Publicador de contidos
Publicador de contidos

Violación

Os menos habituais do Celta cumpren co trámite do San Pedro

30/10/2024 22:20

Alfon, Pablo Durán, Allende e Douvikas (2) marcaron os goles

Miguel Román debutou como titular e Fer López entrou na segunda metade

Categorías:  Deportes   Celta
Etiquetas:  COPA DO REI

Chuvascos illados no sur

30/10/2024 21:58

Categorías:  O Tempo

O Bergantiños mereceu mellor sorte contra o Marbella (1-2)

30/10/2024 21:05

Os de Carballo tiveron moitas máis ocasións que o seu rival, de categoría superior

Etiquetas:  BERGANFC

Concentración dos traballadores de Alcoa en San Cibrao (Cervo)

Os traballadores de Alcoa vólvense mobilizar en demanda de solucións para a factoría

30/10/2024 20:40

A empresa non concretou as vendas previstas nin puxo en marcha o plan enerxético alternativo para garantir a continuidade da produción


Remite o nordés

30/10/2024 20:00

Categorías:  O Tempo

O Goberno fará decaer o imposto ás enerxéticas pero manterá o da banca

30/10/2024 19:48

A duración dos dous tributos era temporal, vencían o 31 de decembro

O Executivo pacta co PNV que Euskadi xestione o tributo da banca que pasa a ser permanente

O imposto da banca será un tributo sobre xuros e comisións que estará vixente tres anos

O Goberno subirá os impostos do gasóleo para equiparalos aos da gasolina


Fazaña do Baxi Ferrol que gaña na pista do poderoso Galatasaray (69-73)

30/10/2024 19:20

Blanca Millán, con 24 puntos e 2 triplas decisivas no último cuarto foi a mellor do partido

Iguala co equipo turco á fronte do grupo con tres vitorias e unha soa derrota

Categorías:  Deportes   Baloncesto
Etiquetas:  BAXI FERROL

Lugo e a Ribeira Sacra achéganse ao 100 % de ocupación hoteleira na ponte

30/10/2024 19:04

O tempo solleiro e os eventos programados favorecen a chegada de turistas

Algúns establecementos xa esgotaran as reservas hai días



Imaxe de recurso. Europa Press / María José López

A auga da traída de Outes volve ser apta para o consumo

30/10/2024 18:26

Os resultados das últimas analíticas confirman que non ten bacterias coliformes, E. coli nin norovirus

O seu consumo levaba prohibido unha quincena debido á súa relación cun gromo de gastroenterite


Vista dos danos na alta velocidade entre Madrid e Valencia. EFE/Óscar Puente

1.200 persoas atrapadas e 5.000 coches bloqueados en estradas de Valencia e máis de 10.000 pasaxeiros afectados por corte do tren

30/10/2024 17:29

Quedarán abertas na noite deste mércores, se é necesario, as grandes estacións de Valencia e Madrid

Suspendido o corredor Zaragoza-Teruel-Valencia e a alta velocidade con Madrid

Etiquetas:  TREN   DINA

David Macía, condenado polo crime do Areal. Europa Press / Javier Vázquez

O autor do crime do Areal, condenado a 11 anos e medio de cárcere

30/10/2024 17:25

Tras recoñecer os feitos e recibir o veredicto de culpabilidade do xurado, David Macía é condenado por delitos de homicidio e estafa contra o profesor xubilado Benito Torreiro



Ermeloíta, un novo mineral nun monte de Pontevedra

30/10/2024 16:37

"É un achado moi relevante porque son minerais pouco comúns. Neste caso, comprobouse que o fosfato non tiña dúas moléculas de auga, como noutros rexistrados, así que tiña que ser algo novo.


