan de inundacións ante a suba do caudal permanece activo en seis ríos
30/12/2022 10:15
Emerxencias recomenda aumentar a precaución nas zonas próximas aos ríos polo risco de inundacións e, sobre todo, dos efectos das correntes
Activada a alerta por inundacións en sete ríos da Coruña e Pontevedra
24/12/2022 10:57
As concas do Lagares en Vigo e do Sar, no sur de Santiago, están baixo observación e en fase de prealerta
Activado o Plan de risco por inundación pola suba do caudal dos ríos Dubra e Tambre
19/12/2022 18:16
A Xunta pide máxima precaución ao circular por vías ou pontes nestas proximidades
Non se desbota que nas vindeiras horas quede activado o Plan Inungal en máis puntos
Así combaten a 'ludwigia', a "perversa" invasora que ameaza os nosos ríos
09/11/2022 20:01
A prímula acuática chegou a Galicia desde América do Sur como planta ornamental hai xa máis dun século. Hoxe en día representa un grave problema ambiental como especie invasora
Un auténtico desafío para a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, que traballa tamén noutros ríos da conca para retirala