Vista dunha das rúas afectadas en Paiporta, Valencia. EFE/Manu Bruque

A DINA deixa xa 95 mortos mentres continúa a busca de desaparecidos

30/10/2024 15:32

Valencia contabiliza 92 vítimas mortaisCastela-A Mancha, 2 e Andalucía 1

O Goberno decretou tres días de loito oficial e o Consello de Ministros aprobará o próximo martes a declaración que antes se coñecía como zona catastrófica

Sánchez, aos afectados pola DINA: "España enteira chora con vós, non vos imos deixar sós"

Etiquetas:  DINA

Ruth Varela: "Unha intervención nun polígono é dificil porque non hai referencias nin significados"

30/10/2024 15:25

Carlos Seoane emprega formigón e madeira termotratada como revestimento, materiais de mantemento mínimo porque expresan seu estado natural sen revestimentos

O centro social dá servizo aos traballadores do polígono industrial próximo como aos veciños de Bértoa

Etiquetas:  ZIGZAG

Lois Ladra: "Os primeiros socios foron militantes que se comprometeron, cando os poderes públicos non o facían"

30/10/2024 15:22

Lois Ladra asume a dirección do Museo do Pobo Galego tras a xubilación de Manuel Vilar

Nos últimos anos ademais de novas salas o museo medrou dixitalmente e en programación e fondos

Entre os retos de futuro está a descentralización e a recuperación de San Domingos de Bonaval

Categorías:  Galicia   Humanidades
Etiquetas:  ZIGZAG

Nick Knight: "O que ves nunha foto é o interese do retratista por ese suxeito, sexa un famoso ou unha flor"

30/10/2024 15:10

O fotógrafo londiniense emprega a edición dixital para evocar os bodegóns do século XVII

Traballa do mesmo xeito os seus retratos a estrelas como David Bowie, Lady Gaga, ou Reis de Inglaterra que aos motivos florais

Etiquetas:  ZIGZAG

Como actuar e que precaucións tomar ante unha DINA

30/10/2024 15:03

Os servizos de emerxencia instan a quedar na causa e seguir varias recomendacións


O Mercado das Flores xa está instalado en Cambados

30/10/2024 14:42

22 postos de flores ofrecen unha gran selección de flores nos tres días anteriores á celebración de Todos os Santos


Que é unha DINA e por que é tan difícil de predicir?

30/10/2024 14:34

O movemento errático é o que fai máis difícil a súa previsión

Como actuar e que precaucións tomar ante unha DINA


Ricardo Rubio / Europa Press / Arquivo

A Garda Civil rexistra durante dez horas o despacho do fiscal xeral

30/10/2024 14:24

Os axentes tiñan a orde de confiscar documentos e dispositivos electrónicos, así como de identicar todas a contas de correo de García Ortiz


Familias galegas pasaron a noite en vela por non saber dos seus atrapados pola DINA

30/10/2024 14:23

É o caso de Cándido, un veciño de Vigo que ata esta mañá nada sabía da súa irmá e a súa sobriña

As dúas viven en Chiva, unha das localidades máis afectadas, están ben, pero coa casa asolagada

Etiquetas:  VALENCIA   DINA

Galicia envía un helicóptero de salvamento a Valencia

30/10/2024 14:18

Ten capacidade para rescatar ata 10 persoas

Agárdase que xa poda traballar na zona na tarde deste mércores


(EFE/Cabalar)

O xurado declara culpable de asasinato o acusado de matar a súa exparella no Birloque

30/10/2024 14:12

Por unanimidade, os nove membros do xurado, entenden que a matou con aleivosía logo de que ela manifestase que quería acabar coa relación


Decenas de desaparecidos en todo o Levante poa gota fría

30/10/2024 14:11

En Letur, en Albacete, buscan un mínimo de cinco veciños, mentres en Alfafar, Valencia, o número de desaparecidos é indeterminado

O Goberno valenciano activou unha liña telefónica para atención exclusiva de familiares de persoas desaparecidas


A Federación de Comercio pide medidas compensatorias polas obras no centro de Lugo

30/10/2024 13:50

Os traballos de peonalización, que seguirán polo Nadal, prorrogáronse ata finais do inverno


Óscar Gilsanz dirixiu o adestramento desta mañá do Deportivo

30/10/2024 13:41

Nas últimas horas saíron á palestra moitos nomes: o de Valerón ou o de Bruno Saltor

Etiquetas:  RC DEPORTIVO

Case medio millón de galegos de entre 65 e 79 anos, invitados a participar no estudo da vacina antigripal de alta carga

30/10/2024 13:35

O Sergas espera que de entre ese colectivo unhas 70.000 persoas se animen a poñer a vacina reforzada 

O ensaio clínico GalFlu pretende ver se esa que xa levan os maiores de 80 anos sería tamén máis efectiva para o grupo da idade anterior

As autoridades sanitarias animan á vacinación e din que a gripe este ano pode ser dura



DGT

Restablecida a circulación na A-8 entre Mondoñedo e Abadín tras pecharse pola néboa

30/10/2024 13:24

O corte rexístrase no alto do Fiouco, entre os quilómetros 536 e 552, desde pouco antes das 11 horas deste mércores 


@SOSDesaparecidos

Búscase un octoxenario desaparecido dende o pasado luns en Vigo

30/10/2024 13:11

As Forzas e Corpos de Seguridade buscan a Ignacio Barrio, de 85 anos, desde que saíu da Residencia da nosa Señora da Guía o día 28 de outubro


Galicia roza as 22.000 vivendas turísticas: 4.000 máis que hai un ano

30/10/2024 12:57

As vivendas turísticas existentes en Galicia están preto da cifra total da Comunidade de Madrid, que conta con 22.430


Os deputados do Congreso gardan un minuto de silencio polas vítimas da DINA

O Congreso valida a reforma de RTVE sen o PP e Vox, que critican que non se suspendera o pleno pola DINA

30/10/2024 12:32

Feijóo denuncia a "actitude desprezable" do Goberno por manter o pleno de RTVE e pídelle ao Goberno que declare "loito nacional"

O BNG votou en contra por reducirse a maioría cualificada cara a unha maioría absoluta; "Defendemos en Madrid exactamente o mesmo que defendemos en Galicia coa CRTVG", dixo Rego

Deputados e senadores gardaron senllos minutos de silencio polas vítimas da traxedia 


Rácing de Ferrol

O Rácing viaxa con oito baixas para xogar a Copa ante un rival "descoñecido" para Cristóbal

30/10/2024 12:25

Cristóbal citou o xuvenil David Carballo, que é un dos habituais nos adestramentos do primeiro equipo racinguista

O Rácing xoga ante o Club Deportivo Cuarte, un equipo da Terceira Federación de Aragón

Categorías:  Ferrol   Deportes   Rácing
Etiquetas:  RACING DE FERROL

En Galicia pódense atopar ata media ducia de cogomelos mortais

30/10/2024 11:53

Este ano pola calor e a humidade son moi abundantes

A máis perigosa é a Amanita Phalloides

Categorías:  Galicia   Sociedade   Saúde
Etiquetas:  COGOMELOS

O responsable da investigación do crime de Samuel Luiz: "Foi unha actuación grupal, inhumana e atroz"

30/10/2024 11:44

"É imposible evitar a consecuencia final", asegurou no xuízo sobre a morte do mozo

O axente declara que un dos acusados foi á Policía "para colaborar", pero que lles "mentiu" e sinalou os demais


Valinox Novas

O Cangas pasa rolda tras perder a renda da primeira parte pero sentenciar tras o descanso

30/10/2024 11:03

Non houbo sorpresa e será o Frigoríficos do Morrazo quen estea na segunda rolda de Copa


Servizos de urxencias traballan en Letur, Albacete (EFE/ Manu)

A DINA deixa dúas vítimas mortais en Castela-A Mancha, unha en Albacete e outra en Cuenca

30/10/2024 10:40

En Letur séguese buscando cinco persoas desaparecidas tras a riada que asolagou este martes o municipio


Adiado o Pontevedra-Levante de Copa

30/10/2024 10:40

Os clubs acordaron que o partido se dispute o xoves da próxima semana

O encontro ía ser televisado pola G2 a partir das 20:00 horas

Publicidade
Publicidade